xoves, 31 de xaneiro de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ NO CENTRO

O pasado 30 de xaneiro celebrábase o Día da Paz escolar, polo que tivemos unha serie de actividades no cole. Xa comezamos o día anterior cunha representación teatral do conto "Linda, á espreita". Esta non foi unha representación calquera xa que foi un grupo de alumnas/os os que se encargaron de todo: desde a escritura e adaptación do guión ata a selección de personaxes e ensaios da obra. O resultado foi espectacular e xa están argallando a seguinte produción!!!

FOTOS "LINDA, Á ESPREITA"

Clic para ver vídeo


O día 30 continuamos con actividades realizadas na biblioteca do centro, que segue a tope cos seus proxectos de Bibliotecas solidarias e Bibliotecas inclusivas. En primeiro lugar, cada grupo traballou cos seus mestres a paz a través de cancións en galego que os alumnos/as recitaron e logo cantaron. Nestes vídeos tedes proba diso:

- Infantil sorprendeunos coa Danza da Paz de Mamá Cabra:



- Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron recitado e canción de "Amiguiños todos", de Neira Vilas.
 

- O grupo de 3º e 4º fixeron "Campás pola Paz", do grupo Migallas:



- Os nenos e neas de 5º e 6º optaron por TOC, TOC, de Pablo Díaz. Tamén elaboraron a súa propia poesía da paz e leron un conto sobre a temática realizado polo seu compañeiro Tomás:









- Por último, todo o cole cantamos "Imagine", na versión de Elthon John, axudados por Mr Ivan:



Ao final das actuacións, pasamos ao patio cuberto para acabar de realizar o noso particular MURO DA PAZ, comezado na aula de Plástica. Cada neno/a tiña que poñer dous ladrillos para construílo, ademais de colaborar "ofrecendo" as súas dúas mans. Deste xeito, unidos entre tod@s, construímos a PAZ:

FOTOS MURO

E isto non acaba aquí...

Quédanos pendente por realizar a andaina solidaria mediante a cal, en colaboración co concello, intentaremos facer unha recadación da alimentos para doar á cociña económica de Ferrol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.