venres, 31 de xaneiro de 2020

RESERVA DE PRAZA




Informamos de que o prazo para facer a reserva de centros adscritos estará aberto do 1 ao 17 de febrero. Todos aqueles alumnos/as de 6º de primaria, que neste caso queran facer a reserva para do CPI de San Sadurniño(centro ao que estamos adscritos), deberán entregar o impreso cuberto(anexoI) neste centro. Poden descargalo no enlace inferior.


ANEXO I RESERVA DE PRAZA

martes, 28 de xaneiro de 2020

CAMBIO DE DATA DÍA DA PAZ

Ante as previsións meteorolóxicas previstas para mañá mércores, decidimos, para un mellor e máis seguro desenvolvemento da actividade, que se aprace a celebración da andaina e carreira solidaria.

A nova data de celebración será o vindeiro mércores 5 de febreiro. O plan será o mesmo: andaina solidaria (recabando alimentos para a cociña económica) que saíra do centro ás 11:45 horas + carreira solidaria (a favor de Save the Children) que se levará a cabo nas inmediacións da Casa do Concello en torno ás 12:30 horas.

As familias xa foron notificadas a través de Abalar.

Da mesma maneira queremos pedir disculpas polas molestias derivadas do cambio.

Un saúdo

"METEOMOECHE"

A meteoroloxía é algo que nos acompaña no día a día, que de xeito inconsciente condiciona dende o noso xeito de vestir, ata as actividades polas que nos decantamos. Por este, e por moitos outros motivos, que consideramos de proveito para o alumnado, decidimos comezar cun pequeno proxecto no que traballaremos diferentes aspectos meteorolóxicos. 

O primeiro paso foi a posta en marcha da estación meteorolóxica do centro, logo acudimos a recibir unha pequena formación á sede de Meteogalicia en Santiago de Compostela, coa que imos colaborar ao longo do curso. Deste xeito, a actividade coa que iniciamos a nosa andaina meteorolóxica e na que participamos todo o alumnado do centro, é o rexistro meteorolóxico común que instalamos ao lado da porta de entrada ao centro. Cada día da semana acudirá unha aula diferente a facer o rexistro, de xeito que a final de mes podamos facer recontos, así como comparacións ao longo dos meses. 

Con estas tarefas non só estaremos levando a cabo unha actividade significativa para os nenos e nenas, senón que estaremos traballando as matemáticas, as ciencias naturais, a linguaxe, a música, etc.







xoves, 23 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ

Este ano, con motivo da celebración do Día da Paz levaremos a cabo varias actividades (día 29 de xaneiro), nalgunhas delas podedes participar, como é o caso da Andaina Solidaria para a recadación de alimentos non perecedoiros, que irán destinados á Cociña Económica de Ferrol. En ambos teremos a colaboración do Concello de Moeche.

PARA PODER PARTICIPAR NELA SOAMENTE TES QUE APORTAR 1 KG DE ALIMENTOS NON PERECEDOIROS E ESTAR NO CEIP SAN RAMÓN DE MOECHE ÁS 11:45 HORAS.

Sairemos cara o Concello de Moeche, onde deixaremos os produtos que eles levarán a Ferrol.

Por outra banda tamén celebramos este ano unha Carreira "Km de solidaridade" para axudar as familias de Rohingya que se viron obrigadas a desprazarse a un campo de refuxiados. Para iso, as nenas e nenos do centro están estes días a buscar "os seus patrocinadores" que aportarán a cantidade de diñeiro que crean convinte a cambio de voltas de percorrido (simbólico, todos corren unha distancia acorde á súa idade) para enviar, a través de Save the Children, á xente dese pobo.

PARA PODER PARTICIPAR NA MESMA PODES OU BEN PRESENTARTE DIANTE DA CASA DO CONCELLO ÁS 12:30 E CORRER/ANDAR CON NÓS, OU BEN REALIZAR UNHA DONACIÓN A TRAVÉS DO ALUMNADO DO COLE.

TRAZADO DA CARREIRA NA SEGUINTE IMAXE:





ANIMÁDEVOS A PASAR UN DÍA SOLIDARIO CO CEIP SAN RAMÓN!

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NEN@

Prezadas familias:
No ano 2019 celebrouse o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ven de promover unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.
Coa colaboración da Xunta de Galicia, acaban de lanzar varias publicacións da CDN e dende o equipo de Normalización Lingüística do centro queremos darlle a máxima difusión. 

martes, 21 de xaneiro de 2020

VÍDEOS DO FESTIVAL DE NADAL

Xa curados da resaca navideña temos para que todo o mundo poida disfrutar deles: OS VÍDEOS DO FESTIVAL DE NADAL. En primeiro lugar queremos agradecer publicamente a Bieito, xa que grazas a que el gravou, podemos disfrutalos todos/as.
Esperamos que vos gusten

venres, 17 de xaneiro de 2020

PLAN PROXECTA EDUCACIÓN VIARIA

Este ano seguimos a traballar a tope coa Educación Viaria, pero nesta ocasión facémolo dentro dun dos programas da Xunta de Galicia: o Plan Proxecta de Mobilidade sostible e segura.

Ademais de seguir co noso particular circuito interior, estamos a levar a cabo diferentes actividades: creación dunhas láminas explicativas sobre Educación Viaria, construción de bicicletas de cartón , unidades didácticas relacionadas co tema, un contacontos adaptado en galego-inglés...

Todas estas actividades todavía estanse a "cociñar", polo que estade atentas/os para saber máis!

Polo momento podemos ir atendendo a unha serie de consellos que no dá a DXT:


ACTUALIDADE MODESTINA NÚMERO 9



Nova edición do mellor xornal de toda a volta!

A tirada de xaneiro xa se pode consultar tanto na web coma no corredor do centro.


mércores, 15 de xaneiro de 2020

FINAL DO TORNEO DE DATCHBALL

O datchball, como xa sabedes, é un deporte de equipo que se asemella moito ao brilé, aínda que con máis dinamismo.
Foi un fenómeno que entrou con forza o ano pasado no noso centro, proba diso é esta segunda edición da liga de Datchball que obtivo case un pleno de participación do alumnado ao cal estaba dirixido.
Resultou ser unha liga moi igualada, onde catro equipo disputábanse ser o máis regular do campionato. Todos fixérono xenial, aínda que a clasificación final quedou da seguinte maneira:

1.- SABUESOS --- 10 PUNTOS
2.- NO NAME ----    9 PUNTOS
3.- JUARRILLAS ---9 PUNTOS
4.- GALLEGOS------8 PUNTOS

Agora toca estar atentos/as xa que en breves será convocada a I Liga de tenis de mesa!



PROGRAMA LEITE E FROITA

Este curso, outra das propostas que levaremos a cabo, é a participación no programa da Xunta de Galicia "Leite e froita", o cal aposta por merendas saudables das nosas nenas e nenos.
Proba disto é que durante esta semana comezaremos a consumir ditos produtos (de xeito voluntario) nos recreos. Nesta quenda comezamos coa leite.


xoves, 9 de xaneiro de 2020

REGALOS DE REIS

No cole tamén escribimos a carta ás súas maxestades de Oriente e, como as nenas e nenos deste centro son moi boíños/as, algo deixaron.

A sorpresa foi maiúscula cando entramos na fila, sempre moi ordenados e baixo vixiancia dos nosos/as policías particulares, e atopamos unha serie de presentes enriba dunha mesa. Había para todas as clases: xogos de mesa, cartas educativas, patinetes e bicis para os recreos etc

Ademais, levamos outra sorpresa: as portas do piso de arriba, ximnasio e patio estaban pintadas de cores moi chulas! Iso si, aquí temos que dar as grazas ao Concello de Moeche, xa que foron eles os que pediron na súa carta este regalo...

Aquí tedes unhas fotos que representan a ilusión deste fermoso día de volta!










O APALPADOR

Coma todos os anos, na última semana do ano temos unha lectura moi especial na biblioteca. O Apalpador sempre é lectura obrigada, o ano pasado foi Sergio (5 anos) o encargado de elexir conto para este Nadal.
"O Apalpador e as castañas máxicas" foi elección do compañeiro, e os encargados/as de lelo serían o grupo de 5º e 6º. Unha fermosa historia, acompañada dunha produción visual na pantalla encandilou a mestras e alumnado, sendo un acto introdutorio a toda a festa de Nadal.
Actividade dentro de Biblioteca Solidaria.




venres, 3 de xaneiro de 2020

COMO UN ALLO: EXPERIENCIA E PREMIO

Neste Nadal tivemos a oportunidade de ver a cinco dos nos@s alumn@s participar na edición infantil de "Como un allo" da Televisión de Galicia. Cando nos propuxeron asistir como centro fíxonos moita ilusión xa que é un prestixio para nós poder representar a Moeche ante toda Galicia.

Cinco foron as valentes que aceptaron concursar no programa de sobremesa. A medida que se achegaba o día comezaron os nervios e as dúbidas "É en directo?" "Que pasa se fallamos?". Primeira e única norma: imos a pasalo ben, nada máis.

Unha vez en Santiago, alucinados/as coa TVG, pasamos á sala de espera, onde tiñamos una tele para ir vendo aos nosos compis mentres esperabamos a nosa quenda. Foron moitas horas de gravación, risas, coñecer novos amig@s doutros coles e moitos nervios. Pero alí estabamos todos xuntos para apoiarnos uns aos outros e facendo piña! Cómpre dicir que nos trataron fenomenal, todo o equipo da TVG e, en especial, Bernardo, Jorge e María, que sempre estiveron entrando e saíndo para tranquilizar aos rapaces, felicitando todas as súas actuacións, sacando fotos, firmando libros etc. GRAZAS.

Antón, Aroa, Zeltia, Carlos e Tomás fixeron un gran papel, deixando o nome do cole por todo o alto. Non era tarefa fácil xa o simple feito de sentarse aí diante da cámara, só con iso xa eran gañadores/as. Pero aínda por riba, fixeron moitos puntos, o que levou ao noso centro ser o gañador desta edición do concurso, tendo, ademais dos premios individuas para os participantes, un agasallo especial que disfrutaremos todo o cole (600€, que quedan exactamente en 526€, para gastar en material escolar), porque esto gañámolo todos/as: os 5 valentes e o resto, que desde as súas casas deron os folgos necesarios para que todo fora xenial! GRAZAS