Outro ano máis celebramos coa comunidade educativa a festa conxunta de Samaín e Magosto. O día comezaba con todo o cole agrupado na aula de infantil para visionar a película "Coco" coa cal emocionámonos e coñecimos moitas cousas sobre a orixe da noite dos mortos noutras culturas.
Acto seguido, como a fame xa apretaba, convidamos a entrar a todas as nosas familias e comemos unha boa merenda de castañas e leite.
O prato forte do día chegaba coa tradicional decoración de cabazas en familia. O traballo, coma sempre foi espectacular. Pero, algún premio había que dar, e as cabazas que máis chamaron a atención do esixente xurado foron:
- PREMIO DIVERTIDA: Laura Rodríguez 3º
- PREMIO ORIXINAL: Alberto 3º
- PREMIO TERRORÍFICA: Javi 2º
- PREMIO ENXEBRE: Bea 5º
Aproveitamos a ocasión para entregar tamén os premios do concurso de decoración de catrinas promovido pola biblioteca do centro, sendo premiadas as catrinas de Óscar, Carlos Beceiro e, de novo, Javier.
Pasamos unha mañá moi entretida e por iso queremos dar as grazas ás familias por colaborar, unha vez máis, con nós para pasar un día xenial.
NO ENLACE DE ABAIXO PODEDES VER UNHA GALERÍA FOTOGRÁFICA:
FOTOS DA FESTA
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.