venres, 25 de outubro de 2013

CAZA DO TESOURO



Hoxe, na última sesión, estivemos traballando sobre o proxecto de "Modestinos polo mundo". O continente que nos tocara era Oceanía, como xa sabedes.
Fixemos unha "Caza do tesouro" onde por parellas o grupo tiña que investigar unha serie de preguntas moi rebuscadas e que fixeron xurdir algunha que outra dúbida, non si?
Deixo un enlace coa mencionada caza para quen queira participar...

Clica aquí se desexas vela!

Ahhhh case se me olvidaba!!!

Para facer a clase un pouco máis emocionante fixemos unha pequena e sana competición a ver que equipo conseguía completar antes a información, velaí os resultados:

1º SUPERSTARTS con 8,5 puntos e un tempo de 28 minutos.
2º DIETA con 8 puntos e un tempo de 27 minutos.
3º MODESTINOS con 7 puntos e un tempo de 19 minutos.
4º LOS OCEÁNICOS con 5 puntos e un tempo de 23 minutos.

Noraboa a Superstarts e unha gran felicitación a todo o grupo por facelo tan ben durante o proceso!!!

9 comentarios:

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.