xoves, 31 de outubro de 2019

SIMULACRO DE INCENDIO



O pasado luns, mentres estabamos a traballar nas aulas, soou a sirena tres veces seguidas. O alumnado do centro xa sabe que iso significa que hai que evacuar o centro. En moi pouco tempo, e con moita orde e tranquilidade saímos cara unha zona segura (pese a que desta vez había moito fume polos corredores). 
Cando xa nos atopábamos a salvo chegaron os bombeiros e a Garda Civil, que rapidamente desplegaron o seu protocolo de salvamento.
Afortunadamente foi todo un simulacro, do cal podemos dicir que os nenos e nenas actuaron de marabilla.
Iso si non íamos deixar marchar aos profesionais sen que non ensinaran os seus vehículos e nos contaran cousas sobre o seu traballo, incluso manexamos mangueiras, sirenas, luces etc
Pasámolo xenial e aínda por riba os bombeiros regalaránnos un carné de "bombeiro infantil". 
Moitas grazas á Garda Civil de San Sadurniño e o GES Ortigueira pola súa atención.

Pulsa aquí para ver as fotos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.