venres, 10 de maio de 2024

Animais dos bosques de Galicia

Queridas familias: Esta semana, aínda que non se vexa no video, traballamos contidos relacionados coa loxica matemática e a lectoescritura, falamos e representamos una emoción nova, coidamos os vermes de seda, fixemos asembleas, traballamos contidos temporais coma días da semana, do mes, o tempo que vai fora, e fixemos debuxos para que os demais adiviñen de que se trata, para logo escribilo, coa axuda da profe. E como nova iniciativa, o encargado escolle un compaleir@ para que lle diga una palabra bonita, que logo traducimos ao galego, escribimos e colocamos nun mural, elaborado por eles para este fin. E por suposto, lemos os chistes que enviades, sempre. Tamén estivemos presentando os nosos traballos do proxecto de animais do bosque, e comezamos con aspectos relacionados coa protagonista das Letras Galegas deste ano. PD. Non hay fotos de todo, pero poderedes velo, cando se envíen os traballos para casa ao finalizar o trimestre. No sempre me da tempo de sacar fotografía ou video, eso non quere dicir que non o fixeran, solo son algúns dos momentos da xornada. Desfrutade, e boa fin de semana.

xoves, 9 de maio de 2024

XORNADA INTERXERACIONAL



No día de hoxe, o alumnado de 5º e 6º, achegámonos ata a Casa do Maior e a Casa Niño a cumprir unha promesa que fixéramos. Na nosa última visita quedamos en que lle íamos tocar a canción de "A saia da Carolina" á nosa amiga Casilda, ademais de pasar unha xornada enteira tanto cos peques como coas menos peques que habitan en Casabranca.

Chegamos ben cediño para xogar un pouco cos pequenos/as da Casa Niño. Xa podemos dicir que Sandra, Lucas, Aitana, Hugo e Mariña son os nosos amigos/as, pois xa foi ledicia desde un inicio e xogos continuos. Iso si, en canto chegaron as compis da sala do lado tocaba unha sesión de Educación Física.

As nenas e nenos de Moeche foron os encargados/as de xestionar a clase, comezando por unha serie de estiramentos, un pouco de mobilidade xeral e unhas partidas ao "Zapatiño queito é". Que ben o pasamos varias xeracións xuntas avanzando para intentar tocar a parede de primeir@s!!!

Como o prometido é débeda, tocamos "A saia da Carolina", recibindo unha boa nota por parte das nosas maiores. De premio, tamén tocamos un himno galego, que estamos a ensaiar no cole.

Unha pausa para coller forzas coa merenda e, por último, xogos de mesa e tempo compartido, que é o máis importante. Os visitantes do CEIP SAN RAMÓN deron acabado coa imbatibilidade no bingo de Isa, pero non puideron facer nada contra Lucha no tute, unha profesional! Tamén xogamos ao "palabrea", contamos historias e pasámolo xenial!!!

Unha experiencia única da cal xa saen novos proxecto e ideas! Queremos agradecer enormemente a Vanesa, María José e Laura a súa hospitalidade e bo facer, pois estivemos coma na casa!!!















luns, 6 de maio de 2024

CONVIVENCIA NO CEIP A BARQUEIRA

O pasado venres vivimos unha xornada moi especial en Cerdido, pois os nosos/as amigos/as do CEIP A Barqueira convidáronnos a pasar un día no seu cole cos compis do CEIP Marbán e CEIP López Estrada.

Fixemos un obradoiro de arqueoloxía moi chulo e xogamos a xogos populares no seu Pavillón Polideportivo. Ademais, paramos para tomar unhas pizzas moi ricas de merenda e compartimos xogos no patio de recreo.

Pasamos un día moi agradable onde ademais de aprender fixemos un montón de amigos e amigas!

Moitísimas grazas ao cole da Barqueira pola súa hospitalidade e por organizar esta bonita xornada!!!






Convivencia

Queridas familias: Neste video poderedes desfrutar dalgúns momentos especiais da semana pasada. Tivemos un festivo polo medio, o 1 de maio, e o venres, convivencia no colexio da Barqueira, polo que o tempo foi un pouco mais axustado que outras semanas. Coidamos dos vermes de seda, fixemos asambleas, contidos de lóxica e lectoescritura, momento de lectura relaxada de contos, e tempo para xogo libre, moi importante para desenvolver habilidades relacionadas coa iniciativa personal, a imaxinación e a creatividade, os gustos e preferencias, tanto no xogo, coma dos compañeir@s cós que prefiren pasar o rato cada día. Espero que desfrutedes. Bicos e apertas

As historias tamén se contan coa música

 Bo día. Dende a biblioteca queremos propoñer unha nova forma de escoitar historias, a través da música.

Sabías que un compositor se inspira en historias para compoñer? Queremos ofrecer outra forma de ler, ademais de que a música nos pode acompañar en momentos cotiáns e tamén como fondo cando lemos os contos que máis nos gustan.

E sempre estamos abertos a propostas para engadir historias musicais que vos parezan interesantes.







domingo, 5 de maio de 2024

Día do libro

Como sabedes a semana pasada celebramos o día do libro. Aquí deixamos un vídeo resumo do que fomos facendo.

https://youtu.be/x0MYs1npX4k

Grazas a todos/as pola vosa implicación e participación.

Sen esquecernos do contacontos da man de Pepablo e xenial historia de "Lúa".


Recordade que "Non deixes para mañá o que poidas ler hoxe"






MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 6/5/2024

Debido á ausencia de persoal de cociña, o menú do luns 6 de maio verase modificado.

PRIMEIRO PRATO: Fideuá de verduras

SEGUNDO PRATO: Pizza

SOBREMESA: Froita

Desculpade as molestias.