ALÁ IMOS!!!
1.- A finais do curso pasado a Modestina coláronselle na biblioteca dous personaxes que teñen unha góndola misteriosa. Como se chaman? Como se chama a obra?
2.- Cantos metros de altura mide a estatua que hai diante desta pirámide? Como se chama este tipo de estatua? (A resposta atópase preto de Modestina...)
3.- Que categoría de CDU deberíamos usar para ver na nosa biblioteca un libro de matemáticas?
4.- Falemos de pementos, e é que á nosa tartaruga encántanlle os pementos do Couto e os de Padrón. O tema é que o outro día lle dixeron que ningún deles é realmente de esos lugares... De onde son entón?
5.- Este ano o proxecto de biblio, como xa sabedes, vai sobre interculturalidade. Pero o que Modestina quere saber é que continente se vai traballar en cada aula do centro?
6.- Todos vós sabedes que a Terra divídese en dous hemisferios, o norte e o sur. Pero o que a nosa mascota quere saber nesta ocasión é se existe algún continente que teña todo o seu territorio soamente nun dos hemisferios?
7.- Quen é esta muller?
8.- O outro día Modestina tivo unha discusión co seu amigo, o Señor Croc. Abel fíxolles unha pregunta "Canto é a metade de dous, máis dous?". Señor Croc aseguraba que eran 2, Modestina que eran 3. Quen ten razón? Xustifica a resposta.
9.- Modestina e as súas festas... O ano pasado non parou! Foi á festa do Pipote, á Xira de San Antonio, á Festa do Pan e a do Requeixo. Ela di que non saiu da provincia... Que concellos visitou entón?
10.- Quen foi coñecido como "El hijo del viento"? E quen por "La dama de hierro"?
11.- Onde foi tomada a seguinte fotografía?
12.- En que libro coincidían os seguintes personaxes: Bruce Bogother, Srta Honey, Trunchbull, Lavender e os señores Wormwood?
13.- Como modestinos que sodes, sabedes que o termo MOECHE vén de MODESTI, pero entre eses dous vocablos pasaron moitos outros. Cales? PISTA: busca no fondo local da biblioteca...
14.- Que debería de poñer na zona pintada de branco?
15.- INVESTIGA. Debedes atopar un superheroe que sexa invertebrado. Tamén podería ser o protagonista dun conto infantil.
EXTRA!!! Se queredes sumar dous puntos extra, podedes facelo resolvendo o seguinte xogo. Todos os mestres do cole temos unhas tarxetas que teñen que ver cos deuses da mitoloxía grega. Debedes decirlle a cada mestre o nome do seu Deus para conseguir todas as tarxetas.
ABEL: deus do mar.
SONIA: protectora da muller.
SOCORRO: deusa da beleza.
ESTHER: deusa da sabedoría.
ISABEL: deus do lume.
ALMUDENA: pai de deuses.
MARÍA: deus da guerra.
ÓSCAR: da caza e protectora dos nenos/as.
CAROLINA: deusa do fogar.
FRAN: deus dos viaxeiros.
Cando teñades todas tedes que entregarllas a POSEIDÓN!
As modestinas xa teñen todas as tarxetas!!jejje
ResponderEliminarOlé Modestinas!!! Agora a entregarllas a Poseidón!jejeje.
ResponderEliminarA ver o resto dos equipos poñédevos as pilas que estas rapazas van con todo!
Equipo El Dúo Ganador xa entregou todas as tarxetas, suman 2 PUNTOS!!! Quen será o seguinte equipo en conseguilo???
ResponderEliminar"Modestinas" anótase dous puntazos tamén!!!Cunha "moi elaborada" entrega a Poseidón demostrando que se pode facer diante doutros equipos disimuladamente...
ResponderEliminarOu iso me dixo a tartaruga da biblio claro...
"Starts" (Lucía e Paula) acaban de conseguir as dez tarxetas. Dous puntos para elas!!!
ResponderEliminar