luns, 4 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

Un ano máis celebramos o tradicional Entroido en compaña de toda a comunidade educativa. A festa xa comenzaba días atrás cos mandatos de Tobías, Meco deste ano. Tivemos que levar peluches, zapatillas, bata e ata un pixama ao cole!

Xa o venres comezamos con un pequeno pasarrúas polas rúas de Moeche, chegando ao concello, onde nos esperaban cos brazos abertos para escoitar a nosa samba e sacar unha foto tod@s xunt@s. Tras isto volvimos ao colexio para repoñer forzas cos deliciosos doces que aportaron as familias e xogar un pouco no recreo.

Ao rematar a merendola, a profe de Hip- Hop puxo a bailar ás súas alumnas un estupendo baile que deixou ao público coa boca aberta!

Era tempo de desfilar para ensinar as nosas mellores galas. En primeiro lugar os bonequiños de LEGO das diferentes aulas, que realizaron un xenial desfile. Posteriormente era a quenda dos familiares, que nunca defraudan. Neste último resultaron premiados catro disfraces:

- ORIXINAL: Natación desincronizada.
- SIMPÁTICA: Señora Paca e a súa galiña.
- ENXEBRE: GA-LEGO.
- CREATIVA: "La periódicos"

Acto seguido lemos as coplas ao Meco. Foron moitas moi boas, pero levaron un pequeno recoñecemento Asier, de 6º de primaria e a familia de Efrén, de infantil.

Co testamento na man, eran os nenos e nenas de 3º e 4º quenes tiñan que recitar as últimas peticións de Tobías, o cal foi queimado para finalizar esta fermosa festa.

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa por colaborar neste Entroido e vir a pasalo ben con nós, especialmente a todos aqueles avós e avoas que se achegaron a compartir este encontro interxeracional...

Deixamos fotos e vídeos:

CLIC PARA VER FOTOS














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.