xoves, 7 de novembro de 2013

CUMPLEANOS


No mes de OUTUBRO estivemos de celebracións: O Magosto, O Samaín e... FESTAS DE CUMPLEANOS. Mara e Katy son maiores!!! Xa teñen 3 anos.

Todos os nen@s da aula de 3-4 anos felicitámolas e compartimos momentos especiais. Mirade como o pasamos:

 

                                      FELICIDADES  KATY!!!!



                                        FELICIDADES   MARA!!!!

 

ROLDA 2

Boas de novo!!!
Aquí estamos coa nova rolda de preguntas despois desta apaixoante primeira rolda. Xa sabedes, podedes entregar ou ben en formato papel ou ben por correo, moito máis sinxelo, enviando as respostas a ampineiro25@gmail.com.

Pobre Modestina, que cantidade de preguntas sen resposta está a ter, queres axudala? Pois ahí vai:

1.- Comezamos con unha que vai para nota. Quen é o señor da foto? PISTA: ten que ver moito con Moeche.

2.- Seguimos falando de Moeche. Modestina, que é moi amiga de saber, escoitou un rumor sobre unha película rodada na nosa vila. Estaredes tod@s pensando o mesmo, cine na vila??? Que película ten a honra de poder ter rodado unhas escenas no Castelo?
3.- Existe unha panda na biblioteca, unha desas pandas "colegas" da tartaruga máis famosa do cole. Dígovos os nomes da panda e vos lle lembrades como se chaman en conxunto: Carlos, Loli, Pili, Braulio, Chispa, Sonia e Tatá. PISTA: os máis peques do centro seguro que vos poden botar unha man.
4.- Que foi o que viron a expedición dos 10.000 de Jenofonte cando dixeron: "Thalassa, thalassa"?
5.- Na anterior rolda estivemos a falar de deuses gregos, pero o que Modestina quere saber nesta ocasión é que deusa grega inspirou este famoso símbolo:







 6.- Percy Spencer unha vez tivo un erro, un despiste que deu lugar a un invento que habita en moitas casas do mundo agora mesmo. A nosa mascota sabe que foi algo relacionado con que unha chocolatina se lle derretiu nun peto, que cousa máis rara... Cal foi o invento que xurdiu diso?
7.- Este ano imos adicar moito tempo e esforzo aos continentes, e Modestina tamén esta a traballar para iso. Pero xa sabedes que ten moitas dúbidas. Unha delas é que quere saber cal é o estado dos EEUU que está situado máis ó Norte, ó Leste e ó Oeste Á VEZ!
8.- VAIA! Modestina está alucinada. Hai un municipio que ten o privilexio de ter o nome máis curto do mundo. Onde está? Quere saber país e continente...
9.-  taumatawhakatangihangakoauotamateturipukakapikimaungahoro-nukupokaiwhenua kitanatahu
Non chic@s, non tropecei co teclado. Iso que tedes arriba é o nomce dunha colina. Onde está situada e en que continente?
10.- Que é? Onde se atopa? (País e continente).

11.- Falemos de África. Nese continente existe un país que está totalmente rodeado por outros países. Cal é?
12.- Modestina ten un libro na biblioteca que fala de Exipto. Nese volume aparecen dous animais momificados. Cales son?
13.- Modestina deixou escrito por algún lugar de este blogue o nome do terceiro homenaxeado na historia das Letras Galegas. Tedes que buscar quen é e dicirlle á tartaruga en que sección se atopa agochado este personaxe.
14.- Onde foi tomada esta fotografía? Que representa?


15.- Seguro que algunha vez lle escoitáchedes á profe María (sempre e cando estades atentos) falar dos "false friends" en Inglés. A que se refire cando os nomes?

XOGO EXTRA: 2 puntos extra para quen os resolva.

MODESTINA ESTÁ SECUESTRADA!!! DESAPARECEU DA BIBLIOTECA!!!

A única maneira de atopala é resolver  seguinte enigma. Modestina atópase no lugar onde se atopa a letra OMEGA. A buscar...



mércores, 6 de novembro de 2013

CLASIFICACIÓN MODESTINA QUERE SABER...

CLASIFICACIÓN DESPOIS DA PRIMEIRA PROBA


POSICIÓN EQUIPO PUNTOS FOLLA 1 TOTAL DE PUNTOS
1
EL DÚO GANADOR
12 + 2
14
2
CLUB 3º
11,5 + 2
13,5
3
STARTS
10,5 + 2
12,5
4
MODESTINAS
9,5 + 2
11,5
5
LOS ARRASADORES
9 + 2
11
6
STARTS FINISH
7 + 2
9
7
MOECHE
8
8
8
MADRILEÑOS
S.C.
0
9
LOS GUERREROS
S.C.
0


Atendede a esta sección para seguir traballando en novas follas de preguntas nas que me tedes que axudar. Ademais seguirá habendo xogos extra para sumar máis puntos!!!

RESPOSTAS ROLDA 1!!!

RESPOSTAS ROLDA 1
 

1.- Os misteriosos personaxes que se colaron na biblioteca nunha góndola son Mateo e Román. A autora da obra chámase Carmen García Iglesias.
2.- A estatua da fotografía é unha esfinxe que, neste caso, medía 18 metros de altura.
3.- Falabamos da categoría 5 da CDU. Tiñades unha gran flor con todas as categorías na parede da biblioteca.
4.- Esta Modestina é tan larpeira que non se lle escapa unha pregunta deste tipo. Os pementos de Padrón realmente son do Herbón e os do Couto de O Val. Son localidades dos mesmos concellos.
5.- A resposta sería así:
  • Aula de 3-4 anos: Asia.
  • Aula de 4-5 anos: Europa.
  • Aula de 1º ciclo: América.
  • Aula de 2º ciclo: África.
  • Aula de 3º ciclo: Oceanía.
6.- Os únicos continentes con todo o seu territorio no hemisferio sur son Oceanía e Antártida.
7.- A muller da foto é a coñecida Rosalía de Castro.
8.- Ai ai ai... Este Abel sempre anda a rifar con Modestina e o Señor Croc. Pero desta vez era a tartaruga quen tiña razón, xa que a metade de 2 é 1. E todos sabemos que 2+1=3.
9.- Modestina e as festas, moita troula ten enriba esta muller! Se indagaramos un pouquiño saberíamos que ela visitou Bardaos, Cedeira, A Capela e Neda para asistir a todas esas festas.
10.- “El hijo del viento” foi un alcume que lle puxeron a Carl Lewis pola gran velocidade que era capaz de acadar correndo (Henning Mankel escirbiu un libro titulado así, non era o seu alcume). “La dama de hierro” era Margaret Thatcher.
11.- A foto foi tomada en Londres, o monumento que sae é o Big Ben.
12.- Todos os personaxes citados son da obra “Matilda”.
13.- Todo o proceso do nome de Moeche sería así:
MODESTI – MOESTI – MOESTE – MOESTHE – MOECHE.
Se mirades no fondo que se vos dixo...
14.- Na pedazo de foto que falta, como xa sabedes, tiña que poñer “Concello de Moeche”!!!
15.- Investigar investigarei... Había moitas posibles respostas, entre as que poderíamos destacar “A formiga atómica” ou “Turbo” que parece que foron os máis elixidos.

NORABOA ós equipos que lográchedes completar os 10 deuses da mitoloxía grega e por iso tedes +2 puntos extra!!!

O outono de Antonio Vivaldi

Aquí tedes o video e a música de Antonio Vivaldi: "As catro estacións"(O outono). A ver se alguén me sabe contestar a estas preguntiñas: ¿Por que lle chamaban o "Cura roxo"? ¿Cal era o seu instrumento favorito?

luns, 4 de novembro de 2013

PÁXINA PARA APRENDER A ESTUDAR

Dende o departamento de orientación aconsellamos esta páxina para aprender a estudar especialmente para os alumnos de 3º ciclo.

ENDEREZO
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html

sábado, 2 de novembro de 2013