venres, 30 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

 A semana do 23 de abril en Moeche xa é especial de por si, pois é o noso festivo local. Pero aínda é máis especial se cabe xa que celebramos diferentes actividades polo Día do Libro:

- En primeiro lugar fixemos o tradicional Apadriñamento Lector. Este ano tivémolo que adaptar un pouquiño polas circunstancias especiais que estamos a vivir, pero iso non lle quitou a maxia que sempre tivo esta actividade. Así pois, este ano os maiores do cole ían a ser as encargadas/os de crear esta sorpresa. Coa axuda de Modestina, coláronse na biblioteca para escoller un a un contos para o resto das nenas e nenos do cole. Cada un dos padriños/madriñas tiña nada máis e nada menos que 3 afillad@s!!! Por suposto, cada libro ía acompañado dun pequeno agasallo. As clases foron pasando pola biblio e...sorpresa!!!




Cada alumno/a levou para casa a obra escollida polo seu padriño/madriña e, como "é de ben nacido ser agradecido", houbo sorpresa de volta!!!





Da mesma maneira, houbo un día que recibimos unha visita moi especial na biblioteca: "Cuéntamelo con música" achegábase a Moeche para facer un espectacular contacontos onde, a través dunha viaxe moi divertida pola historia, comprendemos as diferentes maneiras de escritura que existiron dende a prehistoria ata hoxe. Un montón de experimentos, contos e risas que fixeron que a nosa biblioteca se volvese a encher de maxia. Por suposto, acudimos por grupos estables e respectando en todo momento as medidas establecidas no protocolo COVID. Deixamos un pequeno vídeo coas fotos que resumen esta actividade:


Por último, pero non menos importante, a autora Andrea Maceiras visitounos virtualmente para falar un pouco sobre a súa obra "Conta nove estrelas" que o grupo de 5º e 6º estivo a ler na súa aula. Fixémoslle unha cantidade enorme de preguntas para coñecer un pouco máis sobre a súa faceta como autora e tamén para comprender un pouco máis sobre Quepi, Udai e outros personaxes da Galaxia Oma. Mil grazas Andrea por pasar este agradable anaco con nós!






martes, 27 de abril de 2021

CONCURSO ADIVIÑAS DE CHISTÍN

Queridos nenos e nenas, queridas familias: un ano máis chegou Chistín ao colexio cun novo concurso. 

Este ano, o concurso será de ADIVIÑAS.

👀 PRESTADE ATENCIÓN

¿QUE TEDES QUE FACER?

1º Ler a adiviña con calma.

2º Intentar resolvela. Podedes pedir axuda na casa.

3º  Escribe nun anaco pequeno a solución da adiviña e o teu nome 

4º Non esquezas poñer o teu nome.

5º Ao día seguinte, debes introducir na caixa que hai na entrada do colexio o teu papeliño. Chistín revisará todos os días as vosas solución.

IMPORTANTE: O concurso durará 15 días. Cada día haberá unha adiviña, un total de 15 adiviñas. Sempre se deben resolver ao día seguinte da publicación no blogue. Non podemos introducir na caixa a solución atrasada doutra adiviña porque entón Chistín non a dará por boa.

ESTADE MOI ATENT@S QUE O PASAREMO BEN!!!

AHHHH ! HABERÁ PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES CATRO PREMIOS ESPECIAIS PARA OS GAÑADORES, que serán escollidos por sorteo entre os acertantes.

   COMEZAMOS MAÑÁ MÉRCORES 28 DE ABRIL
















luns, 26 de abril de 2021

xoves, 22 de abril de 2021

martes, 20 de abril de 2021

REFRANEIRO METEOROLÓXICO

Unha das actividades que tiñamos pensada dentro do Plan Proxecta sobre meteoroloxía era un libro de refráns sobre o tempo e o clima. Foron moitas as propostas que chegaron das familias e elaboramos tanto un refraneiro físico (que está na biblioteca do centro e poderedes consultar cando as condicións sanitarias o permitan) e outro dixital que vos ofrecemos aquí.

Esperemos que vos guste:

domingo, 18 de abril de 2021

CREATIVIDADE EN 3D

 Seguimos creando coa "Impresora 3D". O noso alumnado continúa deseñando obxectos ben bonitos, pero sobre todo aprendendo, e con moita ilusión!!





venres, 16 de abril de 2021

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

 TODO O ALMUNADO QUE FIXO A RESERVA DE PRAZA E SOLICITUDE DE ADMISIÓN, FOI ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022

xoves, 15 de abril de 2021

VIDEOCONFERENCIA CO MUSEO MUNCYT E AEMET!!!

Esta semana, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a gran sorte de ser partícipes dunha sesión por videoconferencia con dúas representantes da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) para falar sobre as frontes de aire cálido e frío. 

Tanto a sesión do grupo de Judit coma o de Abel foron moi produtivas xa que veuse claro que as nosas nenas e nenos estiveron moi atentos/as, pois ao final da mesma había un concurso de preguntas no cal obtiveron puntuacións altísimas e recibiron os parabéns por parte das dúas mentoras.

Esta actividade foi impartida por persoal de AEMET a través do Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) de A Coruña, a quenes queremos darlles as grazas por esta agradable xornada!





sábado, 10 de abril de 2021

METEOMOECHE SEMANAL

 Seguimos aportando cousiñas para o noso proxecto de MeteoMoeche. Nesta ocasión traemos unha análise do clima do mes de marzo. Collendo como variables a temperatura e as precipitacións, o alumnado de 5º curso elaborou unha gráfica e un comentario sobre a mesma. Esperemos que vos guste:



venres, 2 de abril de 2021

O equipo de Mbots do noso cole!


 Queremos presentarvos ao equipo de robots MBots montados polo alumnado de 5º e 6º. Como non podía ser doutro xeito e tratándose dunha presentación en público imos compartir con vós como os apodaron: 

- San Ramón

- Santa Cruz

- San Xoán           

- San Xurxo

- Labacengos        

- Abade

- Bardaos                

- A Reina

- Retorno

- Balocos

- San Xiao

- A Lamestra

Cremos que son nomes moi acaídos, para as novas máquinas que axudarán aos nosos nenos e nenas a adquirir moitos coñecementos que están por chegar. 

(Debemos decir que dous deles estaban en boxes cargando as súas pilas conectados á corrente eléctrica, por iso non saen na imaxe).

Bo traballo Modestinas e Modestinos :)

  

xoves, 1 de abril de 2021

PRESENTACIÓN SOBRE METEOMOECHE!!!

Hai uns días o noso amigo Braulio Bolechas fixo un programa para a súa canle Youtube sobre o noso proxecto de Meteoroloxía. Para iso tivemos que gravar moitos vídeos e ao final non deu feito para subilos todos na súa canle e por iso vístedes só unha pequena parte do traballo na TVG. Iso, os profes falamos con Braulio e decidimos colgar por aquí unha gran mostra dos vídeos que non se puideron emitir, presentados neste Genially. Esperamos que vos guste!