venres, 25 de outubro de 2013

REPORTEIROS DO 3º CICLO

 

Na clase de Lingua Galega da pasada semana traballamos as noticias e algún dos alumn@s quixo ir máis alá e publicar algunha noticia no blogue!!! Velaí van...


Partido final da liga categoría alevíns


O pasado venres , 18 de outubro, no campo da piscina en San Sadurniño, disputouse o partido final da liga entre o Maniños e o San Sadurniño .
O equipo local estaba formado por 12 nenos e 2 nenas, e o do equipo visitante por 10 nenos.
O partido comezou cun Sansa moi ofensivo pero o Maniños non se rendía e puideron marcar varios goles pero o porteiro local fixo uns paradóns incribles. Cada gol que marcaba o Sansa, o Maniños empatábao ata que o partido rematou cun 5-2 a favor dos locais, con goles de Gabriel, Manuel, Alex e 2 de Roi.


Elías Mera Lois,6º.


Tres galos xogan ao fútbol.

Foi un luns 12 de outubro.

O primeiro galo era  moi listo  e bo e sempre metía goles.
O segundo era moi listo pero non metía goles.
O terceiro galo era moi pillo e choraba cando non metía ningún .

Un día marcaron todos. Por fin!!!

Entón veu un home e rouboulles a pelota.....
Tania García Santalla,6º. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.