sábado, 26 de outubro de 2019

OS BOLECHAS NO NOSO COLE!!!

A sorpresa do cole foi maiúscula cando recibimos a chamada de Braulio Bolechas porque estaba moi interesado en vir a coñecer os nosos/as peques e falar un pouquiño con eles.
O CEIP San Ramón formará parte da terceira temporada do programa "Brauliotuber", no cal o personaxe percorre diferentes escolas de Galicia para falar coa rapazada sobre diferentes temas. A nós tocounos falar sobre os seres mitolóxicos.
En primeiro lugar falamos un pouco na clase sobre os contidos que implicaban esa temática, fixemos moitos debuxos (que lle encantaron ao irmán Bolechas) e incluso aprendemos unha canción sobre o Samaín!
Cando chegou a esperada visita, un pouco nervios@s pola presenza das cámaras iso si, comezamos cunhas pequenas gravacións e logo as ansiadas entrevistas...
As entrevistas foron realizadas ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, aínda que Braulio tivo tempo para compartir un anaco cos máis peques da casa. O programa será emitido en 2020 dentro do Xabarín Club, pero estade atent@s porque faremos saber da súa emisión.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.