xoves, 31 de outubro de 2024

TEMPADA DE CONTACONTOS ABERTA!

 Bo día, o pasado venres os alumn@s de 5º e 6º comezaron algo que tanto nos gusta...OS CONTACONTOS! Deleitaronnos coa representación de "Paco Papán" da man de Ohiane, Uxío, Iván e Candela. 

Moitas grazas e esperamos que sexa o comezo de moitos.

https://youtu.be/rnlr1_9twpw



domingo, 27 de outubro de 2024

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR

Debido a un imprevisto os primeiros pratos do luns 28, martes 29 e mércores 30 veranse modificados, quedando do seguinte xeito:

  • LUNS 28

       1º PRATO: Crema de cenoria

  • MARTES 29 

        1º PRATO: Brócoli con patacas

  • MÉRCORES 30

        1º PRATO: Lentellas con verduras

Desculpade as molestias.

xoves, 24 de outubro de 2024

OBRADOIRO DE LIXO MARIÑO!



Hoxe tivemos a oportunidade de contar no colexio con dous artistas que converten en obras de arte todos os refugallos que atopan limpando nas praias. Ensináronnos o importante que é a mensaxe que nos manda o mar...

Logo traballamos diferentes materiais para crear nós tamén arte. As diferentes creacións serán expostas no centro para que as poidan ver as familias na festa de Samaín.

Deixamos algunha foto da actividade e aproveitamos para dar as grazas a Alicia e Sven (Ali Vava) por todo o transmitido!

CLICA AQUÍ PARA VER AS FOTOS

venres, 18 de outubro de 2024

SAÍDA ÁREA RECREATIVA ILLA DE MERA

 Este xoves, 17 de outubro, realizamos unha saída ata Ortigueira, máis concretamente ata a área recreativa Illa de Mera. 

Grazas ao grupo Naturalista Hábitat e o seu proxecto "Vixías dos nosos ríos" analizamos a calidade do río Mera a partir do estudo dos macroinvertebrados e dunha serie de medicións fisicoquímicas.

Ademais de aprender, pasámolo xenial!!

Deixámosvos algunhas fotos deste día.


















KICK BOXING

Este venres tivemos unhas clases de Educación Física algo distintas. Un ano máis, tivemos a gran sorte de contar no cole co Clube de Kick Boxing de Moeche. José e Jose encargáronse de que a rapazada de 3º a 6º tivese unha sesión de iniciación e promoción deste deporte.

Aprendemos moito e, sobre todo, pasámolo xenial!!!







luns, 14 de outubro de 2024

ARRINCAMOS COA RADIO 23!!!



Un ano máis, Radio 23 ofrecerá os mellores podcast de toda a volta. Hoxe comezamos cun de temática libre, no cal Héctor, Nuno, Adrián e Sergio investigaron sobre unha das súas afeccións favoritas: o fútbol!

Se queredes curiosear un pouquiño sobre este tema, clicade no enlace e a escoitar!!!



venres, 11 de outubro de 2024

PRESENTACIÓN CANLE YOUTUBE HISTÓRIC@S 9.0

Un ano máis, os mairoes do noso canle seguen coa súa canle Youtube. Este ano, sorpredentemente, continuar coa saga "Históric@s" e adoptan o nome de "Históric@s 9.0". Hoxe deixan o seu vídeo de presentación da canle, pero haberá moitos máis. 

Xa sabedes, se queredes ver o seu contido: exposición de traballos, contacontos. actividades etc só tedes que seguilos en youtube.com/historicosmoeche





ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 SORTEO MEMBROS XUNTA ELECTORAL

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Convocatoria pais/nais eleccións consello escolar 

Proclamación candidaturas sector pais, nais

Proclamación candidaturas sector profesorado

mércores, 9 de outubro de 2024

Maleta mariñeira

 Bo día, Modestin@s, pásome por aquí para que nos poidamos despedir da mochila mariña viaxeira que nos cedeu o CEIDA durante este mes. 








Por outro lado, seguro que recordades que o curso pasado non paraba de repetir : "NON DEIXES PARA MAÑÁ O QUE POIDAS LER HOXE". Pois ben, este curso, de entre diferentes lemas, votamos e resulta que o lema gañador é...












Así que xa sabedes... Libro pechado, tempo tirado


xoves, 3 de outubro de 2024

TALLER DE MICOLOXÍA

Na xornada de hoxe vivimos, grazas a AMABUL, unha experiencia micolóxica. Miriam, traballou con todos os grupos de primaria para ensinarlles moitos aspectos sobre os cogomelos. Aprendemos a diferencialos, as súas partes, normativa en relación á súa recollida etc

Unha clase moi chula de Naturais que rematou con diferentes xogos nos cales demostramos que estivemos moi atentas/os.

Moitas grazas Miriam!








TORNEO DE XADREZ

O xadrez xa foi unha actividade que o curso pasado tivo gran acollida nos tempos de lecer. Este curso proponse como actividade extraescolar do concello e hoxe tivemos a sorte de poder contar no centro con Ernesto, un xadrecista que ademais de ensinarnos aspectos básicos deste deporte, explicounos como funciona o sistema suízo nun torneo de xadres. E aló que fomos! A xogar un torneo cos alumnos/as voluntarios/as. 

Tras unhas disputadas xornadas Héctor, Josué e Adrián, nesa orde, foron os que máis victorias obtiveron e alzáronse co podio. Iso si, había premios e medallas para todos os participantes!!!