xoves, 20 de xuño de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º e 6º

Outro ano máis, os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron a súa excursión de fin de curso con pernocta na Área Recreativa Muíño de Pedroso. Fixeron moitas actividades e pasáronno xenial. Tres días nos que compartiron  moitos momentos que, seguramente, lles quedarán sempre no recordo.
Deixamos un pequeno vídeo a modo de resumo!


FORMALIZACIÓN MATRÍCULA


 Lembrade que o prazo de formalización da matrícula para o vindeiro curso 2019-2020, é dende o 20 de xuño ata o 30 de xuño.( só para alumnos/as de novo ingreso no centro).
Podedes descargar o modelo no enlace de abaixo e debedes entregalo no centro.

ANEXO III FORMALIZACIÓN MATRICULA

mércores, 19 de xuño de 2019

LECTURAS EN FAMILIA


LECTURA EN FAMILIA

Hoxe, 19 de xuño, tivemos unha nova lectura na biblio. A nai de Xaquín acompañounos e leu co seu fillo unha bonita historia coa que repasamos normas de Educación Vial e lembramos a pasada excursión á granxa escola.   

Agradecer, un ano máis, a colaboración.   Moitas apertas!!



martes, 18 de xuño de 2019

luns, 17 de xuño de 2019

Lectura en familia

Hoxe, 17 de xuño, unha nova familia nos acompañou nas lecturas da biblioteca. Nesta ocasión Emilly estivo acompañada da súa nai, lendo unha bonita historia de aventuras e animais.
Graciñas un ano máis pola vosa colaboración!!



domingo, 16 de xuño de 2019

LECTURA EN FAMILIA

O pasado 11 de xuño, unha historia de Piratas naufragou na nosa biblioteca. Tomás estivo acompañado da súa nai (Almudena) lendo o que lles sucedeu a estes peculiares mariños!!

Dende o Equipo de Bibliotecas agradecer esta fermosa historia que estivo acompañada de xogos sobre piratas.                                                                         Graciñas; ata o curso próximo!!






LECTURA EN FAMILIA

O día 10 de xuño Adrián, estivo acompañado da súa nai e do seu pai. Leron e interpretaron un conto moi bonito, que a tod@s encandilou, pois o protagonista non quedou no conto, por un ratiño saíu e fíxose realidade, contando a súa historia na biblioteca do noso cole.
Un ano máis dende o equipo de bibliotecas agradecer esta nova colaboración!!
Esperámosvos o vindeiro curso. Graciñas!!











LECTURA EN FAMILIA



O pasado 5 de xuño, coincidindo coas actividades sobre o medio ambiente, Silvia (nai de Luca), quixo contarnos o conto de "Brancaneves" no seu idioma, o rumano

Foi todo un luxo para a nosa biblioteca, poder escoitar un conto tradicional, noutro idioma.
Agradecerlle esta lectura tan especial, e para o vindeiro curso dixo que repetiría!! Xa nos tarda!!

Deixamos un vídeo coa lectura do conto, está subido tal e como se gravou, polo que hai ruídos de fondo, problemas do "directo". Esperemos que vos guste!!





sábado, 15 de xuño de 2019

TORNEO DE DATCHBALL

O Datchball é un deporte que está resultando, sen lugar a dúbidas, o fenónmeno que está a arrasar nos recreos deste curso. Tal foi a aceptación desta nova práctica, que decidimos facer unha liga na cal participaron un gran número de alumnos/as do centro.

Para que vexades como se xoga, se todavía non sabedes, deixamos un pequeno vídeo explicativo, cortesía do seu fundador: Roberto Navarro.



Catro equipos foron os que se disputaron en formato liga o campionato. Así tiñamos nomes tan peculiares para as diferentes formacións como:

JACINTOS PROS
LAGARTIJAS
MACAC@S
CROCODIL@S

No torneo houbo partidos interesantísimos, pero os Jacintos e Macac@s foron facéndose camiño para, a falta dunha xornada ser os segundos os que presisaban unha victoria para forzar o partido de desempate. Tras un emocionante partido, derrotaron as Lagartijas, clasificándose para o desempate (neste caso pódese chamar tamén final).

Tras os saúdos de cortesía comezou a final, onde ambos equipos dérono todo. Pero tiña que existir un equipo con máis puntos e, cun axustadísimo 3-1 eran os Jacintos Pros os que se facían co primeiro posto.

Iso si, no Datchball, así como en calquera deporte que se practica no San Ramón, gaña aquel/a que o pasa ben... polo tanto TOD@S VENCEDORES!!!



GABRIEL, LARA, ADRIÁN, LAURA, BEA E JOEL

JACINTOS PROS

CAMPIÓNS DO I TORNEO DE DATCHBALL DO CEIP SAN RAMÓN


PARABÉNS!

xoves, 13 de xuño de 2019

PEQUENOS COCIÑEIROS

Hoxe os pequenos da casa demostraron as súas artes culinarios elaborando una gran pizza. En primeiro lugar amasaron con moito mimo e , despois de levedar, puxéronlle os ingredientes para facer una gran merenda. O alumnado de 5º e 6º fixeron de maestros da cociña e, entre todos/as cociñaron que daba gusto. Todo o cole pode decir que...ESTABAN RIQUÍSIMAS!!!

FOTOS

EXCURSIÓN GRANXA O SOUTO

O pasado mércores tivemos a nosa excursión de fin de curso. Este eliximos como destino Mera, onde se atopa a Granxa-escola O Souto.
Na mesma tivemos a oportunidade de realizar diversas actividades moi interesantes, á par que motivadoras e lúdicas: un taller na aula de natureza, no cal aprendimos moito sobre esqueletos, ósos, cunchas...
Tamén fomos coñecer todos os animais que alí había, démoslles de comer, collémolos no colo...
Incluso plantamos unhas semillas, dando a coñecer que somos todos uns expert@s na materia!
E a actividades estrela foi, sen dúbida, montar nos cabalos...

PASÁMOLO PIPA E AÍNDA POR RIBA FELICITÁRONNOS POLO NOSO GRAN COMPORTAMENTO!!!

Clica aquí para ver as fotos

FINALISTAS 3ª ROLDA DE CHISTES


Estos son los finalistas da 3ª rolda de chistes"Chistes de galegos".

FINALISTA 1 : OIHANE EI

Un galego e un madrileño van de excursión ao monte, e nun intre que se sentaron a descansar, o madrileño queréndose rir do galego dille:
-Ves aquela formiga naquela árbore ao outro lado do val?
E o galego contéstalle:
- Ver non a vexo ben pero sintoa pisar.


FINALISTA 2: MARÍA 1º

Había un galego que sempre comía un iogur ata a metade.
-Por que?
-Porque na tapa dicía: consumir preferentemente antes de ver o fondo do envase!!

FINALISTA 3: TOMAS 5º

Están dúas irmáns galegas, unha fea e unha guapa nun baile. Entón acércase un mozo á moza guapa e dille:
- Bailas?
- Non.
- E iso?
- Iso é miña irmá e tampuco baila.

FINALISTA 4: ESTRELA 1º

Se un galego guiíñache un ollo...

PODEDES VOTAR ATA O DOMINGO!!!

-é un galleguiño?

martes, 11 de xuño de 2019

Contacontos


O pasado 4 de xuño recibimos na nosa biblioteca a Benjamín Miguez Novoa, que nos contou unha chea de contos. Pero... non uns contos calqueiras... os protagonistas estaban no cole e ninguén o sabía!!
Moitas grazas por facer sorrir ao noso alumnado e ser os protagosnistas das túas historias!!
Moitas apertas!!










INSTRUCCIÓNS USUARIOS COMEDOR CURSO 2019-2020

 Aquí tedes o enlace a toda a información para os usuarios de comedor.

Instrucción 2/2019, da secretaría xeral técnia da Consellería de educación, Universidade e formación Profesional, do 6 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2019-2020

Podedes descargar o modelo no enlace inferior ou tamén solicitalo no centro.

MODELO II AUTODECLARACIÓN COMEDOR

luns, 10 de xuño de 2019

NOVOS VÍDEOS NA CANLE DOS HISTÓRIC@S 3.0!!!

Boas,

Se entrades na canle dos Históric@s poderedes ver os seus últimos traballos. Nesta ocasión Luca, Aroa e Carlos fan un interesante repaso sobre a historia de Internet e o grupo formado por Bea, Joel e Asier sorprendéronnos cunha análise sobre animais en perigo de extinción.





INFORMACIÓN DE INTERESE PARA AS FAMILIAS

 Estimadas familias:
No enlace da parte inferior podedes ver a información sobre axudas qeu o banco farmacéutico de Galicia ofrece ás familias para financiacións de varias cousas.

BANCO FARMACÉUTICO DE GALICIA

domingo, 9 de xuño de 2019

LECTURA EN FAMILIA


O pasado xoves 6 de xuño, a nai de Estrela, acompañounos nunha nova lectura en familia na Biblioteca.
Escoitamos unha historia ben bonita, nesta ocasión, sobre OS ABRAZOS, tan necesarios e importantes coma os Bicos...
Moitas gracias pola colaboración, e como non...                                  MOITAS APERTAS!!





mércores, 5 de xuño de 2019

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celebramos o día do medio ambiente con varias actividades. Comezábamos o día con forza xa que o primeiro era subirse ao autobús para dirixirnos Ás Somozas e celebrar alí a primeira parte do día. Alí, entre contacontos, talleres de reciclaxe e moitos agasallos visitamos a feira que organizaba o seu concello.
De volta no cole, despois dun merecido recreo e previa merendola, fomos á biblioteca onde nos esperaban Pilar e Bea do concello para continuar coa festa. Un interesante vídeo sobre o gran papel que teñen os nenos e nenas no futuro medioambiental servía para romper o xeo. Acto seguido fixemos unhas lecturas como manifesto do día de hoxe e para rematar a tradicional entrega de plantas, cortesía do concello de Moeche.

Agradecemos a ambos concellos a celebración das mencionadas actividades...

Podedes ver unha galería de fotos clicando aquí

P.D. Hoxe na biblioteca tivemos outra lectura de familias diferente, a cal subiremos nos posteriores días no apartado de biblioteca!

GUÍA VERÁN LECTURA




A continuación, dende Equipo de Bibliotecas e Normalización Lingüística, deixamos unhas recomendacións para todas as idades para o verán!!
Esperemos que vos gusten e lembrade que ler é  importante, divertido e refrescante!!

se cliclades na imaxe, podedes vela máis grande!!



luns, 3 de xuño de 2019

LECTURAS EN FAMILIA


LECTURA EN FAMILIA

Hoxe, 3 de xuño, que bonita forma de comezar o mes que escoitando unha bonita historia. Nesta ocasión a nai de Dani acompañounos na biblioteca.


Dende o Equipo de Biblioteca Escolar estaremos sempre agradecidos pola colaboración. Xa son varios anos vindo a ler fermosas historias a todo o alumnado, axudando a levar a cabo esta actividade. Moitas  apertas!!


FINALISTAS 2ª ROLDA DE CHISTES

Xa temos os catro finalistas da 2ª roda de chistes.
Agora toca votar polo que máis vos guste. Pódese votar ata o venres día 7.



CHISTE DE DANIEL:
- Neno, sal do coche e mira se funciona ben o intermitente.
- Agora si, agora non, agora si, agora non...

CHISTE LUCA:
Un policía municipal detén a un borracho que cometeu unha infracción, e dille :
-A ver, deme o permiso de circulación.
- Circule,circule, ten o meu permiso.

CHISTE ASIER E JOEL:
 Cal é a marca do coche de Papá Noel?
Un renol (Renault)

CHISTE CARLOS BECEIRO
Dille o policía a un home:
- Ten vostede o carné de conducir caducado?
- Tranquilo axente, non pensaba comelo...