xoves, 30 de maio de 2019



30 de maio e na biblioteca disfrutamos dunha fermosa lectura EN FAMILIA.
Nesta ocasión a nai de Lola acompañounos e leunos un libro cunha historia moi sabrosa!!
Gracias pola colaboración!!





  O pasado 28 de maio tivemos unha nova LECTURA EN FAMILIA

  Nesta ocasión foi a nai de Candela quen nos acompañou e leunos un conto moi divertido.

 Agradecer, un ano máis a colaboración!!






mércores, 29 de maio de 2019

3ª ROLDA DE CHISTES

ATENCIÓN, HOXE COMEZA A 3º ROLDA
Nesta ocasión tedes que entregar chistes sobre galegos. 

Veña collede a nube de Chistín e a traer unha morea de chistes.

luns, 27 de maio de 2019

GAÑADORA DA 1º ROLDA DO CONCURSO DE CHISTES

Xa temos gañadora da 1º rolda da categoría de chistes de educación vial

JULIA VILABOY RODRIGUEZ

NORABOA!!!


Resultado de imagen para emoticones 

venres, 24 de maio de 2019

COMPARTINDO MOMENTOS

@s Históric@ 3.0  temos novo vídeo na nosa canle de Youtube, nesta ocasión non preparamos nada especial. Simplemente gravamos algo que xa é rutina: unha asemblea de luns. O noso Histórico Cristian acode a outro centro os xoves e venres, e os luns gústalle contarlles aos seus compañeiros de Moeche o que fixo en dito cole...

COMPARTINDO MOMENTOS!



POR UNHA ESCOLA INCLUSIVA!!!


martes, 21 de maio de 2019

OLIMPIADAS DE CEDEIRA

Este ano tivemos a gran sorte de que o colexio de Cedeira nos invitara ás súas xa tradicionais Olimpíadas.
Participamos coas nenas e nenos de 1º e 2º nunha fermosa xornada na que practicamos diferentes disciplinas do atletismo. Pasámolo pipa e aquí tedes fotos moi chulas!!!

GRAZAS ao Nicolás del Río e unha vez máis ao técnico de deportes do concello, Dani, por acompañarnos!!!

FOTOS

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º CURSO



INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

CALENDARIO APLICACIÓN PROBAS

DOGA ENLACE INFORMACIÓN

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR


Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO.
  • Fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º de primaria
  • axudas de libros de texto: 1º e 2º de primaria.
  • Alumnado de 5º e 6º EDIXGAL están excluídos de participación no fondo solidario de libros de texto.
  • Axudas de material escolar:  todo o alumnado matriculado en primaria. 
  • Impreso solicitude




CAMPAÑA RECOLLIDA ROUPA E CALZADO USADO

Comezamos coa campaña de primavera de recollida de roupa e calzado usado. Unha vez máis colaboramos coa fundación GLORR.
A data de recollida vai dende o día de hoxe ata o 7 de xuño.



luns, 20 de maio de 2019

TALLERES NA LUDOTECA ISA

Fai uns días publicamos que a nosa ludoceta énchese de experiencias que fan os alumnos do colexio.
Cada quen apréndelles aos demais a facer cousas. Por exemplo, Nuria ensinou aos compañeiros a tinguir folios con rotuladores e auga. E agora mesmo temos o taller de calceta, de letras en papel e comeza neste semana un novo onde Lara, Laura R, Alba e Mara ensinanrán a facer logos en cartulina.





Ainoa, Lidia, Erica e Emilly sempre están moi pendentes de todos os nenos e nenas na ludoteca, e moi preocupadas de que as cousas estean ordenadas. Fan un bo equipo e moi bo traballo. Gracias!!


ISA, na ludoteca do San Ramón!!

Fai xa tempo publicamos unhas imaxes onde se vía a votación para elexir á nova mascota do cole, concretamente da ludoteca.
Pois xa a temos feita realidade, gracias a Candela e á súa familia.
No vídeo que vai a continuación, podemos ver unhas imaxes adicadas á nosa excompañeira Isabel, quen iniciou a ludoteca, e que en honor a ela leva o seu nome!!


 
i


venres, 17 de maio de 2019

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O pasado luns fixemos unha excursión pola capital cos nenos/as de primaria. Na mesma, ademais de visitar a praza de Obradoiro, Praterías e as rúas do casco histórico puidemos realizar un roteiro guiado no Parlamento de Galicia (os máis maiores) e no Auditorio de Galicia (pequenos). A hora da comida foi na zona da alameda.

Pasámolo xenial e aquí quedan as FOTOS

LETRAS GALEGAS E MAIOS 2019



Un ano máis celebramos no centro o Día das Letras Galegas con toda a comunidade educativa. Despois dunha semana preparando os materiais, bailes e demais recibíamos ás familias para disfrutar de varias actividades. O tempo non acompañaba, pero as ganas sumaban moito máis, e de aí que pasáramos unha gran xornada.

Fixemos xogos populares, nosa cales temos que agradecer que nos acompañara o técnico de deportes (Daniel) que nos fixo disfrutar moito coas súas propostas. Tamén decoramos o patio cuberto do cole cunha gran alfombra floral e fixemos actividades sobre o autor homenaxeado deste ano na biblioteca, coñecendo un pouco máis así a Antonio Fraguas Fraguas.

Acto seguido paramos para repoñer forzas e poder mostrar os grandes bailes tradicionais que levábamos un tempo preparando. Por último, subíndonos a unha proposta de Save the children elaboramos unha gran pancarta e lemos un manifesto no cal facíamos un berro ben alto en contra das guerras, apostando por unha escola segura!

Finalizamos a xornada coa xa tradicional foto de familia coa nosa alfombra e recibindo unha clase sobre traxe tradicional por parte da mestra Ana.

PEQUENO VÍDEO RESUMO:



MANIFESTO "SAVE THE CHILDREN":




MUIÑEIRA:




CAMIÑO DE VISEU:




BAILE DOS PAUS:


ENTRELAZADO DE ALLARIZ:





GALERÍA DE IMAXES:


CLIC PARA VER FOTOS

mércores, 8 de maio de 2019

2ª MODALIDADE DE CHISTES



Chistín segue a pedir moitos máis chistes para estar de risas moito tempo máis. Nesta ocasión temos a categoría de EDUCACIÓN VIARIA, polo que podedes enviar chistes sobre tráfico, coches, circulación etc

Xa sabedes, a coller nubes no centro e pensar en novos chistes!!! Lembrade que tamén podedes introducilos como comentario neste mesmo post.

Serán aceptados chistes entregados ata o luns 13 de maio.

P.D. Os chistes da primeira categoría podedes seguir votándoos ata ese mesmo luns tamén.

martes, 7 de maio de 2019

MASTERCLASS BALONMÁN

Hoxe tivemos a oportunidade de ter nas clases de Educación Física a un gran deportista como é Abel González, ex xogador e adestrador de balonmán na élite española (ASOBAL). É un privilexio que unha persoa co seu curriculum deportivo puidese estar con nós e ensinarnos tantas cousas sobre balonmán.

Deixamos un pequeno vídeo a modo de resumo da actividade:


CHISTES FINALISTAS 1ª EDICIÓN





Estos son os catro chistes finalistas. Tedes ata o día 13 de maio para votar.


Estou lendo un libro novo que se chama "A honestidade e outros valores".
-Que bon, e onde o compraches?
-Roubeino na librería da esquina!!
Lola, 1º


- Onte lin "El señor de los anillos" en dúas horas.
- Só dúas horas?
- Si, sei que son cinco palabras pero non teño présa.
Julia, 4 anos

Un bibliotecario entregoulle a un cego un raiador do queixo. O home cego dixo:
-Ese e o libro máis agresivo que lin!!
Carolina, 1º

Chega unha rapaza á biblioteca e pregúntalle ao bibliotecario:
-Como vai a información da biblioteca e da hemeroteca?
-Xenial, aquí é todo dixital!
-Si, non me diga!
- Si, molla o dedo na lingua e vai pasando follas!!

Alex, 1º ed. primaria



venres, 3 de maio de 2019

ACTUALIDADE MODESTINA MES DE MAIO

Estabadelo esperando e aquí esta. O número do xornal dos "Históric@s 3.0" correspondente ao mes de maio...

Podedes, coma sempre, visitalo no corredor do centro ou aquí...


mércores, 1 de maio de 2019

CONTO MUSICADO

O grupo de 5º e 6º, coa axuda da profe Almudena, realizou o pasado luns un conto musicado sobre a obra "Os tres osos". Fixérono xenial e aquí vos deixamos o vídeo: