luns, 27 de decembro de 2021

SEGUIMOS CON METEOMOECHE!

 MeteoMoeche non para nin nas vacacións!!! Seguen a chegar propostas das familias e son tan impresionantes que queremos ensinárvolas!!!


Comezamos coa primeira achega na cal podemos ver como foi a estampa dos irmáns Martín (5º EI) e Adrián (2º EP) cando foron disfrutar da raiola en Doniños


A continuación presentamos outras días de Iria (4º primaria). Na primeira podemos ver como luce San Ramón a prmeira hora da mañá desde a súa ventá. E na segunda un fermoso solpor mariñeiro en Cariño!



Finalmente, rematamos cunha imaxe que nos envía Álvaro (1º EP) desde a casa dos seus avós, onde podemos ver como sae o sol a recibirnos no cole polas mañás.



MILLEIROS DE GRAZAS POLAS FOTOS E ESPERAMOS RECIBIR MÁIS NO CORREO:


meteomoeche@gmail.com

martes, 21 de decembro de 2021

CONTACONTO DO APALPADOR



O pasado martes, para celebrar o último día de escola, ademais de ver o pedazo de festival que fixeron as nosas pequenas e pequenos, tamén recibimos unha visita moi especial: O Apalpador. Este veu acompañado de Trasniña e entre os dous contáronnos a fermosa historia deste personaxe. Queremos dar grazas ao Concello de Moeche por axudarnos a que viñeran ata o noso cole. Deixamos un vídeo e unha serie de fotografías para que vexades o ben que o pasamos.






MÁIS FOTOS

ENTREGAMOS A CARTA!!!



Bo día a todos, nesta entrada poñemos as fotos do día que levamos a carta o buzón de correos,

As títoras vos desexamos felices festas.

















FESTIVAL DE NADAL 2021

Bos días!!!

Por fin chegou o gran esperado FESTIVAL DE NADAL!!! Este ano ten que seguir sendo virtual pero iso non quere dicir que as nosas alumnas e alumnos disfruten dunha gran xornada chea de actuacións. Así que, collede flocos de millo, e a pasalo ben coas propostas do noso alumnado... comezamos!!!

Como todos os anos abren boca os máis peques da casa, os grupos de infantil xuntáronse para ofrecernos unha panxoliña, acompañada dun gran baile, titulada "Corre, salta, juega, que ya es Navidad"



Despois desta gran actuación seguen os peques con outro baile e letra, pero agora en INGLÉS!!! É que as nosas pequenas e pequenos son moito.... "Merry Christmas"




Cambiamos de grupo agora para que sexan os de 1º e 2º quenes nos fagan mover o esqueleto e prestar moita atención cos seus tres espectáculos. Comezamos cun recitado de poesía: "A luz do Nadal"



Seguimos movéndonos, levantade do sofá e a bailar con "A granxa do Nadal"



E volve a tocar unha en inglés. O grupo preparou coa profe Alba a canción "We wish you a Merry Christmas"!



De novo variamos o grupo para que sexan as nenas e nenos da profe Judit quenes tomen o mando agora e nos ensinen as súas propostas. En primeiro lugar será unha canción con baile chamado "Volver a casa polo Nadal"




Tras esta espectacular actuación seguimos coa Christmas Carol deste alumnado: "Jingle Bells"



E a última que fan os de 3º e 4º será unha canción chamada "Tres pastelitos"



Unha nova aula tomará relevo para continuar con este gran show. @s Históric@s de 5º e 6º abren boca cunha obra de teatro da que xa puidestes ver o tráiler, veremos como se leva a cabo ese difícil enlace en "Hoxe na voda"


E como non todo sae ben á primeira, deixamos un vídeo coas tomas falsas de "Hoxe na voda":



A segunda actuación dos maiores será unha panxoliña cantada en inglés, acompañada dun divertido baile: Jingle Bell Rock!!!



Por último farán unha percusión da coñecida canción "Jingle Bells" acompañad@s da súa mestra Almudena, esperemos que a disfrutedes!!!



Finalizaremos o festival cun derradeiro vídeo que servirá de despedida deste peculiar Festival de Nadal. É unha felicitación que realizaron todas as aulas nas clases de Educación Física e que quere recoller os nosos mellores desexos para todas e todos vós. Confiemos en que para o próximo ano poidamos volver a encher o noso comedor de ilusión e felicidade, moi BOAS FESTAS a toda a comunidade educativa e un PRÓSPERO ANO NOVO!!! Querémosvos moito!


xoves, 16 de decembro de 2021

TRÁILER "HOXE NA VODA"

Un ano máis, Históric@s 6.0, alumnos/as de 5º e 6º ofrecen un pequeno avance a modo de tráiler do que farán na súa obra de teatro que poderedes ver nesta mesma páxina o vindeiro martes.

Presentamos...

HOXE NA VODA

mércores, 15 de decembro de 2021

SAÍDA INFANTIL

Hoxe, @s nos@s peques tiveron un día moi especial, pois foron a facer unha saída pola contorna!!!

O día estaba bonito, así que logo de encher o bandullo e xogar algo no patio fomos dar unha volta pola contorna para ver o que temos preto do cole. Foi así, entre paseos e risas, chegamos a ver a igrexa de San Ramón, o edificio do Concello, o parque e unha cousa moi especial...

Baixo un manto do que parecía ser neve descubrimos dúas casiñas de alguén moi especial: OS ELFOS!!!

Pasámolo pipa e demostramos ser moi boíños, respectando as normas de tráfico, indo por parellas como nos indicaban as profes...

Esperando con ganas a seguinte!!!









domingo, 12 de decembro de 2021

CHRISTMAS JUMPER DAY

O pasado venres 10 de decembro celebramos no cole o "Christmas Jumper Day", e non nos puido gustar máis! Vimos xerseis moi creativos  e orixinais. Unha auténtica pasada!

Aquí deixámosvos unha mostra do que foi ese gran día 🎄🎅




xoves, 9 de decembro de 2021

SEGUIMOS CON MÁIS METEOMOECHE!!!

Seguen a chegarnos novas propostas para o noso observatorio. En primeiro lugar MIL GRAZAS por aportar tan interesantes traballos e facer que toda a comunidade educativa disfrute dos fenómenos fotografados.

Comezamos cun solpor en Santa Cruz de Moeche. Desde alí, Alba (6ª primaria) tomou esta espectacular instantánea.


A nosa teacher Alba, que comeza a ser unha asidua nesta sección (o cal nos encanta), envíanos unha foto na que podemos observar unha serie de nimbostratos sobre a fermosa praia da Lanzada, entre Sanxenxo e O Grove.




Da mesma maneira tamén nos envía como se vía o temporal desta ponte de decembro na Illa de Cortegada, desde Carril.



Outro habitual en MeteoMoeche como é Álex, de 4º de primaria, ofrecénos dúas fotos onde el mesmo titula "Ceo encapotado co Sol disfrazado de media Lúa". Que opinades?






MOITAS GRAZAS, PODEDES SEGUIR ENVIANDO A:


meteomoeche@gmail.com

luns, 6 de decembro de 2021

PRIMEIRO TRABALLO NA CANLE DE HISTÓRIC@S 6.0!

Un ano máis, os nenos e nenas de 5º e 6º, máis coñecidos como "Históric@s 6.0", renovar a súa canle Youtube. Neste vídeo de presentación, gravado e editado por elas/es podedes ver un traballo da materia de Lengua Castellana sobre descricións de persoa. Hoxe toca falar dos nosos súper heroes e heroínas de creación propia.

sábado, 4 de decembro de 2021

PRIMEIRAS ACHEGAS A METEOMOECHE

 Xa van chegando as primeiras propostas para o noso observatorio:


Esta primeira fotografía é tomada desde o propio cole. Na mesma podemos observar un arco da vella fermoso sobre o patio do noso centro.



Aquí podemos ver un solpor desde a praia do Preguntoiro, en Vilaxoán de Arousa. Nola envía a nosa teacher Alba.



   Lúa chea en San Ramón. Este é o título que lle puxeron dous dos nosos amiguetes: Noel (5º de infantil) e Asier (1º de primaria)



Nesta imaxe podemos observar a Lúa chea so solpor no día do eclipse, tomada por Asier.


Nesta outra temos a Lúa Chea no solpor mirando ao norte, tal e como nos indican novamente Asier co seu papi, Fran


E por úlitmo chegamos unha foto do mes de setembro. Esta sería o solpor sobre Santa Mariña.


MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS XENTE!!!


PODEDES SEGUIR ENVIANDO A

meteomoeche@gmail.com

venres, 3 de decembro de 2021

CHARLA SOBRE PARTICIPACIÓN INFANTIL

O pasado xoves, o alumnado de 5º e 6º tivo unha charla con María Barba, investigadora da Universidade de Coruña. Na mesma falamos sobre participación infantil, ademais de coñecer como era o traballo dunha investigadora nunha universidade. Agradecemos ao Concello de Moeche que nos puxera en contacto con ela, pois pasamos unha xornada moi amena e de debate!




xoves, 2 de decembro de 2021

CHRISTMAS JUMPER DAY


O día 10 de decembro celébrase en Inglaterra o "Christmas Jumper Day" (día do xersei navideño), e no CEIP San Ramón non queremos ser menos. 

Este día ten moita relación cos xerseis navideños caseiros, é dicir, o típico xersei que todos temos na casa adornado con decoración navideña. Canto máis feo, chamativo e único sexa o xersei, moito mellor. E si xa se ten un xersei que sexa navideño, tamén vale! O caso e encher o cole ledicia e cor!

Por suposto, esta actividade non é obrigatoria, pero esperamos que vos animedes! 🎅🎄


mércores, 1 de decembro de 2021

MALETA VIAXEIRA

No CEIP San Ramón estivemos de sorte este mes, pois contamos cunha maleta viaxeira por unha biblioteca inclusiva, facilitada por "Bibliotecas escolares de Galicia", con nada máis nin nada menos que 38 contos que nos fixeron reflexionar e darnos conta da diversidade das necesidades de tódalas persoas, culturas e comunidades. 


Esperamos poder contar con outra destas maletas tan especiais dentro de pouco!

25-N: Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Para conmemorar o 25-N, no CEIP San Ramón elaboramos "A vacina contra a violencia de xénero", onde cada neno e nena deixou a súa pegada cun "ingrediente" para crear dita vacina. 


O alumnado, como tódolos anos, tamén participou no concurso de lemas a prol da igualdade e do rexeitamento das violencias machistas organizado polo Concello de Moeche. Os gañadores recibiron uns premios outorgados pola concelleira de Igualdade, Cristina García e a técnica de cultura, Pilar Pazo; e os demáis participantes recibiron cadanseu diploma.





Ademáis, o CEIP San Ramón contou coa visita de Felipe Díaz (A Trastenda dos contos) para deleitarnos co seu espectáculo "Planeta LGTBIQ" onde se abordou a liberdade sexual dende unha reflexión de como sería o mundo sen diversidade nin liberdade de escolla.