venres, 29 de marzo de 2019

CHARLA SOBRE VOLUNTARIADO

A Fundación Amigos da Infancia visitou o pasado xoves o noso centro para falar de voluntariado. Foi unha charla moi amena na cal aprendemos moito sobre a importancia de axudar aos que máis o necesitan e sobre que actividades podemos realizar para prestar dita axuda.

Pola nosa parte tamén lles comentamos nós que somos un cole moi solidario xa que partindo do programa BIBLIOTECAS SOLIDARIAS levamos a cabo moitas actividades nas cales ofrecemos unha cousa moi valiosa para ofrecer axuda aos demais: TEMPO.

Deixamos algunha foto da xornada:



EXCURSIÓN A FENE

A semana comezaba con forza xa que a primeira hora da mañá montabamos no autobús rumbo a Fene. Alí disfrutamos dunha mañá do máis completa no Museo do Humor, onde ademais de rirnos moito aprendimos sobre diferentes autores/as a través da súa obra.

A segunda parte da xornada foi unha clase teórico - práctica de Educación Viaria no Parque de Educación Viaria de Barallobre, lugar no cal quedaron abraiados do noso coñecemento sobre a temática, e é que somos todos uns expertos/as.

Aquí algunha foto da saída:



domingo, 24 de marzo de 2019


Presentamos a Isa, a nova mascota da nosa ludoteca.

A súa creadora: Candela, 5 anos.

Graciñas a tod@s por participar!!






QUEN  É  ISA?

Na anterior publicación falamos dos cambios que fixemos na Ludoteca, espazo que levamos xa anos utilizando... e que necesitaba dunha mascota, para facer compañía a Modestina.

As nenas e nenos voluntarios na biblioteca pediron a todo o alumnado que propuxesen animais.  Con todos os animais fíxose unha votación durante o recreo, un proceso electoral como o que fan os maiores... no que participaron mestr@as e alumnado, e así apareceu elexido como mascota o OURIZO.

O nome, xa o tiñamos, Isa, en honor á creadora da ludoteca; a nosa excompañeira Isabel.

Logo de varios días facendo debuxos, seleccionamos o máis creativo, orixinal...


Deixamos unha imaxes para mostrarvos o que aconteceu estes días no noso cole.






venres, 22 de marzo de 2019

NOVA DISTRIBUCIÓN DA LUDOTECA

Durante estes días coñecíamos a Isa, nova mascota da ludoteca do centro. E que mellor maneira de recibila que acondicionando a que vai ser a súa casa. Despois dun duro traballo así quedou...









E como os nenos e nenas están moi contentos con este reformado espazo, estamos comezando unha serie de talleres onde o alumnado poida desenvolver as súas habilidades particulares e compartir con compañeiros os seus coñecementos, sendo solidarios e inclusivos tamén nas nosas apredizaxes.
Esta semana foi Nuria quen mostrou a súa labor creando papeis de cores que parecen máxicos!!!



venres, 15 de marzo de 2019

ACTUALIDADE MODESTINA nº 2



Segundo número da pequeno xornal que están a levar a cabo o grupo de 5º e 6º. Xa sabedes, tedes a edición en mural do mesmo no corredor do centro, pero se non podes asistir a velo, podes consultar por aquí....
Esperemos que vos guste!!!

sábado, 9 de marzo de 2019

ACTUALIDADE MODESTINA

Actualidade modestina é o nome dun xornal de creación propia (alumnado de 5º e 6º) no cal pretendemos contar un pouco sobre a vida local do centro e os seus arredores. É algo creado por nós, con tono humorísitico para traballar diferentes contidos de Lingua Galega.

Será un xornal que estará tanto en formato mural (no corredor do colexio) e dixital (que intentaremos subir polo blogue).

Esperemos que vos guste e deixámosvos co primeiro número:



mércores, 6 de marzo de 2019


"POÉTICAS DIVERSAS" lema deste ano dende Bibliotecas Escolares, e no noso cole adicamos tempo á poesía.
Nesta ocación,  atendendo ao tempo de Entroido, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria leron a poesía de Gloria Fuertes, "Como se dibuja una bruja",  e tiveron que debuxar.

O xurado para elexir as catro mellores bruxas foron os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Educación Primaria.



                         Noraboa aos gañadores pola bruxa... e tamén a tod@s por participar!!




Como xa vimos facendo durantes cursos pasados, o 25 de febreiro de 2019, celebramos no colexio o  "Día de Rosalía".
O título da actividade era: "PARA TI, ROSALÍA".





Durante varios días todo o alumnado estivo preparando poesía, e nesta ocasión, pensamos en adicarlle a Rosalía poemas escritos por outras poetas galegas, que ao igual que Rosalía aprecian e coidan a nosa lingua galega.

Esta actividade ven moi vinculada co lema desde curso académico proposto dende Bibliotecas Escolares, que é:

POÉTICAS DIVERSAS.


 Tamén, escoitamos fragmentos de  poemas de Rosalía,  por cantantes galegos. Así, por exemplo:

“Negra Sombra” interpretado por Luz Casal e Carlos Núñez.

Negro Caravel” interpretado por Rosa Cedrón e Cristina Pato.

Adios ríos, adiós fontes” interpretado pola cantante Lucía Pérez.


No seguinte enlace podedes ver vídeos e imaxes deste bonito día!!

A nós gustounos e disfrutámolo. Esperemos que quen o vexa, tamén!! 

 






FOTOS E VÍDEOD DÍA DE ROSALÍA


Aquí vos deixamos imaxes e vídeos do día adicado a Rosalía de Castro.
















luns, 4 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

Un ano máis celebramos o tradicional Entroido en compaña de toda a comunidade educativa. A festa xa comenzaba días atrás cos mandatos de Tobías, Meco deste ano. Tivemos que levar peluches, zapatillas, bata e ata un pixama ao cole!

Xa o venres comezamos con un pequeno pasarrúas polas rúas de Moeche, chegando ao concello, onde nos esperaban cos brazos abertos para escoitar a nosa samba e sacar unha foto tod@s xunt@s. Tras isto volvimos ao colexio para repoñer forzas cos deliciosos doces que aportaron as familias e xogar un pouco no recreo.

Ao rematar a merendola, a profe de Hip- Hop puxo a bailar ás súas alumnas un estupendo baile que deixou ao público coa boca aberta!

Era tempo de desfilar para ensinar as nosas mellores galas. En primeiro lugar os bonequiños de LEGO das diferentes aulas, que realizaron un xenial desfile. Posteriormente era a quenda dos familiares, que nunca defraudan. Neste último resultaron premiados catro disfraces:

- ORIXINAL: Natación desincronizada.
- SIMPÁTICA: Señora Paca e a súa galiña.
- ENXEBRE: GA-LEGO.
- CREATIVA: "La periódicos"

Acto seguido lemos as coplas ao Meco. Foron moitas moi boas, pero levaron un pequeno recoñecemento Asier, de 6º de primaria e a familia de Efrén, de infantil.

Co testamento na man, eran os nenos e nenas de 3º e 4º quenes tiñan que recitar as últimas peticións de Tobías, o cal foi queimado para finalizar esta fermosa festa.

Queremos agradecer a toda a comunidade educativa por colaborar neste Entroido e vir a pasalo ben con nós, especialmente a todos aqueles avós e avoas que se achegaron a compartir este encontro interxeracional...

Deixamos fotos e vídeos:

CLIC PARA VER FOTOS