venres, 29 de marzo de 2019

EXCURSIÓN A FENE

A semana comezaba con forza xa que a primeira hora da mañá montabamos no autobús rumbo a Fene. Alí disfrutamos dunha mañá do máis completa no Museo do Humor, onde ademais de rirnos moito aprendimos sobre diferentes autores/as a través da súa obra.

A segunda parte da xornada foi unha clase teórico - práctica de Educación Viaria no Parque de Educación Viaria de Barallobre, lugar no cal quedaron abraiados do noso coñecemento sobre a temática, e é que somos todos uns expertos/as.

Aquí algunha foto da saída:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.