luns, 20 de outubro de 2025

O PARRULO FERROL VISITA O NOSO COLE!!!



Hoxe foi un gran día para o CEIP SAN RAMÓN. Tivemos a gran sorte de ter no centro ao equipo de 1ª división de Fútbol Sala de O Parrulo Ferrol.

Os xogadores participantes na mellor liga do mundo, Dennis Berthod, Biel Morgatto e Diogo Schlemper, compartiron unha mañá con nós. Acompañados de membros do staff do clube, Sergio i Elena, comezaban a xornada presentándose e falando un pouco sobre a súa traxectoria como futbolistas profesionais. Acto seguido, era a quenda da rolda de preguntas do alumnado, que foron moi abundantes e variadas. Desta maneira coñecimos tanto os aspectos máis persoais da vida deportiva dos xogadores, as rutinas da élite do futsal, curiosidades e un longo etc

Ademais, Dennis, Morgatto e Diogo tamén fixeron as súas propias preguntas á rapazada. Pero ollo! Estas levaban premio! Aos máis rápidos e atentos tocoulles un balón firmado de regalo. Tamén agasallaron ao centro cunha bufanda que xa porta a nosa Modestina e entradas para o vindeiro partido en A Malata, onde estaremos animando a tope contra o histórico Pozo Murcia!

Como colofón final, ademais de foto grupal, firmaron autógrafos a todas/os.

Motísimas grazas ao clube por facer posible este encontro e moito ánimo nos vosos próximos partidos!

Deixamos un enlace con fotos:

FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.