luns, 28 de xuño de 2021

MENÚS COMEDOR CURSO 2021-2022

 

 

 

MENÚ SETEMBRO  

 

APERTURA PRAZO COLABORADORE DO COMEDOR

SOLICITUDE

 INSTRUCCIÓN COMEDORES ESCOLARES

MODELO AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR

MODELO AUTOCOMPLETABLE

Todo aquel alumnado que desexe facer uso do comedor no vindeiro curso 2021-2022, debe cubrir e entregar no centro o modelo de autodeclaración cuberto e asinado. Preferiblemente por correo electrónico

ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.gal. 

No caso de non poder envialo por correo electrónico, poderase entregar de xeito presencial no centro, pero sempre con cita previa: 881930329

luns, 21 de xuño de 2021

EDUCACIÓN VIARIA: A DXT NO COLE



Na mañá do luns tivemos a visita da DXT, en concreto de Quico e Susana que, dentro do Plan Proxecta quixeron ofrecernos unha interesante charla sobre Educación Viaria. Aprendemos moito e pasámolo xenial, así que quedan convidados a visitarnos noutra ocasión!!! Deixamos algunha fotiño...

FOTOS

venres, 18 de xuño de 2021

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA CURSO 2021-2022

O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÚCULA PARA O CURSO 2021-2022

                                                20 AO 30 DE XUÑO

 

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

 

·    -   Impreso de matrícula

·     -  2 fotos carné do alumno

·      - Certificado médico conforme ten todas as vacinas(infantil)

·      Os solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración do comedor.

        IMPRESO MATRÍCULA

 

       RUTAS E PARADAS TRANSPORTE 


 

 

 

 


xoves, 17 de xuño de 2021

CHARLA SOBRE CONEXIÓN SEGURA

Hoxe no cole tivemos unha charla moi interesante e necesaria para nenas e nenos das idades de 5º e 6º. Falamos con Raquel sobre "conexión segura". Ela amosounos certos comportamentos que debemos ter para navegar na rede, uso de redes sociais, elementos nocivos, Netiqueta etc

Abrimos moitos debates interesantes e démonos conta de certos perigos que descoñecíamos. 

Moitas grazas a Raquel por abrirnos os ollos neste tema tan de actualidade e ao Concello de Moeche por permitirnos que asistise ao noso centro.







mércores, 16 de xuño de 2021

PACO PAKOLAS EN CONCERTO NO COLE

 Onte foi un día diferente, o súper Paco Pakolas veu dar un concerto para os nenos e nenas do noso cole, iso si, cumprindo todas as medidas de seguridade: no exterior, con distancias e xel hidroalcohólico para os autógrafos. Que ben o pasamos! Rimos, cantamos, choutamos, bailamos! Que ganas tiñamos de algo así! 

Por todo isto, queremos compartir unha pequena mostra con vós deste concerto, fai clic para ver o vídeo:

METEOMOECHE: SUMAMOS FOTOGRAFÍAS DAS FAMILIAS

 Pois nesta semana chegaron moooooitas propostas das familias para o noso observatorio! Comezamos...

En primeiro lugar o noso compañeiro Asier (5 anos), un asiduo desta sección, tráenos moito material. En primeiro lugar quere mostrarnos unha serie de instantáneas tomadas da lúa do eclipse (lembrade que xa vimos nesta páxina algunha máis). Se ben é certo que onde vivimos non o puidemos apreciar, a lúa tiña unha cor un tanto especial...









Da mesma maneira, Asier tamén fixo, co seu papi, outro time lapse. Nesta ocasión ofrécennos a posibilidade de ver a evolución das nubes de tormenta. Non volo perdades, pois é espectacular!



Outra nena que é unha habitual por estes lares é Noa Martínez (3º EP). Hoxe quere mostrar un solpor moi bonito que tomou a pasada semana:



Oihane (1º EP) parece que quere retarnos a saber cal é a figura que se esconde detrás desa nube?


Cerrando esta sección, Álex (3º EP) tamén ofrece un par de fotografías dun solpor algo encarnado polo que nos conta...




martes, 15 de xuño de 2021

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE EQUIPAMENTO EDIXGAL

 NOTA INFORMATIVA

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

No enlace inferior está o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022.

 

 LIBROS DE TEXTO

CLUB DE LETRAS

 Este curso académico o noso cole foi admitido no proxecto “Club de Letras”, que este ano ten como temática principal “O coidado”.

Os nenos e nenas de Moeche, dende Infantil a 6º de primaria, estivemos traballando ao longo de todos estes meses o tema do coidado partindo do estudo da científica, primatóloga e naturalista Jane Goodall.


Asistimos a diversos talleres entorno a esta temática, limos contos relacionados con esta científica e fixemos actividades moi moi chulas!

-Taller “Conociendo a los chimpancés”: Neste taller achegámonos ao mundo dos chimpancés, descubrindo e imitando algúns dos seus comportamentos como coller termitas, rirse, saudar, etc. Comprobamos, ademais, que son capaces de realizar actividades moi complexas (memorizar gran cantidade de números desordeados) e que gran parte de actividades humanas están afectando a súa supervivencia.

-Taller "Concienciación medioambiental": Recordamos os principais problemas medioambientais, como o cambio climático, a perda da biodiversidade e o tráfico ilegal de especies.

Pinchade nos enlaces de cada apartado para poder ver as fotos.

1) LIBROS

2) FOTOS TALLERES 

3) DIPLOMAS

4) ACTIVIDADES

    -Infantil: "O meu amigo o gorila"

    -1º e 2º: O coidado a partir da alimentación

    -3º e 4º: Mural Jane Goodall, Mural sobre o aceite de palma e herbario.

 -5º e 6º: Booktrailer, chimpancé con material de refugallo, poboado africano e carteis sobre o coidado   medioambiental.

Dende a área de Educación física tamén estiveron a traballar sobre Jane Goodall e as súas investigacións. Realizaron diversos xogos acerca dos chimpancés e as súas formas de vida, a selva do Gombe, os clans, etc.

    -EF: Fotos

Ademais de todo o anterior, as rapazas e rapaces de 5º e 6º de primaria escribíronlle unha carta a Jane Goodall que farán chegar a través da rapaza que nos impartiu os talleres. Actualmente están a traducila ao inglés e moi pronto compartirana con todos nós. Estamos desexando lela!


Dende logo, tal e como di Jane Goodall: "as persoas máis importantes son os nenos, xa que teñen nas súas mans o futuro do noso planeta para poder melloralo".

luns, 14 de xuño de 2021

NORMAS DE SEGURIDADE VIAL

Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria fixeron un bonito vídeo para lembrarnos a todos a importancia de levar a cabo unha serie de normas para a prevención de riscos nas estradas.

Trátase dunha actividade dentro do Plan Proxecta de Educación Viaria.

Premede na imaxe para ver o vídeo!!


domingo, 13 de xuño de 2021

CHARLA SOBRE ABELLAS



Este venres tivemos a sorte de contar no centro con Vanesa, de Abellariza, para que nos false sobre as abellas. Grazas a ela coñecimos un pouco máis sobre este insecto que gusta tanto polo cole. Ademais dunha gran presentación sobre a temática resolveu moitas súbidas sobre as mesmas e incluso trouxo agasallos como un tarriño de mel para cada neno/a e varias plantas. 

Da mesma maneira entregou os premios aos gañadores do concurso organizado pola súa asociación.

Queremos agradecer de corazón a Vanesa a implicación nesta actividade, esperamos poder contar contigo en vindeiras ocasións para seguir aprendendo de ti.

A actividade foi levada a cabo en todos os grupos estables, deixamos algunha fotiño:

FOTOS

mércores, 9 de xuño de 2021

OS PEQUES DO COLE DESCUBRIRON OS HOLOGRAMAS

 Dentro do noso proxecto sobre os bechos, hoxe fixemos un novo descubrimento: velos en tres dimensións! Todo isto grazas á ilusión óptica que xeran os hologramas. Só necesitamos: unha tablet, unha pirámide de plástico coa cúspide cortada e abrir moito a boca coa sorpresa!

O máis importante é fomentar as aprendizaxes a través do asombro e incrementando así a súa motivación e as súas ganas de aprender.




SEGUEN CHEGANDO FOTOS A METEOMOECHE!

Aínda que está o curso a finalizar seguimos recibindo fotos en "meteomoeche@gmail.com". Se queres enviar a túa xa sabes, tal e como fixo Iria, de 3º. Con estas dúas preciosas imaxes quere ensinarnos como podemos despedir o sol desde a súa ventá de San Ramón.

Grazas Iria!!!




martes, 8 de xuño de 2021

CLÍA NO COLE



Durante a xornada do luns tivemos a visita de Tania, encargada de botar unha man á rapazada do Consello Local de Infancia e Adolescencia de Moeche, dentro do cal hai varios alumnos do centro.

Tania presentou polas diferentes aulas un pequeno xogo co cal as nenas e nenos entenderon que son unha parte importante para defender os dereitos propios deles/as. Inlcuso recolleu diferentes propostas para que o CLIA traballe no próximo curso. Da mesma maneira, o alumnado participante no Consello modestino presentou, ante o resto das compañeiras e compañeiros o CIRCUITO MODESTINO que abrirá as súas portas neste verán.

Moitas grazas Tania por compartir con nós esta mañá!

FOTOS DA XORNADA

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 


 O prazo de presentación da matrícula para o alumnado de novo ingreso no centro é dende o

                                                       20 ATA O 30 DE XUÑO

 

GUÍA VERÁN 2020/2021

 Como en cursos anteriores queremos axudarvos coa elección dun libro divertido para ler no verán. Podedes ler máis de un...!

As recomendacións, aínda que están preparadas por cursos, son válidas para ler en todas as idades. Lembrade que o importante é disfrutar e os libros axudan coas súas aventuras!

Bo verán a tod@s!!






Impresión 3D

                      Continuamos aportando imaxes con traballimos coa impresora 3D. 









E OS PEQUENIÑOS E PEQUENIÑAS NON PARAN COS BECHOS!

 Sabíamos que ía ser un proxecto interesante pola motivación intrínseca que supoñía este tema, pero está dando para moito máis do que abarcaba a nosa imaxinación. 

Continuamos recibindo imaxes que seguimos incluíndo na nosa exposición da aula; lendo contos e historias interesantes sobre bechos máis coñecidos e outros máis estraños; comparamos as súas velocidades, características, alimentación (son tan diferentes entre eles); observamos, comparamos e traballamos a ordinalidade cos seus ciclos de vida; investigamos sobre os seus nomes en galego e castelán, así como posibles motivos para a súa denominación e traballamos con eles a lectoescritura; usámolos para sumar, restar, facer comparacións, series, estimacións; traballamos a motricidade fina moldeando figuras de bechos con plastilina; aprendemos os seus nomes en inglés e traballamos con eles nesta lingua; o noso robot DOC tamén busca aprender sobre os bechos; en Educación Física algunhas veces transformámonos en insectos; xogamos con xogos de mesa sobre o tema; á hora do recreo son o noso centro de atención, ata Lamberetas se interesa polo tema e todo isto é posible polo afán de aprender deses cativos e cativas!

Observade o seu traballo e un hurra por eles e elas!