sábado, 30 de xaneiro de 2021

NOVAS FOTOS PARA METEOMOECHE!!!

 Hoxe, día no que a borrasca Justine está a facer das súas, seguen chegando novas fotos sobre meteoroloxía ao noso correo "meteomoeche@gmail.com" das familias. Nesta ocasión imos ensinarvos un par delas:


A nosa amiga Noa Martínez (3º primaria) quere mostrarnos como se está a complicar o día desde a súa casa, por que é que as nubes tornan desa cor? Será que vai chover?


A segunda foto achégaa Asier (6º EI). O noso amigo preguntoulle ao seu pai por que parecía que as nubes estaban tan cerca. O seu papi aproveitou para contarlle a razón, explicándolle o que é o orballo: " cando as nubes están moi pretiño da terra e están moi cargadas de humidade, cae unha chubieira moi fina". 

Grazas a Asier pola súa curiosidade e a Fran pola explicación que nos achegou por correo



Permanecede atent@s amiguetes meteorólogos/as, pois en vindeiras semanas recibiremos unha visita moi especial no centro!!!


LEMBRADE QUE PODEDES SEGUIR ENVIÁNDONOS FOTOS A "meteomoeche@gmail.com".

ENSINÁDEVOS CHUVIAS, ARCOS DA VELLA, XEADAS... OU CALQUERA OUTRO FENÓMENO QUE VOS CHAME A ATENCIÓN

mércores, 27 de xaneiro de 2021

Actividade "A cultura Castrexa" Parque arqueolóxico

 O vindeiro 23 de febreiro temos programada una actividade para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria sobre a cultura castrexa. Sera impartida por dous monitores do parque arqueolóxido de Lansbrica. Por suposto realizarase mantendo en todo momento os grupos estables e as medidas de seguiridade recollidas no protocolo do centro.        



É preciso que todos aqueles que desexen saír nas publicacións posteriores editadas por dito parque, asinedes o consentimento que aparece máis abaixo

Podedes cubrilo directamente no ordenador e envialo ao centro ao correo electrónico ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es, indicando no asunto "Consentimento + nome do alumn@"

Autorización actividade

xoves, 21 de xaneiro de 2021

ACTUALIDADE MODESTINA NÚMERO 17

 Pois xa van 17 edicións do mellor xornal de toda a volta, elaborado polos nenos e nenas de 5º e 6º: Históric@s 5.0!!!

Moitas risas aseguradas con esta edición!!!


martes, 19 de xaneiro de 2021

PEQUENOS PASIÑOS NO PROXECTO DE METEOMOECHE!!!

 Seguimos avanzando co proxecto de MeteoMoeche traballando na escola a medición de datos da nosa estación meteorolóxica, facendo observacións de tempo e clima, intentando "comprender" a Filomena...

Pero tamén sodes varias familias as que estades a enviar algún aporte desde a casa, vexamos algunhas delas:

PAULA E CARLOS DESFRUTARON DA NEVE E ATA FIXERON UN BONECO. SEGURO QUE COMPROBARON "IN SITU" ESE TIPO DE PRECIPITACIÓN QUE TANTO NOS GUSTA: A NEVE






OS IRMÁNS ADRIÁN E MARTÍN QUIXERON MOSTRARNOS QUE É O QUE PASA CANDO CHOVE E SAE O SOL... AQUÍ TEDES DÚAS CAPTURAS DE ARCOS DA VELLA




E POR ÚLTIMO, A NOSA QUERIDA PROFE OFELIA SACOU AS SÚAS DOTES DE FOTÓGRAFA PARA SORPRENDER CUNHAS FERMOSAS PAISAXES!!!





LEMBRADE QUE PODEDES SEGUIR ENVIANDO AS VOSAS FOTOS DOS FENÓMENOS METEREOLÓXICOS OU INCLUSO CONSTRUÍR A VOSA PROPIA ESTACIÓN AO CORREO:

meteomoeche@gmail.com

Tedes máis información sobre isto en:



martes, 12 de xaneiro de 2021

AVANZANDO NO PLAN PROXECTA DE EDUCACIÓN VIARIA

 Pois xa están chegando algúns traballos das primeiras familias que se animan a colaborar no Plan Proxecta de Educación Viaria do centro.


CIDADE CREADA POR PAULA E CARLOS CON MOITOS DETALLES


DEBUXO DE NOA MARTÍNEZ (cun gran consello)



MONTAXE ELABORADA POR NOA MARTÍNEZ


ADRIÁN ENSINA CO SEU DEBUXO UNHA SINAL DE PROHIBICIÓN


MARTÍN FIXO O SEU PROPIO SINAL E DIRIXE O PASO AOS VEHÍCULOS


PODEDES SEGUIR ENVIANDO PROPOSTAS A:

eduviariamoeche@gmail.com

sábado, 9 de xaneiro de 2021

OBRADOIRO DE RADIO NA ESCOLA

 No pasado mes de decembro tivemos unha xornada moi especial. Como xa sabedes, a biblioteca escolar recibiu varios premios nos últimos anos, entre eles está o selo e a categoría de Voluntariado "A". A través da mesma, as nenas e nenos participantes como voluntarios/as recibiron un agasallo económico que puideron canxear por un obradoiro moi interesante: radio escolar.

Para iso contamos cuns profesionais que viñeron con todo un equipo técnico e ensináronnos a montalo e manexalo, ademais dos aspectos básicos para a gravación dun programa de radio. Pasámolo xenial e o noso traballo queda reflexado en dous programas que fixeron 5º e 6º respectivamente.

PROGRAMA 1:



PROGRAMA 2:



Da mesma maneira queremos que vexades unhas fotos onde se ve que somos expertos en crear e dirixir un programa, así como todo o relacionado coa técnica de son!













venres, 8 de xaneiro de 2021

CHEGARON OS REIS MAGOS AO CEIP SAN RAMON

 Queridas familias: 

Hoxe levamos unha gran sorpresa todos e todas no colexio porque, un ano máis, pasaron os Reis Magos a traer regaliños. Ao parecer, como nos portamos tan ben, viñeron ata Moeche e pararon no colexio para que o comezo do 2º trimestre fora cheo de ledicia e moita enerxía para afrontalo.

Así de ben o pasamos

 


















GRACIAS REIS MAGOS!!!

xoves, 7 de xaneiro de 2021

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

·         O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

·         A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

o    ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

o    ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

o    ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

o    DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.