martes, 24 de xaneiro de 2017

ANDAINA SOLIDARIA

 Resultado de imagen de dia de la paz

Por segundo ano, no Día da Paz, realizaremos unha andaina solidaria para conseguir alimentos para os máis necesitados. Consistirá nun pequeno roteiro desde o centro ata o concello. Para poder participar soamente tes que aportar un Kg de alimentos non perecedoiros que levaremos ao concello, quen se encargará de facelo chegar a familias que o precisen.
Pode participar todo aquel/a que o desexe, debendo presentarse na porta do colexio o vindeiro luns 30 ás 11:30 co seu kg.

ANIMÁDEVOS A CAMIÑAR POR UNHA BOA CAUSA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.