mércores, 11 de decembro de 2013

NOVAS NO FUNCIONAMENTO DO COMEDOR

NOTA INFORMATIVA:

Quero comunicar uns pequenos cambios que se están a levar a cabo no comedor escolar:
  • Como seguro que xa vos comentaron na casa os vosos fillos e fillas, dende hai un mes máis ou menos, vimos restrinxindo o consumo do zume e do leite no comedor. A razón non é económica senon sanitaria. No cursiño recibido no CFR de Ferrol sobre os menús dos comedores escolares( ao que asistiron tanto a cociñeira como o encargado de comedor), os médicos informaron de que non era convinte o consumo nin de leite nin de zume; éste último pola gran cantidade de azucre que contén. En consecuencia, tomouse a decisión de non eliminar por completo a oferta de estas dúas bebidas no comedor(porque teñen moi boa aceptación entre os nenos e nenas) pero sí de reducir o seu consumo a medio vasiño por día.
  • En 2º lugar, comentar que a partir de agora, os anacos de pan que se porán na mesa serán máis pequenos. A razón é que moitos nenos/as non o comían e ía directamente ao contenedor de lixo, o que ademáis dun desperdicio é un mal exemplo para os hábitos de consumo alimentario que queremos inculcar no alumnado. Por suposto, isto non quere dicir que os nenos/as que desexen comer máis pan non poidan facelo; todo o contrario, poden repetir pan canto queiran sempre e cando sexa para comer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.