Para rematar o curso que mellor que facelo con obras teatrais, contacontos e cancións...
O contacontos estivo a cargo dos alumnos de 3 e 4 anos de educación infantil que durante moitos días, coa axuda da súa profe Nuria, practicaron o conto "A casa de Tomasa". Estivo moi ben, o próximo curso contádenos outro así de chulo e divertido!!
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, motivados dende a Biblioteca e coa axuda da súa mestra Ana, prepararon un conto no Kamishivai. Estivo xenial!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.