RESPOSTAS
ROLDA 1
1.- Os misteriosos personaxes que se
colaron na biblioteca nunha góndola son Mateo e Román. A autora da
obra chámase Carmen García Iglesias.
2.- A estatua da fotografía é unha
esfinxe que, neste caso, medía 18 metros de altura.
3.- Falabamos da categoría 5 da CDU.
Tiñades unha gran flor con todas as categorías na parede da
biblioteca.
4.- Esta Modestina é tan larpeira que
non se lle escapa unha pregunta deste tipo. Os pementos de Padrón
realmente son do Herbón e os do Couto de O Val. Son localidades dos
mesmos concellos.
5.- A resposta sería así:
- Aula de 3-4 anos: Asia.
- Aula de 4-5 anos: Europa.
- Aula de 1º ciclo: América.
- Aula de 2º ciclo: África.
- Aula de 3º ciclo: Oceanía.
6.- Os únicos continentes con todo o
seu territorio no hemisferio sur son Oceanía e Antártida.
7.- A muller da foto é a coñecida
Rosalía de Castro.
8.- Ai ai ai... Este Abel sempre anda
a rifar con Modestina e o Señor Croc. Pero desta vez era a tartaruga
quen tiña razón, xa que a metade de 2 é 1. E todos sabemos que
2+1=3.
9.- Modestina e as festas, moita
troula ten enriba esta muller! Se indagaramos un pouquiño saberíamos
que ela visitou Bardaos, Cedeira, A Capela e Neda para asistir a
todas esas festas.
10.-
“El hijo del viento” foi un alcume que lle puxeron a Carl Lewis
pola gran velocidade que era capaz de acadar correndo (Henning Mankel
escirbiu un libro titulado así, non era o seu alcume). “La dama de
hierro” era Margaret Thatcher.
11.- A foto foi tomada en Londres, o
monumento que sae é o Big Ben.
12.- Todos os personaxes citados son
da obra “Matilda”.
13.- Todo o proceso do nome de Moeche
sería así:
MODESTI – MOESTI – MOESTE –
MOESTHE – MOECHE.
Se mirades no fondo que se vos dixo...
14.- Na pedazo de foto que falta, como
xa sabedes, tiña que poñer “Concello de Moeche”!!!
15.- Investigar investigarei... Había
moitas posibles respostas, entre as que poderíamos destacar “A
formiga atómica” ou “Turbo” que parece que foron os máis
elixidos.
NORABOA ós equipos que lográchedes
completar os 10 deuses da mitoloxía grega e por iso tedes +2 puntos
extra!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.