http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
venres, 25 de febreiro de 2022
ENTROIDO 2022
martes, 22 de febreiro de 2022
Día de Rosalía
No centro traballamos o Día de Rosalía con moita ilusión. Aquí vai un pequeniño resumo.
En primeiro lugar amosamos un gran traballo colaborativo de todas as aulas onde creamos este fermoso mural.
luns, 21 de febreiro de 2022
FEBREIRO EN METEOMOECHE
Pois aquí seguimos recibindo fotos de meteoroloxía. Hoxe imos a falar da lúa do mes de febreiro: chámanlle "lúa de neve" xa que nesta época do ano soen coincidir este fenómeno invernal coa fase da lúa en cuestión. Pois recibimos no correo "meteomoeche@gmail.com" unhas fotos dunha amiga do cole: A PROFE OFELIA!!! Coa súa achega podemos ver como foi esta lúa en Barreiros:
venres, 18 de febreiro de 2022
CHEGA O ENTROIDO!!!
Como xa sabedes entramos nas datas do Entroido e non podemos quedar sen celebralo dunha ou doutra maneira. Tras un ano no que só visitou o cole de xeito virtual volvemos a ter Meco!!! Perdón, Meca. Chámase Sinda e está disposta a facer moitos mandatos moi esixentes durante a próxima semana. E coma sempre, hai que obedecer!!! En caso contrario pode que se enfade e bote algo de fariña.... Xa hai orde para luns!!!
VIVA O ENTROIDO!!!
xoves, 17 de febreiro de 2022
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Xa sabedes que o vindeiro 1 de marzo abre o prazo de admisión nos centros educativos. No CEIP SAN RAMÓN de Moeche estamos desexando ter novos amigos e amigas con quen compartir esta fermosa etapa das súas vidas. Por iso queremos convidarnos a unha xornada de portas abertas o próximo XOVES 24 ÁS 11:30 horas. Na mesma coñeceredes un pouco máis sobre o noso proxecto educativo e verás as nosas instalacións...pero, mellor que contárvolo nós, que volo conten os auténticos protagonistas desta historia: o alumnado. Non vos perdades o podcast que fixeron Alba, Adri, Javi, Bruno e Anxo!!!
Cambio na sobremesa
Debido a un imprevisto, notificamos que a sobremesa deste pasado mércores, queixo con marmelo, cambiarase para o venres 18 de febreiro.
Desculpade as molestias.
luns, 14 de febreiro de 2022
BILLARDA 2022
A billarda é un xogo popular que gusta moito por Moeche. Aproveitando a cesión de material por parte de XOGADE, decidimos poñer en marcha un campionato onde as nenas e nenos participaban dentro dos seus grupos de convivencia nun concurso de lanzamentos de billarda. Ao rematar as súas tiradas, competían en puntos contra alumnado de outras aulas. Todos/as fixérono de marabilla, aínda que temos un cadro de honra!!!
venres, 11 de febreiro de 2022
COÑECE O NOSO COLE!!!
O vindeiro 1 de marzo comeza o período de admisión de alumnado de cara o curso 2022-23. Se queredes formar parte desta pequena gran familia e vivir de cerca un proceso de ensinanza-aprendizaxe de calidade non dúbides en vir ao CEIP SAN RAMÓN. Infórmate no teléfono e comparte para que poida chegar a todo o mundo!!!
ADMISIÓN CURSO 2022-2023
- Presentación solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo
A entrega das solicitudes debe facerse sempre con "Cita Previa" a través o correo electrónico do centro ou mediante chamada telefónica
Correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es
Telefóno: 881930329/30
xoves, 10 de febreiro de 2022
METEOMOECHE!!!
Con esta instantánea da profe Alba, na Malata, damos comezo ás achegas de febreiro!
Coma sempre, podedes seguir enviando fotos a "meteomoeche@gmail.com"
martes, 1 de febreiro de 2022
DÍA DA PAZ 2022
Este ano, para celebrar o Día da Paz, ademais de traballar a temática en todas as aulas como ven sendo habitual, fixemos unha actividade moi especial. Apareceu no cole unha gran pomba xigante que traia unha bolsa enorme no seu peteiro. Nela metimos un montón de noticias que levamos vendo tempo nos xornais e que non nos gustaron nada de nada. Metímolas alí para que as levara ben lonxe e a partir de agora só veñan boas novas!!!
Da mesma maneira, en colaboración con UNICEF, fixemos uns trols para a a paz. Trátase dunha creación onde as nenas e nenos realizaron un boneco (trol) con diferentes materiais. O obxectivo era transmitir emocións cos mesmos, axudándoos a comprender o que lles sucedía no seu corpo e a saber xestionalo. Así puidemos ver como o alumnado botou unha boa man a estes pequenos seres deixándose levar pola súa creatividade para expresar como se pode identificar a alegría, tristeza, ira, o amor...