mércores, 15 de outubro de 2025

Imos ao teatro e a unha exposición fotográfica!

 Hoxe o alumnado de terceiro a sexto de primaria gozou dunha mañá chea de arte e aprendizaxe! Primeiro asistimos á obra Crisálida, do grupo Caramuxo Teatro, unha peza de teatro mudo moi especial. A través dos xestos, da música e das imaxes, convidounos a reflexionar sobre a importancia de manter vivas as vellas costumes e de apoiar os pequenos comercios de barrio, que forman parte da nosa identidade e da vida das nosas comunidades.

Despois achegámonos á Fundación ABANCA, onde visitamos a exposición fotográfica de Tim Flach. As súas impresionantes imaxes de animais en perigo de extinción deixáronnos abraiados. Para rematar, participamos nun obradoiro artístico sobre os axolotes, no que puxemos en práctica toda a nosa creatividade.

Foi unha mañá moi divertida e chea de aprendizaxes, na que descubrimos novas formas de expresar a arte e de coidar o noso planeta.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.