mércores, 27 de outubro de 2021

CANDO O SOL SE DEITA

O venres 22 de outubro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria tivo a sorte de contar co espectáculo (científico e humorístico) "Cando o sol se deita" a cargo do divulgador Vicente Mohedano. Trátase dunha proposta de animación á lectura da biblioteca municipal de Moeche que, nesta ocasión, se trasladou á biblioteca do noso cole.

Combinando explicacións teóricas e experimentos, aprendimos curiosidades sobre a luz, as cores, a visión, os puntos cegos e mesmo construimos unha bombilla!

Pinchade na imaxe para ver as fotos.



luns, 25 de outubro de 2021

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Tal e como se recolle no calendario electoral, o vindeiro luns día 15 de novembro terá lugar o sorteo público dos compoñentes da mesa electoral que se celebrará na entrada do colexio ás 16:00 horas.

 

CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - CURSO 2021-2022

CENSO PAIS/NAIS 

CALENDARIO ELECCIÓNS 

CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL 

CONVOCATORIA PAIS/NAI

 MODELO DE CANDIDATURA

CONVOCATORIA DE VOTACIÓN

xoves, 21 de outubro de 2021

24 OUTUBRO- Día das bibliotecas

Dende a biblioteca do CEIP San Ramón queremos darvos a coñecer o día 24 de outubro, día das bibliotecas, amosando algunhas das bibliotecas máis curiosas do mundo. Esperemos que as atopedes tan interesantes coma nós! 👏👏





sábado, 16 de outubro de 2021

RECOLLEMOS CASTAÑAS!

O outono xa está aquí e con el chegan moitas cousas que nos gustan, como por exemplo as deliciosas castañas...

Aproveitando que temos unha contorna moi bonita e chea de oportunidades, a semana pasada, vendo que os castiñeiros estaban botando os ourizos, dedicamos un ratiño a recoller o froito que dan: a castaña. Non foi labor fácil, pois fixeron falla cinco patrullas para "limpar" todo. Agora temos caixas a caixas delas que... algo haberá que facer con elas non?

Mirade este vídeo onde se ve todo o que traballamos!


sábado, 2 de outubro de 2021

RUGBI NA ESCOLA

Esta semana tivemos a oportunidade de poder contar coa colaboración do Clube Fendetestas de As Pontes, que viñeron a ensinarnos un pouco máis sobre rugbi. É unha sorte para nós poder contar con profesionais deste deporte no centro, sobre todo polo bo facer que demostraron: paciencia, motivación, aprendizaxe... Por todo iso queremos darvos as grazas!!!

Pasámolo xenial e proba delo é este vídeo que fixemos a modo resumo: