xoves, 31 de xaneiro de 2019

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ NO CENTRO

O pasado 30 de xaneiro celebrábase o Día da Paz escolar, polo que tivemos unha serie de actividades no cole. Xa comezamos o día anterior cunha representación teatral do conto "Linda, á espreita". Esta non foi unha representación calquera xa que foi un grupo de alumnas/os os que se encargaron de todo: desde a escritura e adaptación do guión ata a selección de personaxes e ensaios da obra. O resultado foi espectacular e xa están argallando a seguinte produción!!!

FOTOS "LINDA, Á ESPREITA"

Clic para ver vídeo


O día 30 continuamos con actividades realizadas na biblioteca do centro, que segue a tope cos seus proxectos de Bibliotecas solidarias e Bibliotecas inclusivas. En primeiro lugar, cada grupo traballou cos seus mestres a paz a través de cancións en galego que os alumnos/as recitaron e logo cantaron. Nestes vídeos tedes proba diso:

- Infantil sorprendeunos coa Danza da Paz de Mamá Cabra:



- Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron recitado e canción de "Amiguiños todos", de Neira Vilas.
 

- O grupo de 3º e 4º fixeron "Campás pola Paz", do grupo Migallas:



- Os nenos e neas de 5º e 6º optaron por TOC, TOC, de Pablo Díaz. Tamén elaboraron a súa propia poesía da paz e leron un conto sobre a temática realizado polo seu compañeiro Tomás:









- Por último, todo o cole cantamos "Imagine", na versión de Elthon John, axudados por Mr Ivan:



Ao final das actuacións, pasamos ao patio cuberto para acabar de realizar o noso particular MURO DA PAZ, comezado na aula de Plástica. Cada neno/a tiña que poñer dous ladrillos para construílo, ademais de colaborar "ofrecendo" as súas dúas mans. Deste xeito, unidos entre tod@s, construímos a PAZ:

FOTOS MURO

E isto non acaba aquí...

Quédanos pendente por realizar a andaina solidaria mediante a cal, en colaboración co concello, intentaremos facer unha recadación da alimentos para doar á cociña económica de Ferrol.

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITOS



Dende o centro queremos informarlles que o prazo para facer a reserva de centros adscritos estará aberto do 1 ao 15 de febrero. Todos aqueles alumnos/as de 6º de primaria, que neste caso queran facer a reserva para do CPI de San Sadurniño(centro ao que estamos adscritos), deberán cubrir o impreso na páxina web www.edu.xunta.es/admisionalumnado e entregalo na dirección deste centro debidamente cumprimentado. Tamén se pode cubrir e entrégalo a través da sede electrónica da Xunta(Modelo ED550A- C) se se dispón de certificado dixital. De igual xeito, tamén podedes descargalo aquí neste enlace.

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITOS

Como xa sabedes, o noso centro está adscrito ao CPI San Sadurniño. O prazo de reserva de praza para o vindeiro curso(alumnos que promocionan a 1º ESO) estará aberto dende o 1 ata o 15 de febreiro do presente curso.
Aquí tedes o enlace para poder descargar o modelo
RESERVA DE PRAZA

martes, 29 de xaneiro de 2019

ANDAINA APRAZADA

Ante as condicións meteorolóxicas adversas, vémonos na obriga de aprazar a nosa andaina solidaria. Non se suspende, senón que imos facela outro día.
Estade atent@s xa que nos vindeiros días informaremos da nova data.

venres, 25 de xaneiro de 2019

ESTAMOS DE NORABOA

Nos pasados días recibimos un par de boas novas, xa que foron aprobados os nosos proxectos para entrar nos "Contratos programa" e no programa de "Bibliotecas inclusivas" para o presente curso, convocados pola Xunta de Galicia.

Por unha banda, en referencia ao primeiro dos mesmos, boas prácticas, innovación e formación do profesorado serán a clave para levalo a cabo.

Podedes consultar máis información aquí

Con respecto á nosa biblioteca, seguimos sumando ano tras ano. Neste curso fomos aceptados tamén no programa de bibliotecas inclusivas. Pretendemos que a biblioteca de Modestina sexa unha forte ferramenta para atender á diversidade, potenciando as posibilidades da mesma como ferramenta de inclusión.

Máis información aquí

Seguimos medrando pouco a pouco para a educación integral das nenas e nenos de Moeche...

ANDAINA SOLIDARIA

Resultado de imagen de caminata niños

Como xa levamos facendo uns anos, no Día da Paz, ademais de celebrar varias actividades no cole co alumnado, sairemos a realizar unha andaina un tanto especial.
Á vez que practicamos algo de deporte, imos colaborar coa Cociña Económica de Ferrol, xa que para participar na andaina hai que aportar un kg de alimentos non perecedoiros que donaremos, grazas ao Concello de Moeche, a dita entidade.
É unha actividade aberta á participación de todo aquel/a que desexe colaborar. Só hai que presentarse na porta do CEIP San Ramón, ás 12:15 horas do mércores 30 de xaneiro, coa aportación que queiramos facer. Recorreremos un pequeno trazado ata a casa consistorial, onde faremos acto de entrega.

ANIMÁDEVOS!!!


luns, 21 de xaneiro de 2019

NOVO VÍDEO NA NOSA CANLE: "A CRIBA DE ERATÓSTENES"

Históric@s 3.0 presenta un novo vídeo. Nesta ocasión queren explicarvos como detectar os números primos seguindo esta técnica. Non queremos contárvolo, queremos que o vexades!!!


venres, 18 de xaneiro de 2019

CAMPO A TRAVÉS

Outro ano máis, a través da plataforma XOGADE, participamos na carreira de campo a través. Este ano celebrábase en Mañón e aló fomos!

Practicamos deporte e pasámolo xenial, así que, obxectivo cumprido!!!

Moitas grazas a Dani, do concello, por acompañarnos unha vez máis...

FOTOS

venres, 11 de xaneiro de 2019

SORPRESIÑA

O martes voltamos de novo ás aulas, pero cal foi a nosa sorpresa que... OS REIS MAGOS DEIXARAN REGALOS BAIXO A NOSA ÁRBORE DE NADAL!!!

Moi emocionad@s fomos a abrilos e alí atopamos novos xogos para aprender nas aulas e chuches!!!

Pero claro, con estes nenos/as tan "bueniños"...








martes, 8 de xaneiro de 2019

RIFAS DE NADAL

Informamos de que coas rifas de nadal se recaudaron(libre de gastos) un total de 467 euros que serán destinados á excursión de final de curso de todo o colexio.  GRACIAS A TODOS E TODAS!!!
Esperamos que tamén disfrutaran do festival.