mércores, 4 de decembro de 2013

RESPOSTAS ROLDA 2

Xa está Modestina, que levades uns días pedíndolle que suba as respostas...
Velaquí van as respostas da segunda rolda.

1.- O señor que aparecía na foto debía soar un pouquiño, xa que, consultando no fondo local da biblio viamos que era ROI XORDO, líder das revoltas irmandiñas que tanta festa nos dan en agosto...
2.- Claro que si, Moeche é de cine. No castelo rodáronse unhas escenas da película "A casa da luz", inspirada nunha obra de Xabier Docampo, que virá ao cole no presente curso.
3.- Unha pista..
.... e creo que xa non hai máis que dicir, non?
4.- Thalassa, thalassa..era o mar. Noraboa porque nesta houbo pleno.
5.- Niké e a deusa grega que simboliza a victoria, de ahí que a empresa Nike collera o seu nome para a súa marca deportiva.
6.- Pobre Percy Spencer, facendo un experimento de ondas electromagnéticas derretiuselle unha chocolatina que levaba no peto. Este home, que era listo coma un allo, matinou e matinou ata que deu co invento do MICROONDAS.
7.- O estado do que falaba Modestina é Alaska.
8.- A (cun circuliño enriba da letra xa que o PC non mo quere deixar poñer) é o municipio de Noruega (Europa) que ten o privilexio de ser o nome máis curto de todos.
9.- Ese nome tan largo (normal que a primeira sospeita fora unha caída sobre o teclado) corresponde a unha colina en Nova Zelanda, Oceanía.
10.- A foto representaba á Gran Muralla en China, como todos e todas acertáchedes.
11.- Ollo...





Pois si, era Leshoto.
12.- Se indagarades un pouco na biblio, no noso xa famoso libro de Exipto, observariades que eran un can e un gato os animais momificados.
13.- Siiiii, Eduardo Pondal se escondía agochado noutra sección do blogue.
14.- A foto representa o gran Coliseo Romano. Espectacular!
15.- Aiii, os false friends. Cantas veces vos falaría a profe María sobre eles...
Pois, como algún grupo dixo, os false friends refírense a aquelas palabras que por escribirse de forma parecida ou igual en español e en inglés os confudimos en significado.

PARA A PRÓXIMA, MÁIS E MELLOR!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.