QUEN É ISA?
Na anterior publicación falamos dos cambios que fixemos na Ludoteca, espazo que levamos xa anos utilizando... e que necesitaba dunha mascota, para facer compañía a Modestina.
As nenas e nenos voluntarios na biblioteca pediron a todo o alumnado que propuxesen animais. Con todos os animais fíxose unha votación durante o recreo, un proceso electoral como o que fan os maiores... no que participaron mestr@as e alumnado, e así apareceu elexido como mascota o OURIZO.
O nome, xa o tiñamos, Isa, en honor á creadora da ludoteca; a nosa excompañeira Isabel.
Logo de varios días facendo debuxos, seleccionamos o máis creativo, orixinal...
Deixamos unha imaxes para mostrarvos o que aconteceu estes días no noso cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.