martes, 15 de outubro de 2013

CONCURSO CONTOS E IMAXES DE MEDO

 

Boas!

Este ano para celebrar o Samaín, ademais das distintas actividades que se farán no cole, propoñemos dende aquí un concurso de contos e imaxes de medo. As modalidades de participación serán dúas: mediante unha composición dunha historia de medo (os máis maiores) ou mediante un debuxo terrorífico (para os peques).

Animádevos a participar xa que TODOS os traballos presentados serán expostos neste blogue e nalgunha zona do centro onde o poidan ver todos os pais/ nais. Asemade os máis tenebrosos de todos poderán ser lidos ou mostrados na festa do Samaín diante das familias!


1 comentario:

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.