xoves, 25 de novembro de 2021

VISITA ALDEBARÁN

Durante o día de hoxe tivemos a gran sorte de poder contar no noso centro con Agustín e Fernando, do Clube de Voleibol de San Sadruniño, o Aldebarán.

Fixeron unhas sesións cos rapaces de 3º a 6º, onde nos ensinaron os diferentes golpeos do balón, colocación e realizaron xogos variados. Pasámolo moi ben e, quen sabe? Quizais haxa algún modestino que poida chegar a ser xogador de Superliga!!!

 










MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VISITA!!!

luns, 22 de novembro de 2021

O CSIC participa na 8ª Campaña de Recollida de Dentes do Rato Pérez no CULTURGAL

 

Bo día

 

A Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia anunica que Cornelio Filiberto, axudante en Galicia do Rato Pérez, estará no CULTURGAL o vindeiro sábado 27 de novembro no Espazo Infantil, de 11:30 a 13:30h., recollendo os dentes de leite da rapazada, para llos entregar as científicas e científicos do CENIEH (Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana) na 8ª Campaña de Recollida de dentes de leite.

¿Para que os queren? Pois para diversos fines científicos, que van desde o estudio da evolución humana ata análises forenses e odontolóxicos.

É importante que saibades que a Unidade de Cultura Científica do CSIC da apoio en Galicia a este proxecto de Ciencia Cidadá no que se recollen mostras biolóxicas. É por isto que, antes da entrega dos dentes, é necesario completar un formulario con diversos datos persoais e biolóxicos das nenas e nenos doantes,  e da súa familia (sexo, idade actual e idade cando se lles caeu o dente, tipo de alimentación, etc.). Ademais, nais ou pais deben asinar un consentimento informado sobre o uso que recibirán ditos dentes (asegurase o anonimato e a confidencialidade) polo que é importante que un deles polo menos, este na entrega.

A colección do CENIEH xa recolle a mais de 3.000 pezas dentais grazas a centos de doantes!!!

A rapazada que participe na doazóns terá de agasallo: un cepillo de dentes, unha entrada á Casa Museo do Rato Pérez (en Madrid, non inclúe gastos de desprazamento, aloxamento, etc.), e un diploma do propio Rato Pérez agradecendo a colaboración coa ciencia.   

Adxúntase:

Mensaxe de Cornelio Filiberto para animar ás familias a entregar os dentes de leite:
https://we.tl/t-SWBb8eEYrD

domingo, 21 de novembro de 2021

DÍA DA INFANCIA

O pasado venres asistimos a un pleno infantil no Concello de Moeche. Unha vez máis dámoslles as grazas por convidarnos a participar nesta experiencia. Nesta ocasión só puido asistir un grupo burbulla por motivos de protocolo COVID, pero fixeron unha gran exposición dos traballos realizados por todas as aulas en relación á proposta de UNICEF "La liga por la Tierra".

Deixamos a nova da web do Concello de Moeche, que resume moi ben o vivido nesta experiencia:

WEB CONCELLO

xoves, 18 de novembro de 2021

DÍA DO PEÓN 2021

Polo San Martiño, peóns ao camiño!!! Déixovos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos bailando os nosos peóns!


mércores, 17 de novembro de 2021

EXCURSIÓN PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO



Durante a xornada do martes, o alumnado de 5º e 6º disfrutou da segunda parte do seu proxecto en colaboración co CEIDA que están a levar a cabo en Ciencias da Natureza.

Trala visita do seu persoal ao cole e explicación teórica tocaba comprobar in situ o aprendido. Para iso desprazámonos ao Parque Natural de Corrubedo para ver como debemos actuar dentro dun espazo protexido, coñecer a fauna e flora que habita no lugar, o movemento das dunas e moito máis! Contamos coa axuda de Jorge e Ainoa, quenes compartiron con nós o seu coñecemento e, ademais de ensinarnos moitas especies propias da entorna leváronnos a divisar toda a zona desde o mirador da Pedra da Rá e incluso a facer un roteiro de sendeirismo.

Como nese momento estábamos moi cansos dirixímonos a unha zona habilitada para tomar a comida e xogar un pouco, para despois poder botar unha soneca na viaxe de volta.

Pasámolo xenial e apuntamos a zona para repetir noutra ocasión!

Clicade no enlace para ver algunhas fotografías.

FOTOS

martes, 16 de novembro de 2021

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE CALDOVAL

 O pasado venres, día 12 de novembro, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de EP do CEIP de San Ramón achegouse ata o Centro de Interpretación de Caldoval, en Mugardos.

Recibimos unha visita guiada onde descubrimos os restos dos baños privados romanos; como funcionaban, cales eran as vestimentas que levaban os bañistas, os deportes que practicaban na palestra antes de desfrutar dos baños temperados, quentes e fríos...

Ademais aprendemos e practicamos algúns dos xogos máis populares. Desfrutamos como auténticos romanos da Antiga Roma!

Pinchade na imaxe para ver as fotos.



luns, 15 de novembro de 2021

OBSERVATORIO METEOROLÓXICO 2021-22


 

Aquí estamos de novo! Un curso máis continuaremos co observatorio meteorolóxico. Estamos desexando seguir recibindo as vosas propostas. Lembrade, trátase de tomar fotografías daqueles fenómenos meteorolóxicos que máis vos chamen a atención e que queirades compartir co resto da comunidade educativa. Pode ser:

- NUBES CON FORMAS INTERESANTES.

- ARCOS DA VELLA, XEADAS, NEVADAS, TRONADAS...

- FENÓMENOS ÚNICOS: eclipses, choiva de estrelas...

- SAÍDAS OU POSTAS DE SOL.

- OU CALQUERA OUTRA COUSA QUE TEÑA QUE VER COA METEOROLOXÍA

Debedes enviar ao seguinte correo electrónico:

meteomoeche@gmail.com

Estará dispoñible durante todo o curso escolar.


GRAZAS!!!


P.D. A foto corresponde a un solpor en Coto Agudo (Álex, 4º de primaria, curso 2020-21)

venres, 12 de novembro de 2021

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 

Saiu publicada a orde pola que se establece o procedemento de reparto e distribución de máscaras entre o alumnado que reúna as condicións de dita orde.

 Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

IMPORTANTE: Aquel alumnado beneficiario de material escolar no presente curso, non precisa a presentación de solicitude. O resto do alumnado que desexen ser beneficiarios, deberán presentar solicitude no centro de xeito presencial tras pedir CITA PREVIA. 

ANEXO II

ANEXO I 

xoves, 11 de novembro de 2021

CONTACONTOS CON YAGO ESPASANDÍN



O pasado mércores tivo lugar na biblioteca do cole un acontecemento moi especial, pois Yago Espasandín, coa axuda da súa compañeira Luz, meteuse de cheo no papel de Ledo. Mediante unha fermosa historia na que conectaba o humor co coidado da natureza fixo comprender ás nosas pequenas e pequenos de infantil, 1º e 2º, a importancia do coidado do noso medio.

Pero non só escoitamos o conto, senón que saímos a fóra e prantamos unha árbore no exterior do noso cole.

Moitas grazas ao Concello de Moeche por ofrecernos a posibilidade de ter este espectáculo no centro.

Pasámolo xenial e aprendimos moito. Deixamos unhas fotos para que vexades a actividade.


CLICA AQUÍ PARA VER AS FOTOS

CHARLA NOVAS TECNOLOXÍAS

Durante a xornada de hoxe tivemos no cole unha charla orientada a 5º e 6º de primaria sobre as novas tecnoloxías, uso de redes sociais, videoxogos, ciberseguridade...

Foi ofrecida pola Garda Civil da man de Sara e Patricia, quenes foron moi amables e conectaron coas nenas e nenos desde o primeiro momento para facer entender a importancia de ser responsables neste ámbito.






mércores, 3 de novembro de 2021

KICK BOXING

Un ano máis, o clube de Kick Boxing de San Sadurniño viu de visita ao centro para ensinarnos este deporte ao alumnado nas clases de Educación Física. Aprendemos varios movementos básicos desta disciplina con estes profes tan especiais. Moitísimas grazas por vir e esperamos que volvades cando queirades!






martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN E MAGOSTO!



Este curso non puidemos celebrar esta festa tan bonita con toda a comunidade educativa por mor do protocolo COVID. Pero iso non impediu que as nenas e nenos tiveran un día moi especial. 

Durante a semana previa xa se vía vir unha celebración, pois o cole tomou cores escuras, teas de araña e moitas outras cousas arrepiantes, achegábase o Samaín e respírabase no ambiente. Xa chegado o día, sacamos as nosas mellores galas para "asustar" a todo o mundo! Entre pavor e a alegría típica dunha xornada festiva comezamos a decorar cabazas e escoitar música típica destas datas. 



No medio de tanto traballar tivemos que facer un pequeno parón para repoñer forzas cunhas castañas quentiñas e un vasiño de leite que nos deu moita enerxía para poder seguir coas actividades: contos de medo, xogos, bailes, maxia e dous concursazos nosa cales todos demostramos ser uns grandes artistas.


 Entre tanta calidade decorativa de cabazas resultaron destacar un chisquiño máis as de ANTÍA (3 anos), ÉRIC (5 anos), SERGIO (2º primaria), CAROLINA (4º primaria) e LARA (6º primaria). Outro dos misterios era saber cal era a porta que ofrecía máis pavor a todos os seus visitantes, sendo esta a entrada de 3º e 4º!

PARABÉNS PARA TOD@S OS PARTICIPANTES POLO VOSO GRAN TRABALLO!!!