Neste Nadal tivemos a oportunidade de ver a cinco dos nos@s alumn@s participar na edición infantil de "Como un allo" da Televisión de Galicia. Cando nos propuxeron asistir como centro fíxonos moita ilusión xa que é un prestixio para nós poder representar a Moeche ante toda Galicia.
Cinco foron as valentes que aceptaron concursar no programa de sobremesa. A medida que se achegaba o día comezaron os nervios e as dúbidas "É en directo?" "Que pasa se fallamos?". Primeira e única norma: imos a pasalo ben, nada máis.
Unha vez en Santiago, alucinados/as coa TVG, pasamos á sala de espera, onde tiñamos una tele para ir vendo aos nosos compis mentres esperabamos a nosa quenda. Foron moitas horas de gravación, risas, coñecer novos amig@s doutros coles e moitos nervios. Pero alí estabamos todos xuntos para apoiarnos uns aos outros e facendo piña! Cómpre dicir que nos trataron fenomenal, todo o equipo da TVG e, en especial, Bernardo, Jorge e María, que sempre estiveron entrando e saíndo para tranquilizar aos rapaces, felicitando todas as súas actuacións, sacando fotos, firmando libros etc. GRAZAS.
Antón, Aroa, Zeltia, Carlos e Tomás fixeron un gran papel, deixando o nome do cole por todo o alto. Non era tarefa fácil xa o simple feito de sentarse aí diante da cámara, só con iso xa eran gañadores/as. Pero aínda por riba, fixeron moitos puntos, o que levou ao noso centro ser o gañador desta edición do concurso, tendo, ademais dos premios individuas para os participantes, un agasallo especial que disfrutaremos todo o cole (600€, que quedan exactamente en 526€, para gastar en material escolar), porque esto gañámolo todos/as: os 5 valentes e o resto, que desde as súas casas deron os folgos necesarios para que todo fora xenial! GRAZAS
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Parabéns, meus nenos!!!! Foi marabilloso tervos alí e gozar do bo ambiente que se creou na sala, todos xuntos, coma un equipo só, de tres coles unidos polas ganas de pasalo ben e axudarvos uns a outros. Quedamos encantados coa vosa visita. Oxalá repitamos axiña. Mil bicos!!
ResponderEliminarMoitísimas grazas María!
ResponderEliminarQuedamos encantados co trato recibido pola vosa parte, fostedes uns grans anfitrións para os tres coles, colaborando nese obxectivo principal: pasalo ben.
Con ganas de repetir!
Unha aperta grande de toda a comunidade educativa...