martes, 28 de xaneiro de 2020

"METEOMOECHE"

A meteoroloxía é algo que nos acompaña no día a día, que de xeito inconsciente condiciona dende o noso xeito de vestir, ata as actividades polas que nos decantamos. Por este, e por moitos outros motivos, que consideramos de proveito para o alumnado, decidimos comezar cun pequeno proxecto no que traballaremos diferentes aspectos meteorolóxicos. 

O primeiro paso foi a posta en marcha da estación meteorolóxica do centro, logo acudimos a recibir unha pequena formación á sede de Meteogalicia en Santiago de Compostela, coa que imos colaborar ao longo do curso. Deste xeito, a actividade coa que iniciamos a nosa andaina meteorolóxica e na que participamos todo o alumnado do centro, é o rexistro meteorolóxico común que instalamos ao lado da porta de entrada ao centro. Cada día da semana acudirá unha aula diferente a facer o rexistro, de xeito que a final de mes podamos facer recontos, así como comparacións ao longo dos meses. 

Con estas tarefas non só estaremos levando a cabo unha actividade significativa para os nenos e nenas, senón que estaremos traballando as matemáticas, as ciencias naturais, a linguaxe, a música, etc.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.