xoves, 31 de outubro de 2019

SIMULACRO DE INCENDIO



O pasado luns, mentres estabamos a traballar nas aulas, soou a sirena tres veces seguidas. O alumnado do centro xa sabe que iso significa que hai que evacuar o centro. En moi pouco tempo, e con moita orde e tranquilidade saímos cara unha zona segura (pese a que desta vez había moito fume polos corredores). 
Cando xa nos atopábamos a salvo chegaron os bombeiros e a Garda Civil, que rapidamente desplegaron o seu protocolo de salvamento.
Afortunadamente foi todo un simulacro, do cal podemos dicir que os nenos e nenas actuaron de marabilla.
Iso si non íamos deixar marchar aos profesionais sen que non ensinaran os seus vehículos e nos contaran cousas sobre o seu traballo, incluso manexamos mangueiras, sirenas, luces etc
Pasámolo xenial e aínda por riba os bombeiros regalaránnos un carné de "bombeiro infantil". 
Moitas grazas á Garda Civil de San Sadurniño e o GES Ortigueira pola súa atención.

Pulsa aquí para ver as fotos

sábado, 26 de outubro de 2019

OS BOLECHAS NO NOSO COLE!!!

A sorpresa do cole foi maiúscula cando recibimos a chamada de Braulio Bolechas porque estaba moi interesado en vir a coñecer os nosos/as peques e falar un pouquiño con eles.
O CEIP San Ramón formará parte da terceira temporada do programa "Brauliotuber", no cal o personaxe percorre diferentes escolas de Galicia para falar coa rapazada sobre diferentes temas. A nós tocounos falar sobre os seres mitolóxicos.
En primeiro lugar falamos un pouco na clase sobre os contidos que implicaban esa temática, fixemos moitos debuxos (que lle encantaron ao irmán Bolechas) e incluso aprendemos unha canción sobre o Samaín!
Cando chegou a esperada visita, un pouco nervios@s pola presenza das cámaras iso si, comezamos cunhas pequenas gravacións e logo as ansiadas entrevistas...
As entrevistas foron realizadas ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, aínda que Braulio tivo tempo para compartir un anaco cos máis peques da casa. O programa será emitido en 2020 dentro do Xabarín Club, pero estade atent@s porque faremos saber da súa emisión.



venres, 25 de outubro de 2019

VOLVE ACTUALIDADE MODESTINA!!!

Xa está de novo o xornal máis entretido de toda a comarca: ACTUALIDADE MODESTINA!!!

Podes velo tanto nos corredores do centro coma no blogue do cole. Intentaremos ter unha edición ao mes e contaremos cousas sobre o que nos rodera ou chama a atención. É un xornal totalmente elaborado polos nenos e nenas de 5º e 6º, a través das súas curiosidades e inquedanzas. Esperemos que vos guste!!!

Velaquí a edición dixital:


DÍAS DAS BIBLIOTECAS

O pasado día 24 de outubro celebramos no noso cole o Día das Bibliotecas, o cal xa comezaba antes desa data coa realización dunha actividade de elaboración de marionetas con fíos. Posteriormente, o pasado xoves, tivemos a oportunidade de gozar con Vicente Mohedano de "Be water", un espectáculo científico-humorístico onde ademais de aprender sobre ciencia rímonos moitísimo.
Moitas grazas ao Concello de Moeche por convidarnos a ámbalas dúas actividades!!! Como sempre, un pracer...






venres, 18 de outubro de 2019

O CAMIÑO INGLÉS

O pasado xoves acudimos ao festival sobre o Camiño Inglés a Santiago, organizado polas FANPAS de Ferrolterra. Despois de traballar o tema na aula durante os días previos, fomos ata á cidade departamental para disfrutar dunha serie de actividades dentro da carpa destinada para tal fin. Así aprendemos que cousas levar como peregrinos, realizamos un obradoiro de cunchas, cantamos e incluso saboreamos un pedazo de tarta de Santiago.
Acto seguido, os maiores, foron peregrinando a primeira milla do percorrido orixinal á vez que escoitaban atentamente as explicación dos guías sobre a historia da ruta.
Queremos dar de novo as grazas ao grupo de familiares que nos acompañaron na excursión. Xuntos facemos escola!

Deixamos algunha foto do evento:

CLIC PARA VER AS FOTOS

venres, 11 de outubro de 2019

VICKY COLBERT NO NOSO CENTRO

Hoxe tivemos un día de visitas no noso colexio, xa que, moi cedo pola mañá chegaban, para coñecer a nosa escola, entre outras autoridades de Educación, a Conselleira de Educación Carmen Pomar, a presidenta da fundación María José Jove, Felipa Jove e Vicky Colbert, premio mundial WISE de Innovación Educativa.
Unha gran honra para nós que un referente mundial en pedagoxía se interese polos proxectos que levamos a cabo en Moeche.
Unha vez alí puideron coñecer o CEIP, visitar as aulas e compartir conversas e traballos cos nosos peques e, ademais, ver unha mostra dos diferentes proxectos e actividades nas que nos atopamos inmersos.
Esperemos que lles gustase e poidamos seguir tendo contacto para medrar como escola!

Deixamos algún enlace con novas sobre a xornada de hoxe:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/29016


https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/ferrol/ferrol-comarcas/noticias/ceip-moeche-ejemplo-implantacion-proyectos-educativos-rural-gallego-20191011_518566?fbclid=IwAR03FT_wRXkbvRaZ8h5QQa1jKBcP8LJTv4tr00G_Y-ciygTXQDsaKjQVysQ

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/202165