O pasado mércores tivemos unha xornada moi especial no cole. Celebramos o Día das Nosas Letras e tamén os maios. Para dita xornada preparamos todo con moito mimo, xa que días antes as familias colaboraron traendo moitas flores para decorar todo, os peques tinguiron todo o serrín de diversas cores, preparando unhas estupendas danzas e traballaron moito sobre a autora homenaxeada este ano: María Victoria Moreno.
A xornada festivatranscorreu con moita ledicia e actividades cheas de cor e diversión, comezando por unha división en grupos para facer catro actividades: xogos populares, obradoiro de poesía na biblioteca, alfombra floral e construción dun maio.
FOTOS DAS ACTIVIDADES
Despois de ditas tarefas, a fame comezaba a asomar, así que paramos para tomar un pouco de larpeirada e continuar con forzas para as danzas tradicionais, as cales podedes visualizar ou descargar no seguinte enlace:
DANZAS
- Os peques da casa fixeron "Camiño de Viseu".
- Os medianos "A danza de paus"
- Os maiores "Danza de arcos de Cariño", "Entrelazado de Allariz"
- Profes e alumnado "Global Muiñeira"
Quremos agradecer a toda a comunidade educativa pola súa colaboración: alumnos/as, mestras, familais, concello e grupo "No Cómbaro" que nos acompañou amenizando a festa...
GRAZAS E ATA A PRÓXIMA!!!
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.