xoves, 9 de abril de 2026

CORRENDO POLA IGUALDADE



O venres antes de irnos de vacacións, tivemos a sorte de contar cunha actividade moi especial: un contacontos da man de M de Manuela, centrado na reflexión sobre os estereotipos de xénero e na presenza do machismo na nosa realidade cotiá. A través de historias e dinámicas participativas, o alumnado puido cuestionar roles tradicionais e tomar conciencia da importancia da igualdade.
Como peche da actividade, os nenos e nenas de infantil organizaron unha “volta ao cole” correndo, nun xesto simbólico inspirado na Maratón de Boston. Esta carreira ten un significado moi especial na historia do deporte, xa que en 1967 Kathrine Switzer converteuse na primeira muller en correr oficialmente esta proba, abrindo camiño para moitas outras.

TENDAL DAS PALABRAS

 






Xa estamos preparados e preparadas para recibir o sol e a primavera co noso tendal de palabras en galego. Cada unha delas leva consigo o seu significado e tamén un anaquiño de nós, acompañado dunha imaxe que a fai aínda máis especial. Así, o noso tendal converteuse nun espazo cheo de luz, alegría e creatividade, perfecto para dar a benvida a esta estación tan fermosa.
A primavera xa está aquí… e nós celebrámola con palabras en galego!