Boas de novo!!!
Aquí estamos coa nova rolda de preguntas despois desta apaixoante primeira rolda. Xa sabedes, podedes entregar ou ben en formato papel ou ben por correo, moito máis sinxelo, enviando as respostas a ampineiro25@gmail.com.
Pobre Modestina, que cantidade de preguntas sen resposta está a ter, queres axudala? Pois ahí vai:
1.- Comezamos con unha que vai para nota. Quen é o señor da foto? PISTA: ten que ver moito con Moeche.
2.- Seguimos falando de Moeche. Modestina, que é moi amiga de saber, escoitou un rumor sobre unha película rodada na nosa vila. Estaredes tod@s pensando o mesmo, cine na vila??? Que película ten a honra de poder ter rodado unhas escenas no Castelo?
3.- Existe unha panda na biblioteca, unha desas pandas "colegas" da tartaruga máis famosa do cole. Dígovos os nomes da panda e vos lle lembrades como se chaman en conxunto: Carlos, Loli, Pili, Braulio, Chispa, Sonia e Tatá. PISTA: os máis peques do centro seguro que vos poden botar unha man.
4.- Que foi o que viron a expedición dos 10.000 de Jenofonte cando dixeron: "Thalassa, thalassa"?
5.- Na anterior rolda estivemos a falar de deuses gregos, pero o que Modestina quere saber nesta ocasión é que deusa grega inspirou este famoso símbolo:
6.- Percy Spencer unha vez tivo un erro, un despiste que deu lugar a un invento que habita en moitas casas do mundo agora mesmo. A nosa mascota sabe que foi algo relacionado con que unha chocolatina se lle derretiu nun peto, que cousa máis rara... Cal foi o invento que xurdiu diso?
7.- Este ano imos adicar moito tempo e esforzo aos continentes, e Modestina tamén esta a traballar para iso. Pero xa sabedes que ten moitas dúbidas. Unha delas é que quere saber cal é o estado dos EEUU que está situado máis ó Norte, ó Leste e ó Oeste Á VEZ!
8.- VAIA! Modestina está alucinada. Hai un municipio que ten o privilexio de ter o nome máis curto do mundo. Onde está? Quere saber país e continente...
9.- taumatawhakatangihangakoauotamateturipukakapikimaungahoro-nukupokaiwhenua kitanatahu
Non chic@s, non tropecei co teclado. Iso que tedes arriba é o nomce dunha colina. Onde está situada e en que continente?
10.- Que é? Onde se atopa? (País e continente).
11.- Falemos de África. Nese continente existe un país que está totalmente rodeado por outros países. Cal é?
12.- Modestina ten un libro na biblioteca que fala de Exipto. Nese volume aparecen dous animais momificados. Cales son?
13.- Modestina deixou escrito por algún lugar de este blogue o nome do terceiro homenaxeado na historia das Letras Galegas. Tedes que buscar quen é e dicirlle á tartaruga en que sección se atopa agochado este personaxe.
14.- Onde foi tomada esta fotografía? Que representa?
15.- Seguro que algunha vez lle escoitáchedes á profe María (sempre e cando estades atentos) falar dos "false friends" en Inglés. A que se refire cando os nomes?
XOGO EXTRA: 2 puntos extra para quen os resolva.
MODESTINA ESTÁ SECUESTRADA!!! DESAPARECEU DA BIBLIOTECA!!!
A única maneira de atopala é resolver seguinte enigma. Modestina atópase no lugar onde se atopa a letra OMEGA. A buscar...
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
xoves, 7 de novembro de 2013
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
DATA LÍMITE DE ENTREGA O 28 DE NOVEMBRO.
ResponderEliminarP.D. Por favor axúdademe a rescatar a Modestina, non sei que será da biblioteca sen ela...
Quen a atopará?
encontrei a modestina no armario ao lado do ordenador na entrada da biblio
ResponderEliminarMenos mal, grazas Loureiro!!!
ResponderEliminarPero xa me dixo ela que che axudaron unha banda de pequenos investigadores...