sábado, 15 de xuño de 2019

TORNEO DE DATCHBALL

O Datchball é un deporte que está resultando, sen lugar a dúbidas, o fenónmeno que está a arrasar nos recreos deste curso. Tal foi a aceptación desta nova práctica, que decidimos facer unha liga na cal participaron un gran número de alumnos/as do centro.

Para que vexades como se xoga, se todavía non sabedes, deixamos un pequeno vídeo explicativo, cortesía do seu fundador: Roberto Navarro.



Catro equipos foron os que se disputaron en formato liga o campionato. Así tiñamos nomes tan peculiares para as diferentes formacións como:

JACINTOS PROS
LAGARTIJAS
MACAC@S
CROCODIL@S

No torneo houbo partidos interesantísimos, pero os Jacintos e Macac@s foron facéndose camiño para, a falta dunha xornada ser os segundos os que presisaban unha victoria para forzar o partido de desempate. Tras un emocionante partido, derrotaron as Lagartijas, clasificándose para o desempate (neste caso pódese chamar tamén final).

Tras os saúdos de cortesía comezou a final, onde ambos equipos dérono todo. Pero tiña que existir un equipo con máis puntos e, cun axustadísimo 3-1 eran os Jacintos Pros os que se facían co primeiro posto.

Iso si, no Datchball, así como en calquera deporte que se practica no San Ramón, gaña aquel/a que o pasa ben... polo tanto TOD@S VENCEDORES!!!



GABRIEL, LARA, ADRIÁN, LAURA, BEA E JOEL

JACINTOS PROS

CAMPIÓNS DO I TORNEO DE DATCHBALL DO CEIP SAN RAMÓN


PARABÉNS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.