martes, 20 de novembro de 2018

20-N

Para conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia levamos a cabo unha serie de actividades relacionadas co tema. Para comezar, en colaboración co Concello de Moeche e UNICEF, iniciamos unha actividade para tratar de traballar o tema dos diferentes tipos de violencia que se poden dar en situacións cotiás da vida dos nenos/as.

En primeiro lugar un malvado virus chamado "Catro Patas" chegou ao noso cole cunha serie de comportamentos inadecuados, polo que non podíamos permitir que se quedase para sempre en terras modestinas. Rapidamente, deseñamos unha serie de compoñentes para unha vacina que permitise vivir en paz. Por tanto, para solventar as pelexas creamos abrazos. Xogar todos/as xuntos/as para evitar o illamento ou xogos no canto de enfados.

Con eses compoñentes era visto que que a vacina "pazmodestina" ía acabar con Catro Patas, creando un novo espazo de Paz, Solidaridade e Compañeirismo.

Asemade, en colaboración do ENDL e dentro do Plan de Bibliotecas Solidarias tamén contamos un conto que nos fixo entender cal é a orixe dos diferentes ataques de "bullying". A través de Susana e Ana comprendimos o valor da empatía nestes casos, ademais da necesidade de axuda.

Un corto de Pixar titulado "Lou" e unhas preguntas sobre os temas tratados elaboradas polo alumnado foron outras das actividades.

O prato forte foi a posta en común de todo o traballo e a vacinación do alumnado do San Ramón, xunto coa lectura do manifesto dentro do Pleno Infantil ao que fomos convidados polo Concello de Moeche foron a guinda do pastel para rematar este traballo, que esperemos creara unha aprendizaxe positiva na rapazada de Moeche.

NA SEGUINTE GALERÍA PODEDES VER TODO O PROCESO DOCUMENTO CON FOTOGRAFÍAS:

FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.