venres, 30 de novembro de 2018

KICK BOXING NA ESCOLA

Esta semana tivemos a oportunidade de disfrutar dunha visita especial na hora de Educación Física, xa que o clube de Kick Boxing de San Sadurniño pasou con nós un anaco para ensinarnos moito sobre este deporte. Pasámolo moi ben!!!

Mirade este vídeo resumo...


CHARLA COA FARMACÉUTICA

A nosa biblioteca, dentro do programa "Bibliotecas solidarias", en conxunto co COLEF e o concello local, fixo posible que os nosos peques tiveran unha agradable sesión coa farmacéutica modestina Begoña. Na mesma aprendemos moitas cousas sobre hábitos de vida saudables, como comer san, a importancia dunha boa hixiene, exercicio físico, descando adecuado...

MOITAS GRAZAS BEGOÑA!!!

Fotos:

FOTOS CHARLA

25-N, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Outro ano máis toca traballar co alumnado sobre este tema, educar aos nenos e nenas de Moeche para acabar con esta lacra. Para iso, ademais de traballar nas aulas cos mestres/as, o programa de Bibliotecas solidarias acolleu de boa gana a proposta do concello de participar no concurso de lemas sobre a temática. Son moito anos xa e todas e todos fixérono xenial , pero, coma sempre, hai algún que destaca sobre os demais. Este curso, o cadro de honra do concurso quedou:

1.- BEA, de 5º de primaria.
2.- CRISTIAN PAZOS, de 4º de primaria.
3.- CRISTIAN FRAGUELA, de 6º de primaria.


NORABOA A TOD@S @S PARTICIPANTES!!!

Velaquí tedes unha galería de fotos:

FOTOS


martes, 20 de novembro de 2018

20-N

Para conmemorar o Día dos Dereitos da Infancia levamos a cabo unha serie de actividades relacionadas co tema. Para comezar, en colaboración co Concello de Moeche e UNICEF, iniciamos unha actividade para tratar de traballar o tema dos diferentes tipos de violencia que se poden dar en situacións cotiás da vida dos nenos/as.

En primeiro lugar un malvado virus chamado "Catro Patas" chegou ao noso cole cunha serie de comportamentos inadecuados, polo que non podíamos permitir que se quedase para sempre en terras modestinas. Rapidamente, deseñamos unha serie de compoñentes para unha vacina que permitise vivir en paz. Por tanto, para solventar as pelexas creamos abrazos. Xogar todos/as xuntos/as para evitar o illamento ou xogos no canto de enfados.

Con eses compoñentes era visto que que a vacina "pazmodestina" ía acabar con Catro Patas, creando un novo espazo de Paz, Solidaridade e Compañeirismo.

Asemade, en colaboración do ENDL e dentro do Plan de Bibliotecas Solidarias tamén contamos un conto que nos fixo entender cal é a orixe dos diferentes ataques de "bullying". A través de Susana e Ana comprendimos o valor da empatía nestes casos, ademais da necesidade de axuda.

Un corto de Pixar titulado "Lou" e unhas preguntas sobre os temas tratados elaboradas polo alumnado foron outras das actividades.

O prato forte foi a posta en común de todo o traballo e a vacinación do alumnado do San Ramón, xunto coa lectura do manifesto dentro do Pleno Infantil ao que fomos convidados polo Concello de Moeche foron a guinda do pastel para rematar este traballo, que esperemos creara unha aprendizaxe positiva na rapazada de Moeche.

NA SEGUINTE GALERÍA PODEDES VER TODO O PROCESO DOCUMENTO CON FOTOGRAFÍAS:

FOTOS

venres, 16 de novembro de 2018

CONTACONTOS CRISTIAN E ASIER

Seguimos con contacontos, nesta ocasión foron dous dos nosos Históricos 3.0, Cristian e Asier, que quixeron sorprender aos compis de infantil cunha lectura conxunta do "Libro parlanchín del mono". Deixamos enlace á canle dos Históric@s!


ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

A biblioteca de Modestina está que non para. Durante estes días houbo moito movemento e proba diso son o contacontos de "A casa encantada" que realizaron o grupo de 3º e 4º. Fixérono coa xa famosa técnica no noso centro do Kamishibai, elaborando eles todo o material. Aquí deixamos algunhas fotiños...




martes, 13 de novembro de 2018


Montaxe dos Escornabots polo profesorado do centro (Bibliotecas Creativas)ESCORNABOT BRIVOI
A Biblio Solidaria segue moi activa este curso, e para a súa presentación a todo o alumnado do colexio, os voluntarios de 5º e 6º de educación primaria, foron polas aulas a contarnos o conto:

"OS  BOLECHAS: APRENDEN A SER PERSOAS VOLUNTARIAS"

Deixamos un pequeno vídeo onde podedes escoitar un pouco o contido do libro e algunhas explicacións sobre as tarefas que levan a cabo os voluntarios. Esperemos que vos guste!!

venres, 9 de novembro de 2018

CHARLA SOBRE SEGURIDADE EN INTERNET

O grupo de 5º e 6º tivo este luns a oportunidade de aprender un pouco sobre seguridade en Internet da man dun enxeñeiro informático, Alberto Botana, compartiu uns minutos coa rapazada para explicar cousas importantes sobre unha navegación segura, utilización de contas, contrasinais etc


CHISTES DE HIPÉRBOLES (by Históric@s 3.0)

Na clase de Lengua Castellana dos Históricos 3.0 tocaba tratar o tema da hipérbole, unha boa maneira de traballala é cunha tipoloxía de chistes moi coñecida por todos/as. E, por suposto, os Históricos 3.0 non quixeron perder a ocasión de botar unhas boas risas. Eles/as queren compartir con tod@s vós as súas experiencias na súa canle Youtube. Dentro vídeo!!!