mércores, 19 de decembro de 2018



  AGASALLOS,  AGASALLOS... que podemos pedir nas cartas a:
    
         PAPÁ NOEL,   O  APALPADOR   OU   OS REIS MAGOS??


Dende a Biblioteca e o Equipo de Dinaminzación da Lingua Galega achegamos unha idea:

     UN  LIBRO!!   ou  DOUS!!   ou...  bueno  cadaquén que pida a ver que pasa, pero...

estamos moi seguros que diversión, aventuras, ilusións, fantasías... viviredes!!

Aquí vos deixamos a guía de Nadal con libros variados para todas as idades!!

A  DISFRUTAR!!





martes, 18 de decembro de 2018

FESTIVAL DE NADAL

Un ano maís xa estamos no nadal e, como non podía ser doutro xeito,  celebraremos o noso tradicional festival ao que estades todos e todas convidados.
Haberá coma sempre un pouco de todo: cancións, bailes, obras de teatro, sorteos, ....


ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA PARA DISFRUTAR TODOS XUNTOS.

sábado, 15 de decembro de 2018

TRÁILER "HOXE NA CLASE"


Como xa é tradicional nestas datas, o grupo de 5º e 6º quere darvos un pequeno adianto do que relizará no festival de Nadal. Trátase dunha obra de teatro titulada "Hoxe na clase", que estamos seguros que non deixará títere con cabeza!!!

Entrade na nosa canle Youtube e mirade o vídeo!!!


xoves, 13 de decembro de 2018

ACTIVIDADE CO ESCORNABOT


Aquí podedes ver un vídeo cunha actividade empregando os escornabots. Nesta ocacións son os alumn@s de 3º curso de educación primaria, pero, en breve, subiremos con máis cursos.


mércores, 12 de decembro de 2018

PROGRAMACIÓN CON ROBOMAKER

A través da clase de Plástica e sendo parte tamén do noso programa de Bibliotecas Creativas, o alumnado de 5º e 6º iniciouse na construción e programación dun robot con Robomaker Explorer. Primeiro tiveron que montalo peza a peza, ensinarlle os movementos básicos e despois aprender un pouco de programación con bloques para facer que o robot obedeza ordes. Pero mellor que contalo, velo nun vídeo:

VÍDEO ROBOMAKER

martes, 11 de decembro de 2018

CONSELLOS PARA AFORRAR ENERXÍA

Achegámonos a unhas datas de compartir tempo coa familia na casa, así que, ademais de disfrutar en familia é bo ter en conta unha serie de consellos para aforrar enerxía. Os nosos compis de 5º curso fixeron un documento para explicalos. Podes descargarlo no seguinte enlace:

CONSELLOS

mércores, 5 de decembro de 2018

SIMULACRO DE INCENDIO

O pasado martes foi un día un tanto especial, xa que despois do recreo soou a sirena en tres ocasións. Os nosos peques, conscientes da situación, comezaron a realizar a evacuación de emerxencia para a cal están xa preparados. Nun tempo récord estábamos no punto de seguridade, establecido na pista polideportiva.

Os bombeiros e a Garda Civil chegaron para rescatarnos e realizaron as manobras necesarias para apagar o lume...

TRANQUILIDADE... foi todo un simulacro, pero estamos contentos da actuación dos nenos/as, xa que seguiron as normas ao pé da letra.

Para festexar dita actuación temos que agradecer moito ao GES Ortigueira e á Garda Civil que nos deixaron subir aos seus vehículos, tocar as sirenas, falar polos megáfonos e incluso usar a mangueira!!!

Pincha abaixo para ver as fotografías:

FOTOS SIMULACRO

venres, 30 de novembro de 2018

KICK BOXING NA ESCOLA

Esta semana tivemos a oportunidade de disfrutar dunha visita especial na hora de Educación Física, xa que o clube de Kick Boxing de San Sadurniño pasou con nós un anaco para ensinarnos moito sobre este deporte. Pasámolo moi ben!!!

Mirade este vídeo resumo...


CHARLA COA FARMACÉUTICA

A nosa biblioteca, dentro do programa "Bibliotecas solidarias", en conxunto co COLEF e o concello local, fixo posible que os nosos peques tiveran unha agradable sesión coa farmacéutica modestina Begoña. Na mesma aprendemos moitas cousas sobre hábitos de vida saudables, como comer san, a importancia dunha boa hixiene, exercicio físico, descando adecuado...

MOITAS GRAZAS BEGOÑA!!!

Fotos:

FOTOS CHARLA

25-N, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Outro ano máis toca traballar co alumnado sobre este tema, educar aos nenos e nenas de Moeche para acabar con esta lacra. Para iso, ademais de traballar nas aulas cos mestres/as, o programa de Bibliotecas solidarias acolleu de boa gana a proposta do concello de participar no concurso de lemas sobre a temática. Son moito anos xa e todas e todos fixérono xenial , pero, coma sempre, hai algún que destaca sobre os demais. Este curso, o cadro de honra do concurso quedou:

1.- BEA, de 5º de primaria.
2.- CRISTIAN PAZOS, de 4º de primaria.
3.- CRISTIAN FRAGUELA, de 6º de primaria.


NORABOA A TOD@S @S PARTICIPANTES!!!

Velaquí tedes unha galería de fotos:

FOTOS


martes, 20 de novembro de 2018

20-N

Para conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia levamos a cabo unha serie de actividades relacionadas co tema. Para comezar, en colaboración co Concello de Moeche e UNICEF, iniciamos unha actividade para tratar de traballar o tema dos diferentes tipos de violencia que se poden dar en situacións cotiás da vida dos nenos/as.

En primeiro lugar un malvado virus chamado "Catro Patas" chegou ao noso cole cunha serie de comportamentos inadecuados, polo que non podíamos permitir que se quedase para sempre en terras modestinas. Rapidamente, deseñamos unha serie de compoñentes para unha vacina que permitise vivir en paz. Por tanto, para solventar as pelexas creamos abrazos. Xogar todos/as xuntos/as para evitar o illamento ou xogos no canto de enfados.

Con eses compoñentes era visto que que a vacina "pazmodestina" ía acabar con Catro Patas, creando un novo espazo de Paz, Solidaridade e Compañeirismo.

Asemade, en colaboración do ENDL e dentro do Plan de Bibliotecas Solidarias tamén contamos un conto que nos fixo entender cal é a orixe dos diferentes ataques de "bullying". A través de Susana e Ana comprendimos o valor da empatía nestes casos, ademais da necesidade de axuda.

Un corto de Pixar titulado "Lou" e unhas preguntas sobre os temas tratados elaboradas polo alumnado foron outras das actividades.

O prato forte foi a posta en común de todo o traballo e a vacinación do alumnado do San Ramón, xunto coa lectura do manifesto dentro do Pleno Infantil ao que fomos convidados polo Concello de Moeche foron a guinda do pastel para rematar este traballo, que esperemos creara unha aprendizaxe positiva na rapazada de Moeche.

NA SEGUINTE GALERÍA PODEDES VER TODO O PROCESO DOCUMENTO CON FOTOGRAFÍAS:

FOTOS

venres, 16 de novembro de 2018

CONTACONTOS CRISTIAN E ASIER

Seguimos con contacontos, nesta ocasión foron dous dos nosos Históricos 3.0, Cristian e Asier, que quixeron sorprender aos compis de infantil cunha lectura conxunta do "Libro parlanchín del mono". Deixamos enlace á canle dos Históric@s!


ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

A biblioteca de Modestina está que non para. Durante estes días houbo moito movemento e proba diso son o contacontos de "A casa encantada" que realizaron o grupo de 3º e 4º. Fixérono coa xa famosa técnica no noso centro do Kamishibai, elaborando eles todo o material. Aquí deixamos algunhas fotiños...




martes, 13 de novembro de 2018


Montaxe dos Escornabots polo profesorado do centro (Bibliotecas Creativas)ESCORNABOT BRIVOI
A Biblio Solidaria segue moi activa este curso, e para a súa presentación a todo o alumnado do colexio, os voluntarios de 5º e 6º de educación primaria, foron polas aulas a contarnos o conto:

"OS  BOLECHAS: APRENDEN A SER PERSOAS VOLUNTARIAS"

Deixamos un pequeno vídeo onde podedes escoitar un pouco o contido do libro e algunhas explicacións sobre as tarefas que levan a cabo os voluntarios. Esperemos que vos guste!!

venres, 9 de novembro de 2018

CHARLA SOBRE SEGURIDADE EN INTERNET

O grupo de 5º e 6º tivo este luns a oportunidade de aprender un pouco sobre seguridade en Internet da man dun enxeñeiro informático, Alberto Botana, compartiu uns minutos coa rapazada para explicar cousas importantes sobre unha navegación segura, utilización de contas, contrasinais etc


CHISTES DE HIPÉRBOLES (by Históric@s 3.0)

Na clase de Lengua Castellana dos Históricos 3.0 tocaba tratar o tema da hipérbole, unha boa maneira de traballala é cunha tipoloxía de chistes moi coñecida por todos/as. E, por suposto, os Históricos 3.0 non quixeron perder a ocasión de botar unhas boas risas. Eles/as queren compartir con tod@s vós as súas experiencias na súa canle Youtube. Dentro vídeo!!!


mércores, 31 de outubro de 2018

FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO

Outro ano máis celebramos coa comunidade educativa a festa conxunta de Samaín e Magosto. O día comezaba con todo o cole agrupado na aula de infantil para visionar a película "Coco" coa cal emocionámonos e coñecimos moitas cousas sobre a orixe da noite dos mortos noutras culturas.
Acto seguido, como a fame xa apretaba, convidamos a entrar a todas as nosas familias e comemos unha boa merenda de castañas e leite.
O prato forte do día chegaba coa tradicional decoración de cabazas en familia. O traballo, coma sempre foi espectacular. Pero, algún premio había que dar, e as cabazas que máis chamaron a atención do esixente xurado foron:

- PREMIO DIVERTIDA: Laura Rodríguez 3º
- PREMIO ORIXINAL: Alberto 3º
- PREMIO TERRORÍFICA: Javi 2º
- PREMIO ENXEBRE: Bea 5º

Aproveitamos a ocasión para entregar tamén os premios do concurso de decoración de catrinas promovido pola biblioteca do centro, sendo premiadas as catrinas de Óscar, Carlos Beceiro e, de novo, Javier.

Pasamos unha mañá moi entretida e por iso queremos dar as grazas ás familias por colaborar, unha vez máis, con nós para pasar un día xenial.

NO ENLACE DE ABAIXO PODEDES VER UNHA GALERÍA FOTOGRÁFICA:

FOTOS DA FESTA

luns, 29 de outubro de 2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ACTA PROCLAMACIÓN CANDIDATOS CONSELLO ESCOLAR PAX.1

PROCLAMACIÓN CANDIDATOS PAX. 2





Nestes enlaces podedes consultar:
CENSO( de existir algún erro, podedes notificalo no centro)
AVISO SORTEO MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

CENSO
ACTA SORTEO XUNTA ELECTORAL

CONVOCATORIA PAIS NAIS 

MODELO CANDIDATURA PAIS NAIS (Este modelo tamén se pode solicitar na Secretaría do centro)


RELACIÓN CANDIDATURA

CIRCULAR INFORMATIVA VOTACIÓN

AS VOTACIÓNS TERÁN LUGAR O DÍA 27 DE NOVEMBRO MARTES, DE 9:30 HORAS AS 15:00 HORAS.

domingo, 28 de outubro de 2018

ACTIVIDADES DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas con diferentes actividades:
- Os máis pequenos da casa tiveron a oportunidade de viaxar a Narón para disfrutar dunha obra de teatro: "A galiña azul".
- Por outra banda, os de 1º e 2º, quedaron na biblioteca de Modestina para realizar actividades sobre o libro "A casa dos soños".
- E os máis maiores foron convidados á biblioteca do concello para disfrutar de "A ciencia de Harry Potter"

FOTOS

venres, 26 de outubro de 2018

PRESENTACIÓN CANLE YOUTUBE

O grupo de 5º e 6º, máis coñecidos como "Históric@s 3.0" estrean hoxe a súa canle Youtube. Na mesma subirán vídeos sempre relacionado co contido educativo que están a traballar e co obxectivo de axudar a todas aquelas persoas que queiran aprender con eles/as. Este é o seu vídeo de presentación, subscríbete á canle para ver en primicia todas as súas publicacións.



P.D. Xa estamos cociñando o segundo vídeo, vai sobre mates divertidas...

mércores, 24 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS!!




Durante estes días faremos variadas actividades. Subiremos fotos, videos...




INICIA UN NOVO CURSO


CURSO 2018-2019
Ola a tod@s!!
Un novo curso,  novas experiencias na Biblioteca!!

Como anos anteriores na biblio poderás atopar un motón de libros interesantes, algúns xa novos, pois xa chegaron novidades; e tamén novos espazos que poderedes ir descubrindo ao longo do curso.

Un deles xa está iniciado: As noticias!!  Achégate e Refréscate!!  Neste espazo podes coller un xornal e ler algunha noticia que che interese.

Tamén está iniciado e a punto de rematar o concurso de Catrinas de Samaín así como as frases que dan medo, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística!!

Pasa pola Biblio... e Sorpréndete!!


domingo, 21 de outubro de 2018

CONCURSO SAMAÍN

O Samaín está a chegar e a biblioteca xa anda a traballar...

E é que a nosa Modestina non para, nesta ocasión pensou nunha nova actividade consistente en decorar cada neno/a a súa propia Catrina. A nosa tartaruga deixou enriba dunha mesa o aviso de que podían comezar a decorar e os peques xa están a dalo todo!!!

Xa sabedes, a poñela bonita (ou tenebrosa...)

Algunhas fotos:





xoves, 11 de outubro de 2018

CURSO DE INTERESE PARA TODOS OS PAIS/NAIS

Título da actividade: Atención a urxencias sanitarias para familias

Obxectivos:
1-Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería
2.Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa

Contidos:
1.Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.
2.Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo

Prazas 30
Profesorado: persoal do 061
Horas da actividade: 9 horas

Destinatarios: Nais e pais de alumnados do centro.

As persoas interesadas en realizar a actividade formativa, deberán poñerse en contacto co CFR de Ferrol e dar os seus datos ao teléfono:

981370541

mércores, 3 de outubro de 2018

ROUPA ESQUECIDA NO CENTRO

Como xa temos unha boa cantidade de prendas de roupa esquecidas, poñemos aquí as imaxes para que poidades comprobar se vos falta algo e pasar a recollelo.






martes, 18 de setembro de 2018

RECOLLIDA DE ROUPA GLOBAL HUMANITARIA

Como xa vimos facendo en cada estación do ano, comezamos coa recollida de roupa  colaborando con Global Humanitaria.
A recollida terá lugar o xoves 4 de outubro
 

luns, 16 de xullo de 2018

EDIXGAL

O centro foi admitido dentro do programa EDIXGAL nos cursos de 5º e 6º de primaria.

Informámoslle que, segundo o establecido no artigo 1º.2 da Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19 (DOG do 21 de maio):

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos na orde.

Así pois, quedan sen efectos todas as actuacións relacionadas co fondo solidario de libros de texto nos cursos en que o centro se incorpore a E-Dixgal.

martes, 10 de xullo de 2018

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS CURSO 2018-2019

Poden ver as listaxes definitivas do programa de fondo libros para o curso 2018-2019 no seguinte vínculo Listaxe definitivo.

Lembrar que a entrega de libros terá lugar no mes de setembro na 1ª reunión que convoquen os titores/as. Os libros deben ser forrados con plástico NON adhesivo e o nome do neno/a deberá poñerse no forro cunha pegatina.

xoves, 5 de xullo de 2018

LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS 2018-2019

Poden consultar neste enlace a listaxe provisional do reparto de fondo libros para o vindeiro curso 2018-2019.
LISTAXES PROVISIONAIS
Para calquera consulta ou reclamación poderán acudir ao centro os días 5 e 6 de xullo en horario de 10:30 - 13:30 horas.

Serán nas listaxes definitivas nas que se fagan constar os libros concretos(por materias) que se entregarán en setembro a cada neno/a.

mércores, 4 de xullo de 2018

VALES DAS AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL


Información sobre a recollida de vales das axudas de libros e material escolar para o curso 2018-2019

RECOLLIDA DE VALES

XA PODEDES RECOLLER OS VALES DE MATEIRAL TODOS OS CURSO.

martes, 3 de xullo de 2018

SOLICITUDE COLABORADOR COMEDOR


Aquelas persoas, membros da comunidade educativa do centro, que desexen colaborar no comedor para o vindeiro curso, deberán entregar cuberto no colexio o seguinte modelo.

MODELO SOLICITUDE COLABORACIÓN COMEDOR

Informar de que poden descargar este modelo e entregalo no centro depositándoo no buzón do colexio. No mes de setembro, a dirección do centro poñerase en contacto con cada un dos solicitantes.

luns, 2 de xullo de 2018

CARBALLO CALERO



Este sábado escóllese quen será o autor escollido para conmemorar o Día das Letras Galegas 2019
    Para rematar o curso que mellor que facelo con obras teatrais, contacontos e cancións...

   Un día calqueira unhas nenas visitan a biblioteca, tiran dun libro dunha balda, e atópanse con que
ademáis de ser divertido, pode servir para argallar unha obra teatral. E así mesmo, e así fixeron, que  se xuntaron, e de guionistas e buscando actores e actrices leváronna a cabo. Grazas tamén á profe Esther por buscar as caroutas... Este foi o resultado!!




Para rematar o curso que mellor que facelo con obras teatrais, contacontos e cancións...

O contacontos estivo a cargo dos alumnos de 3 e 4 anos de educación infantil que durante moitos días, coa axuda da súa profe Nuria, practicaron o conto "A casa de Tomasa". Estivo moi ben, o próximo curso contádenos outro así de chulo e divertido!!






O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, motivados dende a Biblioteca e coa axuda da súa mestra Ana, prepararon un conto no Kamishivai. Estivo xenial!!

xoves, 28 de xuño de 2018



     Na línea de traballo de todo o curso dende a Biblioteca e dende o colexio, o curso de 3º e 4º expoñen a parte de "Pioneiras" co que conclúe esta actividade. Fixeron un momentón de entrevistas ás mulleres traballadoras da contorna, e aquí, no seguinte vídeo podedes escoitar.
     Grazas pola vosa colaboración!!




        Outro ano máis o alumnado colaborou coas ARTES DA BIBLIOTECA, actividade voluntaria
        dende as Mochilas Viaxeiras. Realizáronse moitas e diversas, e tres delas levan un premio,
        seleccionadas por votación entre todos os alumnos e profesorado do colexio.
        Grazas a todos por colaborar!!
        Clica no vídeo e podedes ver todas as que se fixeron!!

         





 
         
           Aquí van unhas imaxes das artes gañadoras!!
          




   Aprender distintas linguas é moi importante, e no noso cole a algo que facemos todos os días!!
   Fai uns días tivemos a visita no noso colexio da Federación de Xordos de Galicia, ensinando ao 
   alumnado Linguaxe de Signos. O alumnado estivo practicando previamente coa especialista  de Audición e Linguaxe, e a todos entusiasmou!!    
   Grazas por estas aprendizaxes e volvede cando queirades!!









    Fai uns días tivemos o pracer de recibir no noso colexio a un grupo de alumnos de ASPANAES.
    A lectura do conto  "Paco Papán", polo alumndo de 5º e 6º, o recorrido polo cole cumprindo as   normas de educación vial (Proxecto de centro), diálogo, xogos... foron actividades que se realizaron para que estes alumnos e os seus mestres se sentisen agusto no noso colexio.
    Grazas por vir e compartir estes momentos connosco...!!