xoves, 13 de xuño de 2019

EXCURSIÓN GRANXA O SOUTO

O pasado mércores tivemos a nosa excursión de fin de curso. Este eliximos como destino Mera, onde se atopa a Granxa-escola O Souto.
Na mesma tivemos a oportunidade de realizar diversas actividades moi interesantes, á par que motivadoras e lúdicas: un taller na aula de natureza, no cal aprendimos moito sobre esqueletos, ósos, cunchas...
Tamén fomos coñecer todos os animais que alí había, démoslles de comer, collémolos no colo...
Incluso plantamos unhas semillas, dando a coñecer que somos todos uns expert@s na materia!
E a actividades estrela foi, sen dúbida, montar nos cabalos...

PASÁMOLO PIPA E AÍNDA POR RIBA FELICITÁRONNOS POLO NOSO GRAN COMPORTAMENTO!!!

Clica aquí para ver as fotos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.