Este curso está claro que é diferente e que moitas das cousas tal e como as entendíamos tiveron que mudar, pero non por iso ten que ser máis aburrido.
Esta semana á aula de infantil chegaron un monicreques ben coñecidos polos nenos e nenas. Primeiro foi a incógnita de para que era o estandarte que aparecera no corredor do cole e logo a ver quen ía saír de detrás del. Pronto se resolveu o misterio, as mestras ían dar vida ó conto que Álvaro escollera en inglés nas recomendacións da biblio para poder levalo á aula. Que ilusión! "Little Red Riding Hood" ía cobrar vida ante nós!
Pena que non teñamos fotos da actuación, pero unha profe estaba a dúas mans cos bonecos e a outra poñéndolles a debida entoación inglesa máis ou menos ronca a cada personaxe.
Cremos que os monicreques chegaron para quedarse!