mércores, 4 de decembro de 2013

25 DE NOVEMBRO



Como xa sabedes, o pasado 25 de novembro celebrouse no centro o día en contra da violencia de xénero. Para iso contamos coa colaboración de Concello que organizaou un concurso de lemas, queremos felicitar a todos os/as participantes por esforzarse tanto pero tamén hai que dar un especial recoñecemento a Nerea (3ª clasificada), Diego (2º clasificado) e a Sergio Cereijo ( 1º clasificado).

Despois dos lemas houbo unha gran xincana na cal os nenos e nenas fixeron numerosas tarefas do fogar demostrando que son cousa de dous, e que todos e todas debemos colaborar. Pasámolo moi ben e sobre todo, aprendimos moito!

Clica no enlace de abaixo para ver todas as fotografías.

FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.