venres, 30 de decembro de 2022

FESTIVAL DE NADAL 2022 (VÍDEOS)




Temos un regaliño para desexarvos un feliz ano novo... Trátase de todas as actuacións en vídeo do Festival de Nadal 2022!
Agradecemos enormemente ás familias que nos fixeron chegar os seus vídeos e cos que puidemos facer esta humilde montaxe...

martes, 20 de decembro de 2022

Cortos educativos Pixar

Neste episodio, Uxío (de 3º de primaria) fálanos dos tres cortos educativos de Pixar que máis lle gustaron e a ensinanza que transmite cada un deles. Anima a toda a rapazada a que os vexan. 

FESTIVAL DE NADAL

 FESTIVAL DE NADAL

 


 


 

Estimadas familias, comprácenos comunicarvos que de novo volvemos celebrar o festival de nadal.

Terá lugar o vindeiro xoves día 22 de decembros ás 10:00 horas

 Constará de dúas partes:

1ª parte: 10:00 a 11:30 horas apros.

Descanso: 11:30 - 12:00 e RIFA DUHA CESTA DE NADAL( os cartos recadados serán destinados no 50% para a excursión de fin de curso do todo o centro e o outro 50% a unha causa benéfica que se especificará con posterioridade).

2ª parte: 12:00 a 13:00 horas aprox.

Esperamos a vosa asistencia 

FELICES FESTAS!!! 

 



 

luns, 19 de decembro de 2022

FINAL DE TRIMESTRE EN METEOMOECHE

Aínda que podedes seguir enviando capturas que serán publicadas á volta, MeteoMoeche fará a última recompilación de fotos deste 2022. Temos que agradecer enormemente a cantidade de propostas que nos facedes chegar a "meteomoeche@gmail.com". Comezamos coas desta semana!

A primeira fáinola chegar Adriana (infantil). "Ceo ovellado, mañá mollado" di o refrán, haberá que preguntarlle se nesta ocasión se cumpriu. E por suposto o cabalo, emblemático no noso concello tomando protagonismoda instantánea.


Iria (5º primaria) achéganos esta imaxe do tamén ovellado pero cun xogo de luz que fai pensar que o Sol domina á noite...



Noa Caneiro (5º primaria) tamén quere facer ver o refrán coas súas dúas fotos tomadas desde diferentes ángulos.




Óscar (5º primaria) quere sorprender a todos cun marabilloso amencer nas Barbelas...


E pechamos con outra foto de Noa, cun dos clásicos desta sección, o arco da vella.





CHRISTMAS JUMPER DAY

O pasado venres 16 de decembro celebramos o "Christmas Jumper Day", unha actividade solidaria que realizamos en colaboración con "Save the Children".

O centro encheuse de cor e alegría cos xerseis navideños, tanto comprados coma caseiros. Todo un espectáculo!

E, ademais, conseguimos xuntar moitos cartos que doaremos a nenos en lugares vítimas de conflito ou cunha situación de risco extremo. Moitas grazas a todos por colaborares!

Aquí deixamos unhas imaxes dos vistosos xerseis:






venres, 16 de decembro de 2022

TRÁILER "HOXE NO NADAL ANDALUZ"

Estes días están as nenas e nenos a tope preparando as diferentes representacións que van a realizar o vindeiro 22 no Festival de Nadal. E como todos os anos o grupo de 5º e 6º, Históric@s 7.0 quere darvos un pequeno adianto do que vai a ser a súa obra de teatro "Hoxe no Nadal andaluz". Isto é o seu tráiler, imaxinádevos a obra!!!



PODCAST GRAVADOS EN RADIO FENE



Pois xa están aquí os podcast que gravaron en Radio Fene as nosas alumnas/os de 5º e 6º dentro da formación de radio que fixeron con eles. Pódense escoitar desde hoxe ata o 23 de decembro no dial 107.7 e tamén na seguinte web:

PODCAST

xoves, 15 de decembro de 2022

TALLER DE BÓLAS DE NADAL

Unha vez máis, o alumnado tomou o mando. E de que maneira... as nosas xa coñecidas ludotecarias propuxeron para toda a rapazada do cole un interesante taller para realizar bólas de Nadal que poderán levar á súa casa e colocar na súa árbore todas aquelas persoas que participen. Non faltou detalle, pois tiñan todo preparado para que os/as anotados/as disfrutasen da actividade. Debido ao gran volume de anotados tiveron que facer dúas quendas, a desta mañá e a do vindeiro martes. Un olé para as nosas ludotecarias que dinamizan xenial este espazo. Parabéns!!!









venres, 9 de decembro de 2022

O VOO DA BUBELA, CON MIGUEL ANXO ROMERO LÓPEZ


Hoxe foi un día especial no cole. Dunha idea como moitas outras xurdiu unha gran xornada que de seguro quedará na memoria da rapazada modestina. Coma moitas outras veces, o alumnado de 5º e 6º quixo elaborar un contacontos para os máis peques, foron á biblio e escolleron unha lectura. 

"Collemos este, que de poemas nunca fixemos". E aló que foron. O voo da bubela, escrito por Miguel Anxo Romero López foi a lectura escollida e prepararon un Kamishibai colleita propia de inicio a fin. Dá a casualidade que os profes tivemos contacto co autor e preguntámoslle se lle gustaría asistir de oínte ao contacontos do seu propio libro. Miguel Anxo non dubidou...

Dito e feito, esta mañá as nenas e nenos contáronlle o conto a toda a escola coa presenza do autor. Trala lectura puidemos ter uns minutos de coloquio con el, onde nos falou sobre a súa obra e ao final démoslle un pequeno agasallo. Seguro que Modestina o vai acompañar no seu fogar a partires de agora.

Pero a historia non acababa aí, senón que tamén pasou polos micros de Radio 23, onde lle fixemos unha pequena entrevista que podedes escoitar aquí:



Tamén deixamos algunha foto do día:






MOITÍSIMAS GRAZAS POR ESTE DÍA MIGUEL ANXO!!!




ESTA SEMANA EN METEOMOECHE...

Unha semana máis, aquí temos o noso observatorio cunha morea de fotos que nos facedes chegar a "meteomoeche@gmail.com". Comezamos!

Comezamos con este Halo Lunar, que nos fai chegar a profe Yaiza. Aínda que non é moi común en zonas que non son tan fría podémolo ver en contadas ocasións cando cando a luz da lúa refráctase (coma se doblase) a atravesar critais de xeo. Para iso ten que ocorrer que haxa nubes moi altas e, sobre todo, frías.


A nosa amiga Briana (infantil) fai estrea nesta sección cunha preciosa foto tomada na cidade de A Coruña, tamén chamada herculina porque a torre que no ensina Briana chámase Torre de Hércules. Ao seu lado, un fermoso arco da vella.


E rematamos esta semana con dúas fotos de Noa Fraga (infantil), que ela titula "Nubes bonitas". Pois si Noa, esta combinación de cúmulos e estratos quedou ben fermosa en Abade.




venres, 2 de decembro de 2022

NOTICIARIO 23!



A Radio 23 ten unha nova sección. Trátase do noticiario 23. Resulta que para traballar as noticias aos Históric@s pareceulles ben facer un noticiario a través de podcast de radio, e alá que foron. Mirade esta estrea cunha nova sobre o festival de Nadal!!!