mércores, 9 de outubro de 2013

OPERACIÓNS COMBINADAS

 

Deixo uns enlaces para realizar operacións combinadas, vale para 5º e 6º.

Práctica operacións

Para escribir as operacións

Xogo de operacións!

Xogo de emparellar

Problemas online

Que vos parecen? Podedes deixar un comentario coa vosa opinión.

ROLDA 1

Boas, aquí tedes a primeira rolda do concurso Modestina quere saber... Como xa comentamos na biblio o outro día o método de entrega pode ser de dúas maneiras: en formato papel (solicitades o papel na biblio) ou senón por medio dun correo electrónico onde poden ir as respostas escritas no mesmo correo ou ben nun documento adxunto (ao que non saiba usalo pode vir nun recreo e lle ensino sen problema). CORREO DE ENTREGA: ampineiro25@gmail.com LÍMITE DE ENTREGA: 30 DE OUTUBRO.

ALÁ IMOS!!!

1.- A finais do curso pasado a Modestina coláronselle na biblioteca dous personaxes que teñen unha góndola misteriosa. Como se chaman? Como se chama a obra?
2.- Cantos metros de altura mide a estatua que hai diante desta pirámide? Como se chama este tipo de estatua? (A resposta atópase preto de Modestina...)

3.- Que categoría de CDU deberíamos usar para ver na nosa biblioteca un libro de matemáticas?
4.- Falemos de pementos, e é que á nosa tartaruga encántanlle os pementos do Couto e os de Padrón. O tema é que o outro día lle dixeron que ningún deles é realmente de esos lugares... De onde son entón?




5.- Este ano o proxecto de biblio, como xa sabedes, vai sobre interculturalidade. Pero o que Modestina quere saber é que continente se vai traballar en cada aula do centro?
6.- Todos vós sabedes que a Terra divídese en dous hemisferios, o norte e o sur. Pero o que a nosa mascota quere saber nesta ocasión é se existe algún continente que teña todo o seu territorio soamente nun dos hemisferios?
7.- Quen é esta muller?

8.- O outro día Modestina tivo unha discusión co seu amigo, o Señor Croc. Abel fíxolles unha pregunta "Canto é a metade de dous, máis dous?". Señor Croc aseguraba que eran 2, Modestina que eran 3. Quen ten razón? Xustifica a resposta.
9.- Modestina e as súas festas... O ano pasado non parou! Foi á festa do Pipote, á Xira de San Antonio, á Festa do Pan e a do Requeixo. Ela di que non saiu da provincia... Que concellos visitou entón?
10.- Quen foi coñecido como "El hijo del viento"? E quen por "La dama de hierro"?
11.- Onde foi tomada a seguinte fotografía?




12.- En que libro coincidían os seguintes personaxes: Bruce Bogother, Srta Honey, Trunchbull, Lavender e os señores Wormwood?
13.- Como modestinos que sodes, sabedes que o termo MOECHE vén de MODESTI, pero entre eses dous vocablos pasaron moitos outros. Cales? PISTA: busca no fondo local da biblioteca...
14.- Que debería de poñer na zona pintada de branco?
15.- INVESTIGA. Debedes atopar un superheroe que sexa invertebrado. Tamén podería ser o protagonista dun conto infantil.


EXTRA!!! Se queredes sumar dous puntos extra, podedes facelo resolvendo o seguinte xogo. Todos os mestres do cole temos unhas tarxetas que teñen que ver cos deuses da mitoloxía grega. Debedes decirlle a cada mestre o nome do seu Deus para conseguir todas as tarxetas.
ABEL: deus do mar.
SONIA: protectora da muller.
SOCORRO: deusa da beleza.
ESTHER: deusa da sabedoría.
ISABEL: deus do lume.
ALMUDENA: pai de deuses.
MARÍA: deus da guerra.
ÓSCAR: da caza e protectora dos nenos/as.
CAROLINA: deusa do fogar.
FRAN: deus dos viaxeiros.

Cando teñades todas tedes que entregarllas a POSEIDÓN!


martes, 8 de outubro de 2013

BENVIDOS!!!


Modestina quere darvos unha calurosa benvida á sección da biblioteca a toda a comunidade educativa do San Ramón. Neste apartado a nosa tartaruga irá contando todo o que facemos na biblioteca, desde as actividades máis cotiás ata os máis elaborados concursos e celebracións...

E como hoxe Modestina xa tivo unha importante reunión pola mañá co alumnado participante no seu concurso máis longo e laborioso do ano quere informar de que a partir desta semana queda inaugurada a primeira xornada de MODESTINA QUERE SABER... 3ª EDICIÓN! ... QUEN SE ATREVE??? Velaí deixamos a relación dos equipos partipantes

Clásicos como "Moeche", "El dúo ganador", "Starts", "Madrileños" ou "Modestinas" queren demostrar que a experiencia é un grado, pero tamén temos a grandes aspirantes para conquistar esta loita investigadora, equipos que queren dar guerra como ""Starts finish", "Club 3º", "Los guerreros" ou "Los arrasadores".

QUEN CONSEGUIRÁ CHEGAR ATA O FINAL? ESTADES PREPARAD@S???

luns, 16 de setembro de 2013

BENVID@S



Boas!

Este é o novo blogue do cole, no cal poderedes desfrutar de moitas actividades, xogos, informacións e moito máis!

Animamos a que participedes activamente para o bo funcionamento do mesmo. Bo inicio de curso a tod@s!

Un saúdo.

Os mestres do CEIP San Ramón!