xoves, 31 de outubro de 2013

FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN


Eran as 9:15 da mañá, o Señor Lorenzo estaba a portarse bastante ben, todo indicaba que podería ser un bo día, e así foi.
Os nenos xa comezaban a entrar, algúns disfrazados, que aproveitaban para asustar aos seus compañeiros/as. Todo estaba preparado, tan so entrar, calmar os nervios e...para a COVA DO SAMAÍN!!! Un ano máis nos esperaban na biblioteca os seres máis fantásticos para tratar de asustarnos. Unha "terrorífica" bruxa contaba dous contos, un para Infantil e outro para Primaria, non sen antes atravesan o perigoso "Túnel do Terror".
Acto seguido precisabamos un pequeno recreo para descansar de tanto medo e prepararnos para o seguinte... tocaba traballar!
As familias foron entrando no centro, cargad@s coas cabazas e os materiais. Tras unha dura hora de traballo xa quedaba feita. Tenebrosas, simpáticas, enxebres e orixinais. Había de todo!!! O xurado o tiña moi difícil. E, claro está, as máis elaboradas recibiron un pequeno agasallo.
Máis entregas de premios, agora tocáballe ós máis terroríficos contos e debuxos de medo que os máis valentes se atreveron a contar e debuxar, todos eles estupendos!
Agora si, xa non podíamos máis, tanto traballar e pasar medo ben tiña merecido as tradicionais castañas do Magosto e as, xa tamén tradicionais neste centro, empanadas e pastelóns. Co bandullo cheo foi cando nos despedimos non se antes dicirnos...ATA OUTRA!!!

Dende o centro queremos agradecer a TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA pola sú labor neste día tan fermoso.

Saúdos.

Os mestres do CEIP San Ramón de Moeche.


Podes ver todas as fotos do día no seguite enlace:  https://picasaweb.google.com/105786060229737571282/FESTASAMAIN2013

martes, 29 de outubro de 2013

SAMAÍN E MAGOSTO

Fixemos o noso particular recuncho adicado ao Samaín. Aquí aparecen algunhas fotos para que vexades o noso traballo. Espero que vos gusten as nosas creacións terroríficas.

domingo, 27 de outubro de 2013

XOGO COAS MATES

PINCHA NA IMAXE E PODERAS SUMAR, RESTAR, MULTIPLICAR...
                    DIVÍRTETE APRENDENDO

                    

Xogos das notas musicais





Aquí vos deixo un enlace co que podedes practicar as notas musicais: lelas e escoitalas.
Practicade un pouco e logo comentade a que nivel conseguíchedes chegar.

http://www.aprendomusica.com/swf/aprendoNotas2013.htm

XOGO DE ROSTROS FAMOSOS

 
Ola de novo: Aquí tedes toda unha serie de rostros de músicos famosos de diferentes etapas históricas. O traballo que tedes que facer é averiguar quenes son. Cando saibades o nome dalgún, poñede o número que ten e o nome do músico ao seu carón. A PARTICIPAR TODOS E TODAS!!.

venres, 25 de outubro de 2013

CAZA DO TESOURO



Hoxe, na última sesión, estivemos traballando sobre o proxecto de "Modestinos polo mundo". O continente que nos tocara era Oceanía, como xa sabedes.
Fixemos unha "Caza do tesouro" onde por parellas o grupo tiña que investigar unha serie de preguntas moi rebuscadas e que fixeron xurdir algunha que outra dúbida, non si?
Deixo un enlace coa mencionada caza para quen queira participar...

Clica aquí se desexas vela!

Ahhhh case se me olvidaba!!!

Para facer a clase un pouco máis emocionante fixemos unha pequena e sana competición a ver que equipo conseguía completar antes a información, velaí os resultados:

1º SUPERSTARTS con 8,5 puntos e un tempo de 28 minutos.
2º DIETA con 8 puntos e un tempo de 27 minutos.
3º MODESTINOS con 7 puntos e un tempo de 19 minutos.
4º LOS OCEÁNICOS con 5 puntos e un tempo de 23 minutos.

Noraboa a Superstarts e unha gran felicitación a todo o grupo por facelo tan ben durante o proceso!!!

REPORTEIROS DO 3º CICLO

 

Na clase de Lingua Galega da pasada semana traballamos as noticias e algún dos alumn@s quixo ir máis alá e publicar algunha noticia no blogue!!! Velaí van...


Partido final da liga categoría alevíns


O pasado venres , 18 de outubro, no campo da piscina en San Sadurniño, disputouse o partido final da liga entre o Maniños e o San Sadurniño .
O equipo local estaba formado por 12 nenos e 2 nenas, e o do equipo visitante por 10 nenos.
O partido comezou cun Sansa moi ofensivo pero o Maniños non se rendía e puideron marcar varios goles pero o porteiro local fixo uns paradóns incribles. Cada gol que marcaba o Sansa, o Maniños empatábao ata que o partido rematou cun 5-2 a favor dos locais, con goles de Gabriel, Manuel, Alex e 2 de Roi.


Elías Mera Lois,6º.


Tres galos xogan ao fútbol.

Foi un luns 12 de outubro.

O primeiro galo era  moi listo  e bo e sempre metía goles.
O segundo era moi listo pero non metía goles.
O terceiro galo era moi pillo e choraba cando non metía ningún .

Un día marcaron todos. Por fin!!!

Entón veu un home e rouboulles a pelota.....
Tania García Santalla,6º. 

mércores, 23 de outubro de 2013

Así vivimos o Outono os pequechos


         Disfrutamos do OUTONO facendo unha serie de traballos artísticos e utilizando distintos elementos típicos desta estación do ano: colores, follas, froitos…

Velaí tendes una pequena mostra das nosas habilidades:



 

 





As normas de Infantil


       
Pouco a pouco, todos xuntos aprendemos a convivir e a respectar as nosas NORMAS,  a primeira é gardar a quenda de palabra levantando a man sempre que qeiramos falar, e mirade ...
XA SABEMOS!!!!




Tamén pedimos para ir ao baño:


 

Benvida dos pequechos de Infantil ao Blogue


Os Nen@s de 3-4-5 anos ábrenvos as portas das súas aulas para que vexades como traballan este curso recén estreado 2013-2014: 

 

                                    BENVIDOS A TOD@S!!!!!!!!!!



martes, 22 de outubro de 2013

CORTOS DIVERTIDOS

Para divertirnos un pouco déixovos uns cortos aptos para toda a familia. Espero que vos gusten.








ULTIMATE

Neste vídeo podedes ver máis cousas sobre o deporte que estamos a traballar en Educación Física: o ULTIMATE. Os xestos técnicos, xogadas, a xente que o practica e moito máis.

Moi recomendable a visión do vídeo.

Que vos parece?





EDUARDO PONDAL

REFRÁNS SOBRE O MAGOSTO E O SAMAÍN



 Os nenos e nenas de terceiro ciclo estiveron traballando os refráns e aproveitando que estamos chegando as festas de Magosto e Samaín...

"Auga de agosto, nin bo viño nin magosto".
"Calor en xuño, castañas seguro".
"Polo Pilar, as primeiras castañas tes que asar".
"Relámpagos en San Xoan, as catañas o pagarán".
"Quen moito amenaza, o medo ten na casa".


Inlcuso algunha poesía:

"En Samaín comín,
castañas do Magosto,
que non se comen en agosto."

"Polo Samaín,
as meigas veñen a min
e asustanme sen fin."

"Outono bonito
folliñas no chan,
castañas asadas
que ricas están!"


Hai moitos máis, pero esta pequena mostra xa non está nada mal...

CLIMAS DE ESPAÑA

SE CLICAS CO BOTÓN ESQUERDO DO RATO SOBRE O MAPA E PODERÁS
LER, ESCOITAR E FACER ACTIVIDADES SOBRE OS CLIMAS EN ESPAÑA.
ESPERO QUE VOS GUSTEN E VOS SIRVAN PARA APRENDER.

(onde indican: ir paxina poñede 14 e dende ahí atoparedes as explicacións e actividades).


luns, 21 de outubro de 2013

PROXECTO "MODESTINOS POLO MUNDO"



Boas!

Modestina quere presentarvos o novo proxecto deste curso 2013 - 2014. Este ano traballaremos a interculturalidade mediante un viaxe ó longo do planeta nas diferentes aulas. Para iso, a nosa mascota repartiu polos diferentes grupos os continentes do mundo para traballalos nas diferentes áreas. E así quedou o reparto:

  • A clase de 3 e 4 anos: ASIA.
  • 4 e 5 anos: EUROPA.
  • 1º ciclo: AMÉRICA.
  • 2º ciclo: ÁFRICA.
  • 3º ciclo: OCEANÍA.
As diferentes clases xa están traballando a tope e na biblio tamén, por iso Modestina convidavos a tod@s a participar na elaboración dun mural-mapamundi que será exposto no taboleiro!!!

domingo, 20 de outubro de 2013

As notas para 1º e 2º




Ola rapaces:
Aquí vos poño un xogo no que podedes practicar e aprender as notas musicais:
http://www.musicaeduca.es/recursos-aula/juegos/125-notas-dedoado#juego
Na vindeira semana preguntarei na clase cousiñas sobre o xogo para ver quen xogou e que aprendichedes.

Detectives musicais de 5º e 6º- 2ª parte

Presento unha nova tarefa de investigación aos detectives musicais de 5º e 6º. Aquí vos deixo outro video moi orixinal para que o vexades e dedes resposta a estas cuestións.
1.- ¿Quen é a rapaza que fai a limpeza na casa?
2.- ¿De que grupo musical se trata?
3.- ¿Como se chama a canción?(canción e  album)
4.- ¿Cal é mensaxe que vos parece quere transmitir a canción?
5.- ¿De que década é esta música?
Estas cuestións deben ser respostadas por cada un dos detectives (no blog ou na libreta). Tedes de plazo unha semana.

xoves, 17 de outubro de 2013

XOGOS PARA 6º


Enlaces de xogos para practicar o visto na clase. Quen se anima?

MATE

NÚMEROS ENTEROS

MOITOS XOGOS DE NUMEROS ENTEROS

REPASO DE RAÍZ CUADRADA

LINGUA GALEGA

VOCABULARIO DO TEMA

PALABRAS POLISÉMICAS E HOMÓNIMAS

MÁIS DO MESMO

PRACTICAMOS ADXECTIVOS

PARA ACENTUAR

TODO UN RETO!

COÑECEMENTO DO MEDIO

AS DOENZAS E OS SEUS TIPOS

ADIVIÑA QUEN DA CONSELLOS

XOGOS PARA 5º

 

Deixo varios enlaces de xogos de Mate, Lingua e Coñecemento para que vaiades practicando o tema de unha maneira divertida!

MATE

DIVISIONES POR DOS CIFRAS

DIVISIONES POR TRES CIFRAS

DIVISIONES CON CEROS EN EL COCIENTE

LINGUA GALEGA

VOCABULARIO DO TEMA

OS ANTÓNIMOS: RESOLVER A ADIVIÑA!!!

CLASES DE PALABRAS

CLASES DE PALABRAS: NOVO RETO!!!

ACENTO GRÁFICO

COÑECEMENTO DO MEDIO

VÍDEO SOBRE A DIXESTIÓN






El abecedario en inglés


Deixovos este video para que aprendades o abecedario.A ver se vos gusta       




os detectives musicais de 5º e 6º



Canción de Queen


Aquí tedes a canción de Queen para que a poidades escoitar. A ver que vos parece.

 
Alumnos de 5º e 6º
Aquí tedes a letra dunha canción moi coñecida pero traducida ao español.
A ver quen sabe de que canción se trata?. De que grupo é? Estas son preguntas para nota!!! O que primeiro acerte medio punto máis no exame da 1ª avalíación.
Tempo límite: 15 días dende a data de publicación



Es esto la vida real?
Es esto simplemente fantasía?
Atrapado en un derrumbamiento
No hay escape de la realidad
Abre tus ojos
Mira a los cielos y observa
Sólo soy un pobre chico
No necesito compasión
Porque soy un va y viene
Un poco arriba, un poco abajo
Siempre que el viento sople,
realmente no tiene importancia para mí, para mí

Mamá, acabo de matar a un hombre
Puse una pistola en su cabeza
Apreté el gatillo, ahora él está muerto
Mamá, la vida acaba de empezar
Pero ahora tengo que ir y dejarlo todo
Mama, ooooh,
No quería hacerte llorar
Si esta vez no volveré mañana
Sigue adelante,
sigue adelante como si realmente nada importase.

Demasiado tarde, mi hora ha llegado,
Escalofríos atraviesan mi espina dorsal
El cuerpo me duele todo el rato
Adiós a todos, tengo que partir,
Os he de dejar atrás y enfrentarme a la verdad
Mama, ooh,
No quiero morir

martes, 15 de outubro de 2013

CONCURSO CONTOS E IMAXES DE MEDO

 

Boas!

Este ano para celebrar o Samaín, ademais das distintas actividades que se farán no cole, propoñemos dende aquí un concurso de contos e imaxes de medo. As modalidades de participación serán dúas: mediante unha composición dunha historia de medo (os máis maiores) ou mediante un debuxo terrorífico (para os peques).

Animádevos a participar xa que TODOS os traballos presentados serán expostos neste blogue e nalgunha zona do centro onde o poidan ver todos os pais/ nais. Asemade os máis tenebrosos de todos poderán ser lidos ou mostrados na festa do Samaín diante das familias!


luns, 14 de outubro de 2013

XOGA E AXILIZA O CÁLCULO MENTAL


Imos estrear este blog cun xogo divertido e de paso practicades o cálculo mental. Se o facedes ben subides de nivel.

¡¡¡ÁNIMO!!!  A VER QUEN CHEGA AO NIVEL.

4º curso: Danza del torero de Bizet

Hola nenos e nenas: Aquí vos deixo un video coa música da ópera "Carme", concretamente a parte que leva por título "La marcha del torero" que traballamos na clase. Así podedes escoitala máis veces para logo recoñecela. Podedes engadir algún comentario sobre o que escoitades sobre: que instrumentos escoitades, se vos gusta ou non, etc...

sábado, 12 de outubro de 2013

FLOORBALL

 

Durante estas dúas semanas estivemos traballando nas sesións de Educación Física o seguinte predeporte: o Floorball. Unha adaptación para nenos e nenas de primaria do Hockey adulto. Neste enlace tedes unha actvidade LIM onde podedes lembrar as cousas que vos contei na clase, ademais de ampliar un pouco os coñecementos que adquirimos sobre este predeporte. Espero que vos guste.

LIM FLOORBALL

MAGOSTO E SAMAÍN

 

Deixo unha actividades LIM para traballar o Magosto e o Samaín. Tamén as traballaremos este mes na pizarra dixital, pero para que vaiades practicando...

No do magosto hai opcións para os trec ciclo e os do Samaín son moi sinxelos pero valen para pasar o rato.

LIM MAGOSTO

LIM SAMAIN

LIM SAMAÍN 2

Que vos parecen? Podedes deixar un comentario coa vosa opinión...

venres, 11 de outubro de 2013

Os detectives musicais de 5º e 6º

 
Alumnos de 5º e 6º
Aquí tedes a letra dunha canción moi coñecida pero traducida ao español.
A ver quen sabe de que canción se trata?. De que grupo é? Estas son preguntas para nota!!! O que primeiro acerte medio punto máis no exame da 1ª avalíación.
Tempo límite: 15 días dende a data de publicación
 
 
 
Es esto la vida real?
Es esto simplemente fantasía?
Atrapado en un derrumbamiento
No hay escape de la realidad
Abre tus ojos
Mira a los cielos y observa
Sólo soy un pobre chico
No necesito compasión
Porque soy un va y viene
Un poco arriba, un poco abajo
Siempre que el viento sople,
realmente no tiene importancia para mí, para mí

Mamá, acabo de matar a un hombre
Puse una pistola en su cabeza
Apreté el gatillo, ahora él está muerto
Mamá, la vida acaba de empezar
Pero ahora tengo que ir y dejarlo todo
Mama, ooooh,
No quería hacerte llorar
Si esta vez no volveré mañana
Sigue adelante,
sigue adelante como si realmente nada importase.

Demasiado tarde, mi hora ha llegado,
Escalofríos atraviesan mi espina dorsal
El cuerpo me duele todo el rato
Adiós a todos, tengo que partir,
Os he de dejar atrás y enfrentarme a la verdad
Mama, ooh,
No quiero morir

Plástica no Samaín

Aquí podedes descargar as manualidades que estades a facer na clase de plástica.
Se alguén se anima a facer algún na casa coa axuda dos pais ou so, traedeu despois para o centro que o expoñeremos e tamén o terei en conta na avaliación. Ánimo rapaces!!.

mércores, 9 de outubro de 2013

TRAILER "LOS CHICOS DEL CORO"

Neste enlace podedes ver o trailer da película que imos visionar en Educación para a Cidadanía, para que vos vaiades facendo unha idea.



Ten boa pinta? Que dicides?

PARA 6º

Este é o vídeo que reproducimos na clase. "El milagro de la vida". Fermoso e moi explicativo como resumo do tema 2.



Que vos pareceu?


VIDEO COÑECEMENTO DO MEDIO

Para 5º. Nel mostrase de xeito divertido a clasificación dos animais.