mércores, 31 de outubro de 2018

FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO

Outro ano máis celebramos coa comunidade educativa a festa conxunta de Samaín e Magosto. O día comezaba con todo o cole agrupado na aula de infantil para visionar a película "Coco" coa cal emocionámonos e coñecimos moitas cousas sobre a orixe da noite dos mortos noutras culturas.
Acto seguido, como a fame xa apretaba, convidamos a entrar a todas as nosas familias e comemos unha boa merenda de castañas e leite.
O prato forte do día chegaba coa tradicional decoración de cabazas en familia. O traballo, coma sempre foi espectacular. Pero, algún premio había que dar, e as cabazas que máis chamaron a atención do esixente xurado foron:

- PREMIO DIVERTIDA: Laura Rodríguez 3º
- PREMIO ORIXINAL: Alberto 3º
- PREMIO TERRORÍFICA: Javi 2º
- PREMIO ENXEBRE: Bea 5º

Aproveitamos a ocasión para entregar tamén os premios do concurso de decoración de catrinas promovido pola biblioteca do centro, sendo premiadas as catrinas de Óscar, Carlos Beceiro e, de novo, Javier.

Pasamos unha mañá moi entretida e por iso queremos dar as grazas ás familias por colaborar, unha vez máis, con nós para pasar un día xenial.

NO ENLACE DE ABAIXO PODEDES VER UNHA GALERÍA FOTOGRÁFICA:

FOTOS DA FESTA

luns, 29 de outubro de 2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ACTA PROCLAMACIÓN CANDIDATOS CONSELLO ESCOLAR PAX.1

PROCLAMACIÓN CANDIDATOS PAX. 2





Nestes enlaces podedes consultar:
CENSO( de existir algún erro, podedes notificalo no centro)
AVISO SORTEO MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

CENSO
ACTA SORTEO XUNTA ELECTORAL

CONVOCATORIA PAIS NAIS 

MODELO CANDIDATURA PAIS NAIS (Este modelo tamén se pode solicitar na Secretaría do centro)


RELACIÓN CANDIDATURA

CIRCULAR INFORMATIVA VOTACIÓN

AS VOTACIÓNS TERÁN LUGAR O DÍA 27 DE NOVEMBRO MARTES, DE 9:30 HORAS AS 15:00 HORAS.

domingo, 28 de outubro de 2018

ACTIVIDADES DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas con diferentes actividades:
- Os máis pequenos da casa tiveron a oportunidade de viaxar a Narón para disfrutar dunha obra de teatro: "A galiña azul".
- Por outra banda, os de 1º e 2º, quedaron na biblioteca de Modestina para realizar actividades sobre o libro "A casa dos soños".
- E os máis maiores foron convidados á biblioteca do concello para disfrutar de "A ciencia de Harry Potter"

FOTOS

venres, 26 de outubro de 2018

PRESENTACIÓN CANLE YOUTUBE

O grupo de 5º e 6º, máis coñecidos como "Históric@s 3.0" estrean hoxe a súa canle Youtube. Na mesma subirán vídeos sempre relacionado co contido educativo que están a traballar e co obxectivo de axudar a todas aquelas persoas que queiran aprender con eles/as. Este é o seu vídeo de presentación, subscríbete á canle para ver en primicia todas as súas publicacións.



P.D. Xa estamos cociñando o segundo vídeo, vai sobre mates divertidas...

mércores, 24 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS!!




Durante estes días faremos variadas actividades. Subiremos fotos, videos...




INICIA UN NOVO CURSO


CURSO 2018-2019
Ola a tod@s!!
Un novo curso,  novas experiencias na Biblioteca!!

Como anos anteriores na biblio poderás atopar un motón de libros interesantes, algúns xa novos, pois xa chegaron novidades; e tamén novos espazos que poderedes ir descubrindo ao longo do curso.

Un deles xa está iniciado: As noticias!!  Achégate e Refréscate!!  Neste espazo podes coller un xornal e ler algunha noticia que che interese.

Tamén está iniciado e a punto de rematar o concurso de Catrinas de Samaín así como as frases que dan medo, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística!!

Pasa pola Biblio... e Sorpréndete!!


domingo, 21 de outubro de 2018

CONCURSO SAMAÍN

O Samaín está a chegar e a biblioteca xa anda a traballar...

E é que a nosa Modestina non para, nesta ocasión pensou nunha nova actividade consistente en decorar cada neno/a a súa propia Catrina. A nosa tartaruga deixou enriba dunha mesa o aviso de que podían comezar a decorar e os peques xa están a dalo todo!!!

Xa sabedes, a poñela bonita (ou tenebrosa...)

Algunhas fotos:





xoves, 11 de outubro de 2018

CURSO DE INTERESE PARA TODOS OS PAIS/NAIS

Título da actividade: Atención a urxencias sanitarias para familias

Obxectivos:
1-Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería
2.Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa

Contidos:
1.Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.
2.Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo

Prazas 30
Profesorado: persoal do 061
Horas da actividade: 9 horas

Destinatarios: Nais e pais de alumnados do centro.

As persoas interesadas en realizar a actividade formativa, deberán poñerse en contacto co CFR de Ferrol e dar os seus datos ao teléfono:

981370541

mércores, 3 de outubro de 2018

ROUPA ESQUECIDA NO CENTRO

Como xa temos unha boa cantidade de prendas de roupa esquecidas, poñemos aquí as imaxes para que poidades comprobar se vos falta algo e pasar a recollelo.